Teatro

Etiquetas:
17/05/2019

A Tropa de Trapo continúa o vindeiro domingo en Alfoz a xira do espectáculo ‘Catro monos’, que está a levar os contos con valores a diversos concellos socios do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. A actuación desenvolverase o 19 de maio ás 18.30 horas no salón de actos do Centro Sociocultural, nas proximidades do Día de África, que se celebra o 25. A compañía mestura narración oral, música ao vivo e teatro de obxectos para facer reflexionar ao público sobre como nos relacionamos entre nós e co medio.

‘Catro monos’ é un espectáculo para pensar, para rir, para cantar e para soñar con outro mundo posible. A proposta dálle a volta aos emoticonos dos monos que non escoitan, non ven e non falan para que fagan todo o contrario en catro historias, que nos levan a convivir coas mulleres dunha aldea, con habitantes do Sáhara, etc. Todo...

leer más
07/05/2019

O grupo de teatro Axouxeres actuará en Barreiros o domingo, 12 de maio.

Axouxeres porá en escena Un divorcio no pobo, trátase dunha obra cómico-costumbrista apta para todos os públicos.

A función terá lugar no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro, en San Cosme, ás 18:30 horas.

A representación está organizada polo Concello de Barreiros, a través da súa Delegación de Cultura e a Oficina de Información Xuvenil.

 

Etiquetas:
01/05/2019

O Teatro Pastor Díaz de Viveiro acollerá este sábado, 4 de maio, ás 20:30 horas, a representación da obra Castrapo a cargo de Os Naufragos Teatro.

Conta a historia de Daniel, un escritor galego emigrado a Madrid que volve á terra logo da morte do seu pai con quen non mantiña unha relación fluída. No camiño encóntrase con Rosa, que colle o mesmo tren con destino A Coruña. Nesta viaxe a Galicia, Daniel atópase co seu pasado e coa necesidade da procura das súas raíces.

O elenco está formado por Denís Gómez, Victoria Teijeiro e Gustavo del Río.

Tamén no Teatro Pastor Díaz o domingo, 5 de maio, ás 19:30 horas, Andanzas Viveiro porá en escena Sainetes e poesía escénica.

O teatro e a poesía van da man nesta ocasión, poñendo en escena tres sainetes cómicos e un recital...

leer más
Etiquetas:
25/04/2019

A Concellería de Cultura presenta a Félix Rodríguez e a Fran Rei en Saaabor!, unha proposta cómica para todos os públicos, de creación propia e dirixida por Avelino González. Será este sábado, 27 de abril, ás seis da tarde na Casa da Cultura. 

Saaabor! é un espectáculo cómico que mestura música, maxia e humor, moito ritmo e participación do público, co mundo da gastronomía de fondo. Félix e Fran, os protagonistas, convértense durante unha hora en dous recoñecidos chefs que ofrecen un gorentoso, equilibrado e, sobre todo, afinado menú do día: unha comida moi musical para toda a familia.

O food truck de Saaabor! chega á vila, un carro de xantar do que xorden infinidade de xogos cómicos, xogos máxicos e unha chea de obxectos de cociña cos que facer música. Unha hora de humor nun espectáculo gastronómico onde teñen...

leer más
12/04/2019

A Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense presentou na Casa Museo de Álvaro Cunqueiro, en  Mondoñedo, as audioguías ficcionadas da Mariña en catro idiomas: galego, castelán, inglés e francés e o material que se elaborou para a promoción deste produto conxunto. Este proxecto levado a cabo pola Mancomunidade e o Grupo Chévere (Premio Nacional de Teatro 2014) conta co apoio da Deputación de Lugo e da Xunta de Galicia para a promoción turística do xeodestino.

No acto participaron o presidente da Mancomunidade de Municipios da Mariña, Alfredo Llano; a alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia; a concelleira de Turismo de Ribadeo, Ana Martínez; o tenente de alcalde de Viveiro, Jesús Fernández; o responsable da Área de Turismo na Deputación de Lugo, Eduardo Vidal; o delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro; e a xerente de...

leer más
Etiquetas:
10/04/2019
O grupo de teatro O Torques, de Burela, prepara unha nova representación titulada Cena de familia, que se estreará a finais de xuño ou principios de xullo. O grupo está formado por 13 actores e outras cinco persoas que se encargan dos decorados, vestiarios, son, iluminación e demais aspectos técnicos da montaxe.
 
O director do grupo de teatro O Torques, Juan Vilariño, explicou que “é unha obra actual. Vai sobre unha cea de familia e é unha obra nosa feita nun taller que realizamos de improvisación, eu puxen as ideas pero os textos estaos facendo a xente. Son trece actores, hai máis xente, pero actores son trece e estrearemos a finais de xuño ou principios de xullo. Logo contamos con outras tres ou cinco persoas que nos axudan na montaxe das representacións”.
 
... leer más
Etiquetas:
02/04/2019

O Concello de Burela inclúe varias representacións teatrais e unha proxección de cine infantil na súa programación cultural para este mes de abril.

O venres, día 5, a compañía Volta e Dalle presentará Falar por falar. Será a partir das 21:00 horas e o prezo da entrada será de 4 euros.

O 12 de abril a compañía MalaSombra Producións porá en escena a obra O caso é ter saúde. A representación dará comezo ás 21:00 horas e o prezo da entrada será de 4 euros.

O 21 deste mes continuará o ciclo Burela de Cine cunha película infantil a partires das 18:30 horas.

E o 27 de abril rematará a programación cultural deste mes coa obra teatral Saaabor que presentará a compañía Cultura Activa. Será ás 18:00 horas e o prezo da entrada será de 2´50 euros.

O...

leer más
Etiquetas:
28/03/2019

A Concellaría de Igualdade trae a Ribadeo o espectáculo Anatomía dunha serea da compañía teatral Chévere, que versa sobre a violencia obstétrica.  Será este domingo, 31 de marzo, ás 20.00 horas no Auditorio Municipal Hernán Naval. 

Anatomía dunha serea é un proxecto de teatro documental e autobiográfico que fala das condicións nas que se dá a vida na sociedade actual, de como concibimos a maternidade nun mundo dominado pola lóxica do beneficio económico, de como asumimos a violencia contra as mulleres dentro dun hospital ou dunha sala de partos. Fala de violencia de xénero en lugares insospeitados, da falta de respecto pola intimidade nas contornas sanitarias e de certos tabús que persisten na sociedade hoxe e aquí.

Segundo a Organización Mundial da Saúde “en todo o mundo, moitas mulleres sofren un trato...

leer más
Etiquetas:
27/03/2019

O grupo de teatro Andanzas de Viveiro actuará este sábado, 30 de marzo, en San Ciprián. A representación terá lugar na Casa da Cultura, a partires das 20:00 horas.

Andanzas porá en escena El caso de la mujer asesinadita, obra de Miguel Mihura e Álvaro de Laiglesia, que narra a historia de Mercedes, quen un día ten un soño no que un matrimonio irrompe na súa casa, acompañado dun indio sioux. No diálogo que se establece, o matrimonio recoñece ter asasinado a anterior esposa do home. Ao espertar, Mercedes dáse conta que o home casado do soño non é outro que o seu propio marido.

Esta actividade está organizada polo Concello de Cervo.

Etiquetas:
25/03/2019

O Concello de Barreiros organiza unha función especial para conmemorar o Día Mundial do Teatro. Será o vindeiro domingo, 31 de marzo, e correrá a cargo do grupo Ardora, que porá en escena a obra O silenzo do badal. Terá lugar no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro, de San Cosme de Barreiros, ás 18:00 horas.

O evento está organizado pola Delegación de Cultura do Concello de Barreiros, a través da Oficina de Información Xuvenil.