Teatro
O xurado da segunda edición do certame de teatro Concello de Lourenzá deu a coñecer a relación dos nominados que optan aos premios, que serán entregados na gala que se celebrará o 9 de decembro, domingo.
Os nominados son os seguintes:
* Premio Conde Santo á mellor representación:
Avelaíña Teatro, de Pontevedra
Fauna 113, de Vigo
Rebuldeira Teatro, de Sarria
* Premio Lourenzo ao mellor actor:
Fernando Díaz, de Rebuldeira Teatro
Xulio Leal, de Avelaíña Teatro
Pablo Rodríguez, de Fauna 113
* Premio Ana á mellor actriz:
Iris Darriba, de Fauna 113
Elvira Pallares, de Rebuldeira Teatro
Amparo Urtaza, de Avelaíña Teatro
* Premio ao mellor actor de...
leer másCoas representación desta fin de semana remata a fase de concurso da segunda edición do Certame de teatro Concello de Lourenzá. A gala de entrega de premios será o 9 de decembro nunha carpa climatizada situada no Campo dos Bolos.
O concelleiro de Cultura, Manuel Arango, explica que “o sábado 24 ás 20:00 horas o grupo Andanzas, de Viveiro, porá en escena El caso de la mujer asesinadita, de Miguel Mihura; e o domingo 25, ás 18:00 horas será o grupo Fauna 113, de Vigo, o que representará a última obra a concurso: Deus, unha comedia, adaptación dun texto de Woody Allen. As dúas representacións serán no salón de actos do Concello e o prezo da entrada é de 3 euros”.
Manuel Arango tamén anuncia que “a gala de entrega de premios será o domingo 9 de decembro ás 19:00 horas na carpa climatizada situada no Campo dos Bolos....
leer másA programación cultural de Foz inclúe para este fin de semana dúas representacións teatrais e un concerto.
Mañá, venres, ás 21:00 horas no centro social de Santa Cilla o grupo de teatro O Centiño representará a obra Zume de amorodios.
O sábado 24 ás 20:00 horas na Sala Bahía haberá un concerto da Banda de Música de Foz. E o mesmo día á mesma hora na Antiga Báscula de Marzán o grupo teatral Pico do Castro representará a obra Matías está tolo.
Este sábado, 17 de novembro, no auditorio da Casa da Cultura de San Ciprián actuará o Grupo de Teatro Afeccionado Monfortino que porá en escena a obra Os intereses creados.
A representación dará comezo ás 19:30 horas e inclúese no programa Buxiganga da Deputación de Lugo. Colabora o Concello de Cervo.
Os grupos Faro Miño, de Chantada, e Os Palimoquiños, de Lugo, actuarán este fin de semana na segunda edición do certame de teatro Concello de Lourenzá.
O edil de Cultura, Manuel Arango, anunciou hoxe que “esta fin de semana segue o segundo Certame de Teatro de Lourenzá con dúas novas representacións. O sábado 17 o grupo Faro Miño, de Chantada, escenificará a obra Langreira de amor e o domingo 18 tócalle a Os Palimoquiños, de Lugo, coa obra Borralliña. As dúas serán ás 20:00 horas no salón de actos do Concello”.
El Teatro Pastor Díaz de Viveiro acoge este sábado, 17 de noviembre, a las 20:30 horas la representación de La Estampida que llega a la ciudad del Landro con Lo nunca visto.
Cuenta la historia de una decrépita profesora de danza y teatro para niñas que, a un mes del cierre por impago de su estudio, decide que es el momento del “ahora o nunca” y realizar un espectáculo que revolucione el arte contemporáneo, “lo nunca visto”. Sin talento, sin dinero y ya sin alumnas en sus clases, se lanza a reclutar a artistas comprometidas para su causa. Sólo acudirán a su llamada dos de sus ex alumnas: una yonki gallega y un ama de casa recién fugada.
Bajo la dirección de José Troncoso, el elenco artístico está formado por Alicia Rodríguez, Belén Ponce de León y Ana Turpin.
Este domingo, 11 de novembro, o grupo Torta de Millo de Guitiriz porá en escena a obra Innoveitin…ou algo. A representación terá lugar no salón de actos do Centro Cívico de Xove, ás 19:00 horas.
Trátase dunha comedia para todos os públicos, na que conta a historia dun grupo de xubilados e xubiladas que son convocados, case que obrigatoriamente, a asistir a unhas estrañas xornadas nas que deberán aprender a xestionar os seus anos de retiro. Teñen que adaptarse ao avellentamento activo, teñen que seguir traballando, nada do que fixeron ata o de agora é suficiente, pero tampouco están dispostos a entregarse facilmente. O seu plan é facerlles a vida imposible aos artífices de tan peregrina idea.
O grupo Torta de Millo naceu no ano 2013, no seo da Xunta Local da Asociación Española Contra o Cancro en Guitiriz, sendo un...
leer másEste fin de semana, sábado e domingo ás 20:00 horas, haberá outras dúas representacións do certame de teatro organizado polo Concello de Lourenzá.
O edil de Cultura, Manuel Arango, comentou que “despois da gran acollida que tiveron as dúas primeiras representacións, a cargo de Bule Bule e Ollomao, nas que se esgotaron as entradas, continúa este fin de semana o II Certame de Teatro Concello de Lourenzá. O sábado ás 20 horas o grupo Rebuldeira, de Sarria, porá en escena a obra Delicadas; e o domingo á mesma hora a compañía Avelaíña, de Pontevedra, representará a obra María Castaña”.
As dúas actuacións serán no salón de actos do Concello e o prezo das entradas é de 3 euros.
O Teatro Pastor Díaz de Viveiro acolle este sábado, 10 de novembro, ás 18:00 horas a representación da obra/espectáculo Aguratrat a cargo de Cía. Pérez&Fernández.
Trátase dunha adaptación teatral do libro Esio Trot de Roald Dalhl, un dos autores máis lidos da literatura infantil universal. Conta unha historia de amor e aventuras protagonizada por dúas persoas maiores, o señor Hoppy e a señora Silver. A terceira protagonista da historia é unha tartaruga, personaxe clave que dá título á peza.
Aguratrat é a segunda montaxe para público familiar da Cía. Pérez&Fernández, creadores de O poder de Amable.
O elenco artístico está composto por Manu Fernández, Victoria Pérez e Xosé Leis, estes dous últimos dirixen ademais o espectáculo.
O grupo de teatro A Rabela actuará o vindeiro domingo, 11 de novembro, en Barreiros. Alí representará As consultas do doutor Baldomero Bautista, unha obra cómica cargada de enredos e improvisacións.
A representación, incluída no proxecto teatral Buxiganga da Deputación de Lugo, terá lugar no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro a partir das 18:00 horas.
Colabora, na organización deste evento, o Concello de Barreiros a través da Oficina de Información Xuvenil e da Concellería de Cultura.