Viveiro
O Concello de Viveiro organiza unha recepción oficial ao atleta olímpico Adrián Ben este sábado, 25 de setembro, ás 13:30 horas na Sala Multiusos da Casa do Concello.
Tras ser recibido pola corporación municipal Adrián Ben asinará aos nenas e nenas que se acheguen unhas tarxetas de recordo que o Concello de Viveiro preparou para conmemorar a participación do viveirense nos Xogos Olímpicos de Tokio 2020.
O Concello de Viveiro realizará esta recepción, que non puido celebrarse antes por compromisos do atleta, á espera de fixar a data na que terá lugar o acto de entrega da distinción de Fillo Predilecto. Dita distinción fora acordada polo Pleno Municipal en data 4 de agosto de 2021.
O Concello de Viveiro pretende con esta recepción amosar o seu recoñecemento cara a Adrián Ben, quen foi 5º na...
leer másTras a súa presentación este luns na Coruña, a aula móbil formativa de “Enredando tour R” recalou hoxe en Cedeira e chegará o luns 20 a Viveiro para desprazarse o martes 21 e o mércores 22 a Sarria e Monforte respectivamente. É o momento das localidades lucenses, onde se instalará a aula formativa do tour para desenvolver esta actividade que procura a ‘inclusión dixital’ das persoas maiores.
Que a fenda non deixe ninguén atrás
A intención primeira desta acción é minorar o efecto da fenda dixital que tanto lles afecta a unha gran porcentaxe das/dos maiores e a outros colectivos vulnerables. Falamos de persoas que, por exemplo, durante o confinamento e nos momentos máis duros da pandemia, non puideron botar man das novas tecnoloxías para completar xestións esenciais como pedir unha cita médica, facer a compra ou realizar unha operación bancaria sen saír...
O Concello de Viveiro presentou unha nova iniciativa, neste caso o ‘I Foro Económico de Viveiro’, que se celebrará o 30 de outubro en xornada de mañá.
O foro foi presentado pola alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, e o voceiro do grupo municipal Por Viveiro, Bernardo Fraga.
“Queremos que esta xornada de debate sexa un lugar de encontro e diálogo para o sector económico e empresarial de Viveiro, nun momento de grandes preocupacións e inquedanzas na sociedade”, anunciou Loureiro.
Esta nova iniciativa xurde do acordo do equipo de goberno con Por Viveiro para a aprobación dos orzamentos e dos plans de reactivación económica derivados da pandemia. O foro será no hotel Talaso Las Sirenas e o concello invitará aos empresarios e autónomos do municipio. Aqueles que non poidan asistir por...
leer másNormativa pre inscripción:
1- Natación infantil ofertase para nen@s nados entre 2016 e 2017, mentres que natación nenos para os nados entre 2008 e 2015. As escolas ofertaranse para os nados entre 2015 e 2006
2- A pre-inscrición ó comezo do curso farase de maneira presencial ou telefónica , e posteriormente sortearanse as prazas. Cada neno poderase pre-anotar nun único grupo e asignaráselle un número no momento da pre-inscrición informando do total de prazas ofertadas para o posterior sorteo.
Será preciso facer unha proba de nivel co fin de asignar a cada alumno no grupo correspondente .
3- Datas: As datas de preinscrición e de comezo de curso faranse públicas na instalación e demais medios de comunicación locais, con antelación suficiente ó inicio do correspondente trimestre.
Para o primeiro trimestre o prazo de...
O Teatro Pastor Díaz de Viveiro acolle este sábado, 4 de setembro, ás 19:00 horas o espectáculo musical infantil A Casa do Terror con Xoán Curiel, dentro de Cultura no Camiño.
A entrada é libre con aforo limitado. A reserva de entradas pódese facer no teléfono 982 560 161 en horario de 9:00 a 14:00 horas ou no correo electrónico rbg.cultura@viveiro.es.
Esta montaxe recibiu o Premio Frei Martín Sarmiento no ano 2020 e o Premio Martín Codax da Música Galega na categoría de Música Infantil no ano 2019. Ademais recibiu nomeacións nos Premios Ari(t)mar das músicas de Galiza e Portugal no ano 2019.
O espectáculo ten influencias, na música e na estética, das películas de terror dos anos 50 e 60 e imaxinarios como A Bola de Cristal,, a familia Adams ou...
leer másO Concello de Viveiro, a través de concellería de Cultura, organiza para os últimos tres sábados de setembro (días 11, 18 e 25) unha nova edición de “Sábados de contos”, que conta co financiamento do programa Ler Conta Moito 2021 para a dinamización da lectura nas bibliotecas públicas integradas na Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia.
A edil de Cultura, Lara Fernández Fernández-Noriega, quixo invitar a todos os pequenos e pequenas do concello a participar nesta actividade co obxectivo de “favorecer a lectura desde a infancia para que se enchan de sabedoría e de cultura”.
A responsable local insistiu no compromiso do goberno local de fomentar que as nenas e nenos viveirenses poidan “somerxerse nestas aventuras que nos proporcionan os libros e que nos fan medrar cun espírito crítico e con máis liberdade”. ...
leer másJoni Ramos & Sunday Morning Club actuarán o 3 de setembro nos Xardíns de Noriega Varela, en Viveiro.
O Concello de Viveiro anuncia o concerto do grupo local Joni Ramos & Sunday Morning Club o vindeiro venres, 3 de setembro.
A actuación celebrarase ás 20:00 nos Xardíns de Noriega Varela. Durante o concerto, cumpriranse en todo momento os protocolos COVID-19 marcados polas autoridades sanitarias.
Dende o Concello de Viveiro animan á cidadanía a achegarse á cita e gozar do talento musical de Viveiro.
O Concello de Viveiro presentou a edición deste ano da CAMOVI - Carrera Montes de Viveiro. No acto de presentación estiveron a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, así como membros da organización e representantes das administracións colaboradoras e patrocinadores.
Esta edición cambia a súa data ao vindeiro 5 de setembro, en vez de celebrarse en primavera como é habitual. Ademais, este ano cúmprense 10 anos dende a primeira edición, polo que haberá unha exposición para conmemorar o décimo aniversario da proba durante o vindeiro fin de semana.
A proba conta con percorridos de 42, 21 e 10 quilómetros en función da categoría. Durante a competición seguiranse os protocolos COVID-19 pertinentes, co fin de realizar unha proba segura.
“A CAMOVI é xa unha institución deportiva en Viveiro,...
leer másA Deputación de Lugo colabora, un ano máis, coa celebración do ResurrectionFest. Este evento musical, que nesta edición celebrarase entre o 26 e o 28 de agosto en Viveiro, conta cunha achega de 50.000€ do organismo provincial. O Presidente da Deputación, José Tomé Roca, anunciou este venres tras a reunión da Xunta de Goberno a adxudicación duncontrato de patrocinio deste evento musical, que se adaptará ás limitacións que esixe a situación sanitaria.
Tomé Roca recordou que “a Deputación de Lugo apostou dende o principio por este festival, ofrecendo un apoio que foi clave para que o Resu se consolidase como o que é hoxe: unha cita de referencia a nivel nacional e internacional, que atrae a miles de persoas e que produce un retorno económico de primeira orde para Viveiro e para toda A Mariña”.
Esta cita serve de...
leer másViveiro acolle este sábado, 21 de agosto, o concerto da Orquestra Vigo 430, que conta coa guitarrista Alexandra Whittingham e a directora Jhoanna Sierralta.
A actuación será no Teatro Pastor Díaz ás 19:00 e enmárcase na programación do “Xacobeo 21-22”.
Para acudir á representación, compre reservar as entradas no teléfono 982560162 en horario de 9:00 a 14:00 ou no enderezo electrónico: rbg.cultura@viveiro.es