Viveiro
O Teatro Pastor Díaz, de Viveiro acollerá este xoves, 11 de novembro, ás 19:00 horas o espectáculo de Paula Carballeira Facer Memoria.
Trátase dun espectáculo-encontro entre a narradora oral Paula Carballeira e as persoas de Viveiro no que desaparecen os límites entre o palco e o patio de butacas, dándolles voz tamén ás lembranzas do público. Deste xeito, entre contos e conversas, inténtase facer memoria.
Colaboran na organización deste evento: Xunta de Galicia, Xacobeo 21-22 e Rede de Dinamización Lingüística.
Este ano, o certame está adicado ao Trastorno do Espectro Autista (TEA)
O Concello de Viveiro organiza a terceira edición de ‘Superarte’, a súa mostra de teatro feita por persoas con diversidade funcional, que se celebrará entre o 28 de novembro e o 3 de decembro.
O concello xa dispón do cartel e ultima un programa extenso de actividades. “É Unha cita moi esperada para nós, Viveiro será de novo o lugar de referencia para sensibilizar e concienciar sobre a necesaria igualdade real para todos e todas”, afirma Lara Fernández Fernández-Noriega, concelleira de Cultura.
Este ano, a mostra esta adicada ás persoas con Trastorno do Espectro Autista (TEA), e ademais de obras de teatro, haberá visitas aos centros educativos para abordar o tema da diversidade funcional, accións conxuntas co comercio...
leer másO Concello de Viveiro presentou as ‘V Xornadas de Historia e Arqueoloxía Marítima Cidade de Viveiro’, que se celebrarán do 15 ao 19 de novembro e que este ano, de novo pola pandemia da Covid-19, serán outra vez totalmente online a través da plataforma Zoom.
Na presentación estiveron a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro García; Jesús Fernández Fernández, 1º tenente de Alcalde e concelleiro do Mar, e Antón López, delegado para a zona noroeste de España da Federación Española de Actividades Subacuáticas (FEDAS).
“Igual que en anos anteriores, as xornadas abarcan varios proxectos de ámbito nacional e incluirán ademais ponencias centradas en Galicia, sobre o mar nos programas decorativos da Galicia romana e o pecio Viveiro I”, explica Jesús Fernández.
Dende o Concello quérese agradecer o...
leer másO Centro Comercial Histórico de Viveiro aposta unha vez máis por impulsar as compras e o ocio na súa cidade. Pon en marcha este venres 5 e o sábado 6 de novembro a campaña Shopping Weekend, un fin de semana de compras ofrecendo fantásticos descontos en miles de artigos.
Unha oportunidade para pasar a fin de semana facendo compras nos 47 comercios participantes na campaña e desfrutar de descontos do 20% en miles de artigos. Participan locais de moda de home, muller e nenos, calzado, complementos, artigos de deporte, lencería, xoias, mobles e decoración, agasallos, artigos para o fogar, alimentación, iluminación, óptica, telefonía, estancos, perruquerías, beleza, etc.
Os locais participantes estarán identificados cos distintivos da campaña, banderolas de color fucsia de 2,60 metros de altura colocadas nas entradas...
leer másA iniciativa levará a obra de diferentes artistas aos escaparates dos establecementos comerciais e hostaleiros de Viveiro
O Concello de Viveiro, a través da súa concellería de Cultura, pon en marcha a iniciativa “EscapararArte Comercio e Cultura”, un proxecto no que os comercios de Viveiro converteranse nunha gran sala de exposición cultural.
A iniciativa conta ademais coa colaboración da asociación “Viveiro Centro Comercial Histórico (CCH)” e da asociación fotográfica “Os Negativos”. Deste modo, o Concello de Viveiro e estas dúas asociacións brindan aos fotógrafos/as a oportunidade de expoñer por toda a vila. O obxectivo do goberno local é tecer redes entre as diferentes asociacións e institucións, traballando pola cultura e comercio de forma conxunta á vez que se achega a arte á rúa.
...
leer másO grupo Itaca Teatro porá en escena a obra Formigas no peto no Teatro Pastor Díaz, de Viveiro, este sábado, 6 de novembro, ás 20:30 horas.
Trátase dunha proposta innovadora e orixinal que une a narración oral co teatro de imaxes e personaxes moi recoñecibles e familiares vencellados á nosa historia cotiá dende as nosas avoas ata nós mesmos.
O protagonista desta historia entra no Bazar da Memoria e dende alí cóntanos, sinte e viaxa por momentos e emocións da súa patria que é, nin máis nin menos que, a súa infancia ou a nosa.
A obra está dirixida por José Campanari, quen é o autor xunto a Ana Carreira, e interpretada por Carlos Rebolo.
A reserva de entradas pódese facer no teléfono 982 560 162 ou en rbg.cultura@viveiro.es...
leer másO Concello de Viveiro invita á cidadanía a gozar mañá, 29 de outubro, e este sábado, día 30, da festa do Samaín nas rúas do Casco Histórico de Viveiro.
As rúas contarán con amenización musical e repartiranse caramelos, cortesía do Concello e da asociación Centro Comercial Histórico de Viveiro, para os cativos e cativas que acudan disfrazados aos comercios asociados.
Caramuxo Teatro representa no Teatro Pastor Díaz, de Viveiro, A nena que vivía nunha caixa de mistos. Será este sábado, 30 de outubro, ás 18:00 horas.
A nena que vivía nunha caixa de mistos é a terceira parte da triloxía sobre contos populares, que comezou con As fabas máxicas e continuou con Feo, que recibiu o Premio María Casares ao mellor espectáculo infantil. Está inspirada no conto A vendedora de mistos de Hans Chistian Ándersen. Conta a historia dunha nena que camiña pola rúa dun lugar a outro coa súa caixiña de mistos, a casa onde pasa a noite.
Trátase dunha adaptación de Laura Sarasola e Juan Rodríguez, quen dirixe a obra.
A reserva de entradas pódese facer no teléfono 982 560 162 ou en rbg.cultura@viveiro.es en horario de 9:00 a 14:00...
leer másLa autora dice: El mar, la mar, tan sugerente y vivo.
Tengo la suerte de convivir en la actualidad con su aroma, movimiento, y color tan fluctuante y atractivo como para atraparme y dejarme seducir con su maestría para después de mucho estudio y contemplación poder seguir sintiéndole en mi interior y, en la soledad del trabajo, pintarlo.
La energía de las olas ha sido inspiración de muchos artistas.
Cuando observo una ola me invita a seguirla con la mirada hasta la siguiente. Intento retenerla en sus diferentes momentos. Sin embargo, lo bello del mar está en su carácter de impermanencia, en su presencia tan variada desde una gota, espuma, ondas reflejos, transparencias y esa fuerza tan imprevisible que no se ve pero se siente.
Mi último trabajo versa sobre el mar.
Mi humilde trazo de olas. Con la mente y el corazón en el Mar Cantábrico...
O Concello de Viveiro, a través da concellería de Cultura, conmemora o vindeiro 24 de outubro o Día das Bibliotecas. Unha data que o Concello quere celebrar cos usuarios e usuarias da Biblioteca Municipal de Viveiro e con todas aquelas persoas que queiran sumarse a esta comunidade.
Para celebrar esta data, o Concello de Viveiro organiza un sorteo entre todas as persoas que retiren un libro na Biblioteca Municipal o sábado 23 ou o luns 25 de outubro. Todos os usuarios/as que tomen prestado un exemplar da biblioteca entrarán no sorteo dun lote de libros e dun abono da programación do Teatro Pastor Díaz de Viveiro.
“Para o goberno local é unha prioridade ofrecer diferentes actividades culturais, polo que é unha satisfacción que a comunidade da Biblioteca sexa cada vez máis grande e más participativa”, subliña Lara...
leer más