Xornadas

Etiquetas:
28/07/2015
O 3 de agosto darán comezo en Foz as XX Xornadas de Historia Local, que organiza a Pomba do Arco. Abordarán cuestións coma a crónica negra ou a posguerra, entre outras.
 
 
A Asociación Sócio-Cultural “A Pomba do Arco” dará comezo o vindeiro luns, 3 de agosto,  á XX edición das Xornadas de Historia Local, que esta asociación ven celebrando de xeito ininterrompido nas primeiras semanas do mes de Agosto.
As Xornadas de Historia Local téñense convertido xa a esta altura en toda unha referencia da proposta cultural do Concello de Foz, pola súa contribución a pór en valor o pasado de Foz.
Estas xornadas son referencia para os focegos pois nela ven o compromiso por parte da Pomba do Arco en recuperar a nosa historia local e incorporala dentro da historia xeral de Galiza.
As Xornadas de Historia Local confirman que tanto Foz, como a Mariña e Galiza...
leer más
28/07/2015
As XIII Xornadas de Historia Local, de Ribadeo, abordarán a presenza deste concello na literatura. Será os días 30 e 31 de xullo.
 
A nova edición das Xornadas de Historia Local de Ribadeo estarán dedicadas á pegada da vila na literatura. Son xa trece as edicións deste evento organizado pola Agrupación Cultural Francisco Lanza coa colaboración do Concello de Ribadeo. 
A proposta deste ano desenvolverase no Salón de Actos da Casa do Mar de Ribadeo ás 20:30 horas os días 30 e o 31 de xullo. Na xornada do xoves 30 o profesor Suso Fernández Acevedo pronunciará a conferencia Ribadeo na literatura.
Ao día seguinte, 31 de xullo, tres autores debaterán nunha mesa redonda sobre a presenza da vila na súa escrita. Os participantes serán Carmen Blanco, Xavier R. Baixeiras e Santiago Jaureguizar. 
 
07/04/2015
Os días 24 e 25 de abril terán lugar en Ribadeo as VIII Xornadas de abordaxe integral de violencia de xénero no ámbito local. A inscrición está aberta.
 
Do 13 ao 23 de abril estará aberto de inscrición nas VIII Xornadas de abordaxe integral de violencia de xénero no ámbito local, que versarán sobre Violencias sociais, mulleres precarias, mulleres á deriva. A cita, que terá lugar os días 24 e 25 de abril, foi presentada esta mañá no Concello.  
A edil de Igualdade, Mariluz Álvarez Lastra, indicou que “o contexto de crise económica actual e as graves consecuencias sociais que ven provocando está a producir efectos devastadores en moitos sectores de poboación e de forma moi particular na vida das mulleres. Nesta coxuntura a configuración dista violencia estrutural é tan sutil que moitas mulleres están a sufrir situacións de grave precariedade laboral, social e de condicións indignas de vida. Mentres non sexamos quen de frear...
leer más