Viveiro
Ata o 13 de xaneiro está aberto ao público o tradicional Belén “Viveiro ante o Berce”.
Igual que na pasada edición, para visitar o Belén habilitarase un percorrido cunha única dirección, co obxectivo de evitar aglomeracións.
O belén “Viveiro ante o berce” considérase como un dos máis importantes de Galicia, destacando pola súa beleza, a dimensión das súas pezas, a extensión do conxunto do propio belén e por estar instalado nun enclave histórico-monumental único.
Ademais o Concello xa acendeu as luces de Nadal e nos vindeiros días presentará unha completa programación para todas as idades.
CARTELERA CINES VIVEIRO HASTA EL 8 DE DICIEMBRE
SÁBADO 4 Y DOMINGO 5
-Encanto – 17:30 horas
-Way down – 20:00 horas
-Resident evil – 22:30 horas
-Cazafantasmas: más allá – 17:30, 20:00 y 22:30 horas
-La familia perfecta - 17:30, 20:00 y 22:30 horas
LUNES 6
-Encanto – 18:00 horas
-Resident evil – 20:30 horas
-Cazafantasmas: más allá – 18:00 y 20:30 horas
-La familia perfecta – 18:00 y 20:30 horas
MARTES 7
-Encanto – 18:30 horas
-Way down– 21:00 horas
-Cazafantasmas: más allá – 18:30 y 21:00 horas
-La familia perfecta – 18:30 y 21:00 horas
MIÉRCOLES 8
-Encanto – 18:00 horas
-Resident evil – 20:30 horas
-Cazafantasmas: más allá – 18:00 y 20:30 horas
-La familia...
O Teatro Pastor Díaz de Viveiro acollerá o espectáculo infantil Ris Ras a cargo de Baobab. A representación terá lugar este sábado, día 4 de decembro, ás 18:00 horas e está dirixido ao público infantil a partir de 1 ano.
Trátase dunha montaxe musical e teatral pensada para rir e bailar onde a palabra e as brincadeiras están presentes para trasladar a tradición oral galega.
A venda de entradas é no teléfono 982 560 162, de luns a xoves, en horario de 9:00 a 14:00; ou no correo electrónico rbg.cultura@viveiro.es. e na taquilla dende unha hora antes da función.
O Centro Comercial Histórico de Viveiro aposta unha vez máis por impulsar as compras e o ocio na súa cidade. Pon en marcha este venres 26 e o sábado 27 de Novembro a campaña “Sácalle Brillo ó Black Friday Mercando no comercio Local”, un fin de semana de compras ofrecendo fantásticos descontos en miles de artigos.
Desde o CCH din: “apostamos por reforzar esta campaña e ofrecerlles algo máis ós clientes, facilitando o servizo e premiando as compras, farémolo poñendo gratis os envíos a toda a Mariña e Ortegal e entregando vales de 5€ de desconto para as compras de Nadal. A maiores dos descontos do Black Friday, os locais participantes entregarán vales por valor de 5€, e eses vales serán para gastar nas compras de Nadal. Queremos premiar a fidelidade dos clientes que apostan por mercar no comercio local e que mellor forma de ampliar aínda...
leer másO Teatro Pastor Díaz de Viveiro acollerá a representación da obra Porvenir a cargo de Impromadrid. A función será este domingo, 27 de novembro, ás 20:30 horas.
Porvenir conta a historia de catro amigos de toda a vida que, azuzados pola deusa da fortuna, se enfrontan á incómoda pregunta de como queren vivir a madurez das súas vidas. Son eles os que lean as rendas da súa existencia ou, polo contrario, simplemente se deixan levar pasivamente polas súas labores cotiás? A obra non dá solución á pregunta pero reivindica o feito mesmo de plantexala e, sobre todo, a necesidade de atopar tempo para pensar nela.
Baixo a dirección de Ignacio López, autor da obra, o elenco artístico está formado por: Ignacio Soriano, Paloma Córdoba, Elena Lombao, Borja Cortés e Ignacio López.
A oitava andaina de outono de A Mariña en Ruta será este sábado, 20 de novembro, polo Viveiro industrial e as lendas.
Esta iniciativa da Mancomunidade de Concellos da Mariña discorrerá esta fin de semana polo Viveiro industrial e as súas lendas. Os asistentes estarán acompañados por Noela Feal, guía oficial de Galicia. Para esta ruta e para a andaina pola paisaxe cultural de Portocelo, en Xove, que terá lugar o 27 de novembro e que será guiada polo arqueólogo David Fernández, aínda quedan prazas libres. A Mariña en Ruta concluirá o 4 de decembro por terras do Vicedo da man do arqueólogo Fran Canosa. Para esta última ruta as prazas están esgotadas.
As persoas interesadas en gozar de A Mariña en Ruta poden atopar información e facer a reserva de prazas en ...
leer másA Banda de Música O Landro, de Viveiro, ofrecerá un concerto este sábado, 20 de novembro. A actuación terá lugar no Teatro Pastor Díaz, ás 20:30 horas.
Este concerto, baixo a dirección de Carlos Tirimaos, celébrase na honra de Santa Icía.
A reserva de entradas pódese facer, de luns a xoves, no teléfono 982 560 162, en horario de 9:00 a 14:00 horas; ademais no correo electrónico rbg.cultura@viveiro.es e en taquilla desde unha hora antes da función. A entrada é de balde.
Organiza este evento a Banda de Música O Landro coa colaboración da Concellería de Educación de Viveiro.
O Concello de Viveiro informa que dende este xoves, 18 de novembro, o mercado semanal de alimentación volverá a celebrarse na Praza Maior. Así mesmo, dende o domingo 21 de novembro, no mercado quincenal da Variante poderán colocarse a totalidade dos postos.
O goberno municipal adopta esta decisión en virtude do establecido na Orde do 25 de xuño de 2021, pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica, e na resolución do 21 de outubro de 2021, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, pola que se dá publicidade ao Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 21 de outubro de 2021, no que se declara a finalización da situación de emerxencia sanitaria en Galicia.
Cómpre lembrar que o mercado semanal foi trasladado aos Xardíns Noriega...
leer másO Ateneo Ferrolán acolleu a presentación da nova obra de María Xosé Porteiro, titulada #taméneu, que editou LAR libros, de Viveiro. Nesta publicación, que está a venda na web www.libroslar.com, a autora opina sobre a revolución feminista en 77 traballos xornalísticos.
María Xosé Porteiro recibiu recoñecementos pola súa labor a prol do feminismo, en 2019, co premio 1º de maio de CCOO, e en 2020, co Ernestina Otero, da Comisión das Mulleres do Concello de Vigo. Desde os anos 80 publicou numerosas pezas xornalísticas sobre desta temática. A partir de 2017 dirixe o Centro de Documentación en Igualdade e Feminismos do Consello da Cultura e nesta xeira participou en numerosos estudos e investigacións desde a súa Comisión de Igualdade.
A edición de #taméneu é de LAR libros, que...
leer másContraproduccións porá en escena a obra Cigarreiras, no Teatro Pastor Díaz, de Viveiro este sábado, 13 de novembro, ás 20:30 horas.
No centenario do pasamento da novelista Emilia Pardo Bazán, Contraproduccións presenta unha relectura dunha das obras máis interesantes da autora, A Tribuna. A muller, o amor e os prexuízos de clase son os temas entorno aos que xira esta relectura facendo fincapé no ambiente e primeiras loitas femininas das traballadoras da fábrica de Tabacos da Coruña. Todo isto con un transfondo político onde se asiste ao ocaso dos Borbóns e á atribulada proclamación da I República.
Baixo a dirección de Cándido Pazó, o elenco artístico está composto por: Tamara Canosa, Susana Dans, Ledicia Sola, Isabel Naveira, Covadonga Berdiñas, Ana Santos e Merce Castro.
A venda de...
leer más