Teatro
08/11/2016
O Grupo Chévere presenta a obra Eroski Paraíso o sábado, 12 de novembro, no Teatro Pastor Díaz de Viveiro ás 20:30 horas.
Eroski Paraíso é a primeira produción de Chévere despois de recibir o Premio Nacional de Teatro. Trátase dun proxecto escénico construído sobre a promesa dun paraíso social feita por un estado de benestar que agora se desmorona. O paraíso prometido era en realidade un hipermercado. Este é o retrato dunha xeración que tivo todo ao alcance da man e andou pola vida como se andase polo corredor dun supermercado, sometida ás mesmas técnicas de márketing que se usan para influír nas decisións de compra dos consumidores.
O proceso de traballo de Eroski Paraíso comezou explorando a memoria colectiva e a afectividade dunha...
leer más 04/11/2016
A Delegación de Cultura continúa coa súa programación para este mes de novembro e o sábado, 12 de novembro, contará coa obras Curtis & Teixeiro. Investigadores privados, con Xosé A. Touriñán e Federico Pérez. O texto e a dirección corre a cargo de José Prieto.
As entradas xa están a venda na Biblioteca Pública, na Casa da Xuventude, na Cervecería O Traste ou na web www.curtiseteixeiro.gal a un prezo único de 12 euros.
A representación o 12 de novembro terá lugar no Auditorio Municipal de Burela ás 21:00 horas.
Curtis e Teixeiro son dous detectives un tanto peculiares, os Starsky e Huch galegos, unha clase de investigadores privados con métodos...
leer más 03/11/2016
Nostrum Cai Teatro representará a obra Alba. A casa pechada no Teatro Pastor Díaz de Viveiro o sábado, 5 de novembro, ás 20:30 horas.
A actuación inclúese no programa Buxiganga da Deputación de Lugo. A montaxe é unha adaptación para danza-teatro da obra de García Lorca La casa de Bernarda Alba a cargo de Sonia Fernández e Lola Fernández quen ademais dirixe a obra.
Nostrum Cai Teatro xurde no 2002 en Lugo centrándose na formación teatral e no achegamento as súas diferentes disciplinas como dramaturxia, mimo, voz, verso, comedia do arte, danza contemporánea e monólogos entre outras. Ten recibido diferentes recoñecementos como unha mención honorífica na Mostra de Teatro Curto de Getxo-Bilbao por Soños ou ser finalista do certame As...
leer más 03/11/2016
A Concellería de Cultura focense ven de presentar a programación para este mes de novembro, que inclúe varias representacións de teatro nas parroquias, concertos e charlas médicas, entre outras actividades.
A concelleira Silvia Blach detallou que “o venres 4 no Cenima ás 21:00 horas imos ter un concerto de metais a cargo do Conservatorio de As Pontes, polo grupo que ven de intercambio coa Escola de Música de Foz para que ese día teñamos un concerto marabilloso ao que invitamos a todo o mundo a que asista dentro dese ciclo do mes da música que temos todos os meses de novembro no concello de Foz”.
Silvia Blach continúa sinalando que “o sábado, día 5, no centro social A Saira, de Nois, teremos a partir das 20:00 horas teatro nas parroquias...
leer más 03/11/2016
A Delegación Municipal de Cultura de Burela programa para este venres, día 4, a obra Pan! Pan! da compañía A Panadaría.
A representación terá lugar no auditorio da Casa da Cultura ás 21:30 horas e está organizada pola Concellería de Cultura, AGADIC e a Rede de Teatros e Auditorios de Galicia. O prezo da entrada é de 3 euros en anticipada e 5 euros en billeteira.
A Panadaría é unha compañía de teatro formada por Areta Bolado, Noelia Fernández e Ailèn Kendelman. Este é o seu primeiro espectáculo e xa recibiu diferentes recoñecementos que a converten nunha das revelacións teatrais da tempada. Gañou o Primeiro Premio Xuventude Crea 2013, no 2015 Ailèn Kendelman foi nomeada aos Premios María Casares por Mellor Música Orixinal e Areta Bolado recibiu o...
leer más 02/11/2016
A XIII Mostra de Teatro Afeccionado foi presentada este mediodía na Casa do Concello. Terá lugar os días 4, 5 e 6 deste mes e ofrece como novidade unha representación para os máis novos. A presentación correu a cargo do concelleiro de Cultura, Farruco Graña, e a viúva de Daniel Cortezón, Matilde González.
O edil nacionalista declarou que “un ano máis volvemos atoparnos co teatro afeccionado en Ribadeo, imos facer teatro todos como público espectador, pero tamén como público que participa porque este ano hai novidades diversas, entre elas poder participar na obra”.
O edil de Cultura salientou que “a Mostra de Teatro Afeccionado Daniel Cortezón vai xa pola súa 13 edición e vai ter lugar esta fin de semana, o venres 4, sábado 5 e domingo,...
leer más 26/10/2016
O grupo lucense Achádego Teatro presenta en Burela O barco sen mariñeiro, unha adaptación propia da obra de Alejandro Casona La barca sin pescador. A representación terá lugar o 29 de outubro ás 19:30 horas no Auditorio.
O barco sen mariñeiro, dirixida a todos os públicos, foi estreada o 26 de maio do 2015 no Auditorio Gustavo Freire de Lugo. A peza en tres actos foi representada por primeira vez no Teatro Liceo de Bos Aires o 24 de agosto de 1945, pero calquera podería crer que foi escrita no momento actual posto que os feitos que nela se relatan responden totalmente á problemática vixente. O barco sen mariñeiro enfrontará o complicado mundo das finanzas co sinxelo dos mariñeiros que se realizan no seu traballo en contacto coa natureza. A dirección da obra corre a cargo de Antón Sampaio...
leer más 26/10/2016
A compañía Galitoon presenta o espectáculo Güela Güela dirixida ao público infantil con idades entre 2 e 6 anos. Será o 29 de outubro ás 18:00 horas no Teatro Pastor Díaz de Viveiro.
Dirixida por Chisco Casteleiro que tamén é o autor, é o único espectáculo dunha compañía galega no Museo Nacional del Prado, baseada na obra Concierto de Aves de Frans Snyders á solicitude do propio Museo para a súa representación durante o 2015 e 2016 no marco das actividades dirixidas ao público familiar e infantil.
A historia conta que desde sempre a misión das cegoñas foi a de levar os bebés aos brazos dos seus pais voando en grupos ou bandadas. Pero un día as cegoñas esqueceron un bebé moi peculiar e aí comeza unha aventura cargada de diversión, humor...
leer más 25/10/2016
A Deputación Provincial de Lugo dentro da súa Área de Cultura achega ao salón de Actos da Casa da Cultura do Concello do Valadouro, unha vez máis, dentro do programa de Buxiganga de Teatro afecionado, unha actuación co grupo de teatro da Biblioteca Municipal de Antas de Ulla e a obra "As Trece Rosas" o vindeiro sábado, 29 de outubro, ás 20:00horas e con entrada de balde.
O grupo de teatro da Biblioteca Municipal de Antas de Ulla xurdiu como unha actividade máis da Biblioteca, dentro das programadas como animación á lectura, co fin de que a biblioteca se convertise nun centro de socialización e convivencia de persoas de diferentes idades e formación cultural.
25/10/2016
Chévere Teatro chega este venres, 28 de outubro, a Burela coa obra “As fillas bravas”, que protagonizan Patricia de Lorenzo, Mónica García e Arantza Villar.
As entradas en anticipada xa están á venda ao prezo de 3 euros. En taquilla custarán o día da representación 5 euros.
“As fillas bravas” dará comezo ás 21:30 horas na Casa da Cultura.