Xove
O programa do Entroido de Xove terá lugar do 18 de febreiro ao 4 de marzo. O desfile será o 25.
Estas actividades van comezar esta semana, concretamente o sábado 18 de febreiro coa apertura da exposición de fotogrfía Homes e bestas, que recolle preto de 50 fotografías realizadas polo fotoperiodista José María Alvez e por Sergio López, este último fundador de Foto Sergio de Burela, finado hai xa uns anos. Esta mostra estará aberta ata o 4 de marzo, diariamente en horario de 18:00 a 21:00 horas na Sala de Exposicións do Centro Cívico.
O 24 de febreiro a Concellería de Servizos Sociais organiza o Festival de Entroido da Escola Infantil de Xove, que terá como prólogo un desfile polas rúas de Xove para rematar co propio Festival no Salón de Actos do Centro Cívico a partires das 11:00 horas.
...
leer másTodo está listo para a celebración da feira multisectorial Agora Xove, que arrinca mañá ás 11:00 horas co acto de inauguración no que participarán o actor e presentador da TVG, Roberto Vilar, o alcalde xovense, Demetrio Salgueiro e os tres empresarios homenaxeados nesta cita, que son Josefa Guerreiro, Telmo Mariño e Antonio Rey.
Despois do acto inaugural dará comezo unha fin de semana chea de actividades na carpa de 1.200 metros cadrados, que acollerá Agora Xove, e tamén no pavillón deportivo. Ás 12:30 horas haberá unha charla a cargo de Rosa Lage, axente de emprego e desenvolvemento local do Concello de Xove, que falará sobre O apoio do Concello de Xove á creación de emprego.
A continuación degustación de produtos artesáns de Currimar, exhibición de corte, degustación de xamón e cata e degustación de viños a...
leer másAciam e Concello homenaxearán o vindeiro sábado, día 11, a Josefa Guerreiro Álvarez, a Telmo Mariño Martínez e a Antonio Rey Álvarez. Será no transcurso da inauguración de feira multisectorial Agora Xove, que se desenvolverá a vindeira fin de semana.
A feira arrincará coa inauguración a cargo de Roberto Vilar, actor e presentador da TVG, os empresarios homenaxeados pola súa antigüidade en empresas familiares que continúan na actualidade coa súa actividade, o alcalde xovense, Demetrio Salgueiro e o presidente da Aciam, Juan Carlos López. A organización de Agora Xove destaca de Josefa Guerreiro Álvarez “por ser a muller con máis anos de dedicación na súa empresa familiar, Panadería Casariego Guerreiro”, de Telmo Mariño Martínez “por ser o fundador de máis idade da súa empresa familiar, Motos Telmo” e de Antonio Rey Álvarez “por ser o fundador da empresa...