Xove
07/09/2016
Os vindeiros días 10 e 11 de setembro vaise celebrar na Campo Municipal de Bolos de Sumoas o VII CAMPIONATO DE ESPAÑA DE BOLO CELTA EN CATEGORÍA FEMININA.
No mesmo van participar unhas 30 xogadoras de Madrid, Asturias e Galicia, que son as Comunidades onde se practica este xogo tradicional. Por parte da organización estase en conversacións con xogadoras de Bolo a Cachete do País Vasco co fin de que poidan estar tamén presentes neste evento e ampliar así a participación.
O Club de Bolos Xove é un club pioneiro en España no tocante á participación de mulleres nesta modalidade deportiva, que tradicionalmente estaba reservada aos homes. Cando se fundou...
leer más 24/08/2016
O 1 de outubro vaise celebrar en Xove a VII edición do ENCONTRO DE PALILLEIRAS.
A concellería de Servizos Sociais, impulsora deste evento, abreu o 22 de agosto a inscrición de palilleiras, as cales ainda poderán anotarse ata o mesmo 16 de setembro. A inscrición pódese realizar por teléfono, chamando ao Concello ao 982592001, ou ben contactando con Mercedes Barro (profesora de bolillos) no 679894219 ou con Carmen García (profesora de bordado) no 982592686.
18/08/2016
En Xove na Sala de Exposicións Centro Cívico, o alcalde Demetrio Salgueiro, acompañado pola concelleira de cultura e por fotógrafos presentes na mostra, inaugurou unha nova edición de XOVE 360º. Esta mostra que o Concello organiza cada ano, xunto co Colectivo de Fotógrafos de Xove, vai xa pola novena edición. O título escollido para edición deste ano foi “Cemiterios”, tema escollido para esta edición e sobre o cal cada autor puido presentar unha fotografía.
O resto da exposición foi de tema libre, de aí a gran variedade existente nas obras presentadas: paisaxes, retratos, flora, fauna, composicións, etc.
En total a exposición está conformada por 46...
leer más 13/08/2016
O pregón co que comezarán os festexos será pronunciado por Marica Campo o día 18. O programa de actividades inclúe actividades para os máis pequenos, sardiñada popular, folclore, verbenas, sendeirismo, open de pádel e dúas exposicións, que se poderán visitar no Centro Cívico e na Oficina de Turismo.
O día 22 de agosto é festivo local en Xove.
O programa das Festas do San Bartolo e a Virxe do Carmen foi presentado nas últimas horas.
09/08/2016
La ACD Xove organiza para este jueves, 11 de agosto, una quedada nocturna denominada O Camiño das Estrelas-Perseidas 2016.
A partir de las 22:30 horas la ruta nocturna parte del Portiño de Portocelo en Xove para subir andando al monte O Castelo (Punta Roncadoiro). Desde allí se observará la lluvia de estrellas fugaces Perseidas o Lágrimas de San Lorenzo.
La ruta tiene un trayecto de ida y vuelta de 5 kilómetros, muy fácil y apta tanto para niños como para adultos. Será necesario linterna o frontal de luz y no se precisa inscripción previa simplemente estar en el Portiño de Portocelo a las 22:30 horas.
03/08/2016
A exposición ‘Imaxes con Fondo’, xurdida do primeiro concurso fotográfico organizado polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, amósase ata o 15 de agosto no Centro Cívico de Xove. O Concello, como socio da entidade municipalista, organiza ademais o día 9 un obradoiro de fotografía social impartido polo gañador da segunda edición do certame, Felipe Carnotto. A inscrición é de balde e pode formalizarse no Centro Xuvenil, onde se realizará a actividade ás 10 horas, ou chamando ao 982 571 816.
O programa do obradoiro, dirixido a mocidade de doce anos en diante, abordará a imaxe como ferramenta do cambio social, a historia da fotografía documental, a definición do fotoxornalismo ou o respecto polas persoas fotografadas....
leer más 30/07/2016
El pabellón deportivo de Xove acogerá este sábado, 30 de julio, el Summer Tech Festival.
Es una fiesta emergente en Xove que contará con grandes artistas según se señala desde la organización. Los que acudan al Summer Tech Festival podrán disfrutar con las actuaciones de Uto Karem, Héctor Llamazares, David Mallada, Kanike, Juan Chousa y Karras Martínez.
A las 20:30 horas se abrirán las puertas y el precio es de 8 euros que incluye entrada y litrona de cerveza.
El Summer Tech Festival cuenta con el patrocinio de Espectáculos Pico y con la colaboración del Concello de Xove.
18/07/2016
Xove acolle a celebración da V edición da Festa do Percebe este, sábado 23 de xullo.
Dará comezo ás 12:00 horas e terá lugar na praza do Concello. A festa contará coa animación musical dunha disco-móvil.
A organización corre a cargo do Concello de Xove, a Cofraría de Pescadores de San Cibrao e A Medorra Asociación de Festexos. O recinto feiral contará cunha gran carpa e os asistentes terán a oportunidade de degustar este exquisito crustáceo a prezos populares.
06/07/2016
O Concello de Xove, a través da Concellería de Cultura, ven de convocar o III Concurso de Fotografía Medioambiental “Xove, a súa costa e o seu mar”. A idea básica deste Concurso é a de potenciar a participación cidadá na protección do medioambiente.
Dentro do concurso imos ter dúas categorías:
-Adultos, que teñan 18 anos ou máis.
-Xuvenil, para menores de 18 anos.
En canto aos premios, imos ter tres por categoría, un primeiro de 100 €uros, un segundo de 75 €uros e un terceiro de 50 €uros. Os gañadores/as recibirán un cheque-regalo que poderá gastarse en calquer...
leer más 20/06/2016
Esta semana, a Asociación de Comerciantes, Industriais y Autónomos do Municipio de Xove, plantexa un Venres de Tapeo Temático.
Nos oito bares e restaurantes colaboradores nos “Venres de Tapeo de Xove”, para conmemorar o fin de mes de xuño e o comenzo do verán, coa paralización durante estas datas do tapeo, vai a organizar un tapeo temático, neste caso dedicado as tapas do mundo.
Esta vez, os bares e restaurantes ofrecen as suas tapas a 2€ “coa particularidade de que imos facer unha homenaxe a sete países: Italia, Inglaterra, Arxentina, Francia, Brasil, España, México e Portugal”.