Xornadas
O restaurante O Forno de Tovar, no municipio de Lourenzá, reabriu as súas instalacións, adaptadas á nova normativa pola pandemia de coronavirus, e faino organizando unhas xornadas gastronómicas dedicadas ao cordeiro de raza ovella galega, concretamente da gandería Explotacións Gandeiras Soli, de Alfoz.
O xerente e xefe de cociña de O Forno de Tovar, Jorge López, coñecido como O Vilelo, destaca que o local “está acondicionado tendo en conta a situación actual: coas mesas máis separadas no interior e con varios espazos diferentes para comer ao aire libre, nos que aínda hai máis distanciamento”.
Jorge López tamén explica que nas xornadas “poderase degustar cordeiro galego asado tradicionalmente en forno de pedra por cuartos, para un mínimo de 2 comensais”. Pero tamén ofrece os pratos da súa carta habitual, como...
leer másA cidade de Mondoñedo acolle o domingo 5 de xullo a décimo terceira edición das Xornadas do Peregrino ‘Abrindo Camiño’que, nesta ocasión, percorrerá un tramo do Camiño Cultural, entre a Basílica de San Martiño (Foz) e a Catedral de Mondoñedo, co obxectivo de promocionar e difundir esta ruta.
Ás nove e media da mañá está prevista a saída en autocar dende o cruce do seminario coa Avenida de Bos Aires ata o inicio da ruta. Un grupo reducido de persoas poderá participar, a partir das dez e media da mañá, nunha visita guiada ao Centro de Interpretación e ao interior da Basílica previa solicitude.
A ruta continuará en autobús ata a igrexa da Ermida dende onde comezará o camiño a pé ata o centro sociocultural de Oirán.Unha vez reagrupados os participantes con tempo para o descanso e o refrixerio, a viaxe continuará en...
leer másYa está abierto el plazo de inscripción para asistir este jueves 25 de junio a las XXVII Xornadas Técnicas de Expomar, que se celebrarán a través de vídeoconferencia en la plataforma “IESIDE sin muros” de Afundación Abanca. La inscripción puede realizarse de forma gratuita desde la web www.expomar.com.
Bajo el título “La Pesca, un sector esencial; y ahora, qué?”, esta primera edición no presencial de las Xornadas analizará la situación pesquera actual desde distintos puntos de vista, teniendo en cuenta el impacto del COVID-19 y el BREXIT en un sector esencial como la pesca, así como las principales repercusiones sociales y económicas esperadas para los próximos meses.
El foro, que iba a tener lugar en Burela los pasados 28 y 29 de mayo pero se había aplazado por la situación de...
leer másAs XXVII Xornadas Técnicas e o XXI Encontro Empresarial de EXPOMAR, que ían ter lugar en Burela os pasados 28 e 29 de maio pero que se aplazaran pola situación de estado de alarma, finalmente celebraránse de forma telemática a próxima semana.
Na mañá do xoves 25 de xuño celebrarase a primeira edición virtual das Xornadas Técnicas de Expomar nos seus xa 27 anos de historia. Baixo o título “A Pesca, un sector esencial; e agora, que?” preténdese analizar a situación pesqueira actual desde distintos puntos de vista, tendo en conta o impacto do COVID e o BREXIT nun sector esencial como a pesca, así como as principais repercusións sociais e económicas esperadas para os vindeiros meses.
O foro, que terá lugar entre as 10:00h e as 14:00h, comezará coa presentación a cargo do Presidente da Fundación Expomar, Alfredo Llano...
leer másA orientación deportiva centrará o segundo relatorio das IX Xornadas do Deporte Academia Imdecum. Continuando coa modalidade en Zoom, será o vindeiro luns, 15 de xuño (12.00 horas), coa colaboración do especialista en deporte na natureza Xan Mariano Trigo Recarey.
Aberto para todo o público interesado: INSCRICIÓN EN ZOOM
Relatorio: “A orientación deportiva: Aproximación a unha modalidade de turismo activo en alza”
O ourensán, organizador de probas e xuíz controlador autonómico de orientación, leva dúas décadas da súa vida unido á orientación deportiva. Licenciado en Educación Física e con experiencia como docente, Xan Trigo conta cunha dilatada vinculación cos tres paus das actividades físico-deportivas na natureza (terra, auga e aire), abranguendo disciplinas como a escalada, o montañismo, a espeleoloxía,...
leer másO restaurante O Forno de Tovar, no municipio de Lourenzá, acolle unhas xornadas gastronómicas dedicadas á raza Galiña de Mos, que están organizadas pola granxa Chousa do Lea. Comezaron hoxe, venres, e desenvolveranse ata o día 22 deste mes, de mércores a domingos en horario de comidas e os venres e sábados tamén para as ceas.
As xornadas foron presentadas polo propietario da granxa Chousa do Lea, José Zapata, criador dos produtos que se degustarán nas xornadas, e polo xerente e xefe de cociña de O Forno de Tovar, Jorge López.
Jorge López explicou que durante as xornadas ofrecen “un menú degustación con tres pratos e sobremesa. De primeiro servirmos un prato frío, o segundo é de galiña de Mos con peixe e o terceiro é galo de Mos elaborado ao estilo tradicional. Ademais hai distintas sobremesas, todas elas...
leer másOrganizadas polo Concello de Xove e financiadas con fondos destinados ao desenvolvemento de medidas do Pacto de Estado en mateira de violencia de xénero.
17 de decembro.- COMO LLE FALO DISO?
Aprendendo a abordar a educación sexual das crianzas. Esta xornada dirixida a pais, nais e persoas interesadas, terá lugar o día 17 de decembro, de 18:30 a 20:30 horas, na Sala de Formación. Impartida por Martina González Veiga.
7 de xaneiro.- LECER EN IGUALDADE
A igualdade de xénero e prevención de violencias machistas no lecer e tempo libre. Dirixida ao monitorado de actividades e persoas interesadas. O día 7 de xaneiro de 17:00 a 20:00, na Sala de Formación. Impartida por Arabías S. Coop. Galega.
As persoas interesadas poden anotarse e solicitar máis información na OMIX (tfno: 982 571 816). As...
A Irmandade Augas Santas Santo Estevo do Ermo de Barreiros organiza as V Xornadas Micolóxicas que se celebrarán os días 30 de novembro e 1 de decembro.
O sábado, 30 de novembro, ás 20:00 horas, na Aula Cemit de Barreiros (Teleclube de San Cosme), terá lugar a charla que correrá a cargo de Xesús Blanco García, presidente da Asociación Os Bolouros de Foz.
O domingo, 1 de decembro, haberá unha saída ao monte na procura de cogomelo. Os asistentes partirán, ás 10:00 horas, da Praza do Concello de Barreiros, e ás 14:30 h., terán un menú degustación no Restaurante La Barrica de Lorgi. O prezo da comida é 25 euros por persoa. A charla e o roteiro son gratuítos. As reservas poden facerse no número de teléfono 679 455 109.
A organización informa que a ruta ten un nivel de dificultade baixo, apto...
leer másA vicepresidenta da Deputación, Maite Ferreiro, e o presidente de Nova Escola Galega (NEG), Xosé Lastra, presentaron esta mañá as III Xornadas da Terra de Miranda, un encontro de debate sobre o medio rural organizado pola asociación pedagóxica coa colaboración da Área de Cultura que se celebrará os vindeiros 25 e 26 de outubro no Centro Sociocultural Avelino Díaz de Riotorto.
O programa inclúe relatorios e mesas redondas a cargo de diferentes persoas e colectivos do eido educativo, económico e social da Terra de Miranda -Riotorto, A Pontenova, Meira e Trabada- que exporán as súas experiencias e iniciativas en relación co desenvolvemento rural.
No cartel da xornada, destacan as conferencias de Narciso de Gabriel, catedrático de Historia da Educación na Universidade da Coruña e autor de investigacións sobre a...
leer más












