Teatro

07/02/2019

O Teatro Pastor Díaz, de Viveiro, acolle a representación de Redrum Teatro que porá en escena a obra "A canción do elefante". Será este sábado, 9 de febreiro, ás 20:30 horas.

Trátase dun thriller psicolóxico que conta a historia dun psiquiatra que desaparece da súa consulta. A última persoa que o ve é Miguel, un paciente obsesionado cos elefantes. A pesar das advertencias da enfermeira xefe, o doutor Villaverde está decidido a atopar unha verdade que tan só Miguel parece coñecer.

O reparto artístico está composto por Guillermo Carbajo, Machi Salgado e Patricia Vázquez, baixo a dirección de Alex Sampayo.

 

Etiquetas:
31/01/2019

A Delegación de Cultura do Concello de Foz programa unha representación de teatro infantil para este sábado, 2 de febreiro. Será ás 18:30 horas na Sala Bahía.

A compañía Elefante Elegante representará Patapatúm, que é un novo espectáculo na liña do seu traballo xestual e cun forte compoñente plástico e musical. Propón unha reflexión sobre a presenza de bens materiais nas relacións entre pais e fillos.

O prezo da entrada é de 2,5 euros, pero os menores de 12 anos terán que pagar só 1,5 euros.

 

Etiquetas:
29/01/2019

O grupo Chévere presenta a obra Eroski Paraíso este domingo, 3 de febreiro, no Auditorio Municipal Hernán Naval de Ribadeo ás 20:00 horas. O prezo da entrada é 5 euros para o público xeral, e 3€ para estudantes, e persoas desempregadas ou xubiladas.

Trátase da primeira produción de Chévere despois de recibir o Premio Nacional de Teatro. A historia comeza na sala de festas Paraíso, que funcionou en Muros entre 1972 e 1990, onde se coñeceron Eva e Antonio que, despois de casar, emigraron e tras dar tombos dun lado a outro, atopamos como vintecinco anos despois Eva, de novo en Muros, coida do seu pai e traballa no supermercado que abriron no mesmo local que ocupaba a sala de festas, mentres Antonio está en Canarias.

O elenco de actores está composto por Patricia de Lorenzo, Miguel de Lira, Cristina Iglesias, Fidel...

leer más
Etiquetas:
27/01/2019

O xoves, 31 de xaneiro, terá lugar no Cenima, en Foz, un acto sobre “O teatro de Manuel María”. O seu inicio está previsto para as 20:30 horas. 

Está organizado pola Pomba do Arco e no mesmo participarán Pilar García Negro e Alberte Ansede. 

Etiquetas:
23/01/2019

Despois de máis de vinte representacións por toda a xeografía galega e do occidente asturiano, en moitas das cales houbo que colocar o cartel de “non hai entradas” (Betanzos, Vedra, Vegadeo, Rinlo,...), pódese considerar esta produción como un dos éxitos indiscutibles do teatro afeccionado galego desta tempada.Este espectáculo foi galardoado co premio Conde Santo á Mellor obra e co premio Lourenzo ao Mellor Actor Protagonista no I Certame de teatro afeccionado de Lourenzá (no que tamén estivo nominada á mellor posta en escena e á mellor actriz protagonista) e cos premios á Mellor Montaxe e Mellor Actriz Protagonista nos XXI EncuentrosTeatrales de Vegadeo (Asturias).  Foi tamén seleccionada para participar no IX Encontro de teatro afeccionado de Betanzos 2018, no Festival Teatrofilia de Vedra e na Mostra Internacional de teatro amador Estenarúa de Ferrol.

... leer más
21/01/2019

A Concellería de Cultura barreirense organiza unha representación teatral que terá lugar o vindeiro domingo, 27 de xaneiro.

O grupo O Bordelo porá en escena a obra Toluras de proveito. Será no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro o domingo ás 18:00 horas.

Trátase dunha comedia costumista, orixinal do director do grupo, Francisco Piñeiro.

Etiquetas:
25/12/2018

 

Este mércores, 26 de decembro, o Teatro Pastor Díaz de Viveiro acolle a representación de Lila Teatro titulada "Duncan de palleiro". Será ás 18:00 horas e está dirixida ao público infantil de 3 a 12 anos.

Conta a vida dun can de palleiro moi especial chamado Duncan. Leva unha vida sinxela, á beira do seu amo Aurelio e dos seus amigos, veciñas e rébanos de sempre, nunha pequena aldea no medio das montañas. Duncan ama profundamente aos nenos e nenas e alí onde vai leva consigo unha gran sorpresa que non deixa indiferente a ninguén.

A obra é propia da compañía e baixo a dirección de Lila Teatro está protagonizada por Linés González e Lara Manzano. Está incluída no programa Proscenio da Deputación de Lugo.

 

Etiquetas:
14/12/2018

Touporroutou Teatro presenta este sábado, 15 de decembro, Comedia Bífida.

Este grupo, formado polas persoas que poñen en marcha o antroido focego, poñerá en escena a obra Comedia bífida de Manuel Núñez Singala que, en tono de comedia, preséntanos algunhas das situacións que vivimos a diario en relación co galego. A compañía, dirixida por Chus Rábade, está formada por Tono Neira, Marcos Fernández, Almudena Rubal, Olaia Otero, Xorxe Castro, Rebeca Vázquez, Laura e Paz Quiroga.

A representación terá lugar no salón de actos do colexio Martínez Otero de Foz, ás 20:00 horas.

 

Etiquetas:
09/12/2018

É a terceira edición dunha actividade exitosa e innovadora na zona: microteatro en bares. Trátase dun circuíto de pequenas representacións teatrais de breve duración, ben monólogos, ben pequenas obras de teatro de poucos participantes, que terán lugar a carón do mostrador dos bares e cafeterías barreirenses. 

Tras dúas edicións nas cales todos os establecementes de hostalería de Barreiros tiveron a oportunidade de acoller algunha actividade de Ollomao, o colectivo barreirense lanza nesta ocasión unha convocatoria para que sexan os propios establecementos quen soliciten contar cunha destas representacións. O límite máximo está en dez locais, e o criterio para a selección é a orde de inscrición. Tras completar o número máximo xerarase unha lista de agarda por se se dera algunha baixa. 

Os requisitos para que un...

leer más
04/12/2018

A asociación de Mulleres Rurais As Espalladoras organiza unha representación teatral que terá lugar este xoves, 6 de decembro.

A función correrá a cargo do grupo de teatro Axóuxeres, de Vilaronte, que porá en escena a obra Non casei con todos. Terá lugar no pavillón de San Román de Vilaestrofe ás 19:00 horas.

Colaboran a Comunidade de Montes de San Román e o Concello de Cervo.