Xove
06/12/2015
O programa de Nadal, do Concello de Xove, que foi presentado polo alcalde e polas concelleiras de Cultura e Turismo inclúe infinidade de actividades desde o 12 de decembro ata o 6 de xaneiro.
Haberá obradoiros, visitas de Papá Noel polas parroquias, a inauguración do belén municipal o 19 de decembro no parque de Xove, a presentación do vídeo promocional do Concello “Xove emociona”. A programación tamén ofrece cine, música, teatro, espectáculos para os máis pequenos, o V Concurso de Karaoke previsto para o día 26, a celebración do Día do Neno o 4 de xaneiro e a Cabalgata de Reis do día 5.
O Concello ten en marcha as campañas solidarias “Un xoguete, un sorriso”, que recollerá xoguetes na Omix ata o 14 de decembro e “Tapóns para unha...
leer más 04/12/2015
O Concello de Xove, xunto co IES Illa de Sarón, organizan un CICLO DE CINE AMBIENTAL E SOLIDARIO dirixido a tódolos alumnos/as do Instituto. O Ciclo está patrocinado polo Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA).
O ciclo, denominado BUTACA VERDE, de carácter documental, comprende as seguintes películas: “MARCHA ATRÁS”, “GREEN” E “AMAZONÍA CARBONIZADA”. O lugar das proxeccións vai ser o IES Illa de Sarón, con arranxo aos seguintes horarios:
Xoves, 10 de decembro:
-Ás 09:40 h: “GREEN” para os alumnos de 2º de ESO.
-Ás 12:50 h...
leer más 18/11/2015
A sala de exposicións do Centro Cívico de Xove acolle a mostra ‘A Paz Cuestión de Fondo’, organizada polo Concello en calidade de membro do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. A exhibición abriuse o día 5 de novembro e permanecerá na vila ata o 1 de decembro, con entrada de balde. A Exposición está aberta diariamente en horario de 10:00a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas. A entrada á mesma realízase pola porta principal do Salón de Actos.
A exposición, integrada por viñetas elaboradas por 28 autores de 16 países diferentes, convida a reflexionar sobre a pobreza como unha forma de inxustiza social que xera exclusión, racismo e violencia. Do mesmo xeito, a falta de oportunidades impídelle á sociedade medrar en condicións de...
leer más 26/10/2015
O Grupo de Sendeirismo da ACD.XOVE organiza o vindeiro 8 de novembro a Ruta Senda Costeira de Xove, unha proposta á que están convidados todos os amantes da natureza e coa que os organizadores queren contribuír ao mellor coñecemento da comarca mariñá.
O punto de saída é o Portiño de Morás, no que os participantes deben estar ás 9:30 horas. O traxecto é de 12 quilómetros, pero a dificultade do percorrido é baixa e cunha duración de tres horas e media. A inscrición é gratuíta e poderá facerse até o 6 de novembro na Piscina Municipal de Xove ou no teléfono 618976159. O xantar está previsto no bar A Cancela, de Morás, e consistirá nun cocido. A comida custa 22 euros -12 euros para os nenos- e vai por conta propia, previa...
leer más 19/10/2015
O Concello de Xove, a través do Departamento de Emprego e Desenvolvemento Local, vén de deseñar unha campaña para fomentar o emprego do galego no comercio e na industria do municipio. Entre as actividades propostas para alentar a compra local está un concurso no que os gañadores recibirán un vale de desconto nas empresas do municipio.
A campaña está subvencionada pola Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística e en colaboración coa Aciam.
Basta con realizar unha autofoto, popularmente coñecida como selfie, na que se mostra o eslogan da campaña, #EuMercoEnXove,EuMercoEnGalego, e envíala á dirección de correo electrónico concursoxove@gmail.com antes do 8 de...
leer más 11/10/2015
O próximo domingo, 18 de outubro, o Grupo de Sendeirismo da ACD Xove desprazarase ata Villanueva de Oscos (Asturias) para facer a Ruta Senda Verde del Agüeira.
Os organizadores explican que “a Ruta, que é circular, con saída e chegada no pobo de Villanueva de Oscos, vai darnos unha preciosa visión da comarca dos Oscos nesta estación outonal, pois toda a masa arbórea desta comarca é de folla caducifolia, que se mostra espectacular nesta parte do ano. Ademais de facer o Ruta, o grupo visitará, distintos puntos de interese natural de Os Oscos, xa que forma parte da Reserva da Biosfera Oscos, Eo e Terras de Burón”.
A programación da xornada é a seguinte:
Hora saída: en bus as 8:00 horas da mañá...
leer más 30/09/2015
Esta festa está organizada pola asociación de festexos Alto do Cruceiro. Os organizadores din: “antes de pasar a outras cousas, dicir que esta Festa a recuperamos nós despois de 16 anos sen celebrarse. O lugar onde se vai celebrar vai ser o Alto do Cruceiro, concretamente no Centro Social, nun espazo cultural inaugurado o paso ano e que está dedicado a un dos promotores desta festa, Onofre Louzao, falecido hai un par de anos. Este espazo está ao lado da carretera Viveiro-Ribadeo, a uns 150 metros, polo que o acceso á mesma é moi fácil e sinxelo. Inda que desexamos con todas as nosas forzas ter uns bos días climatolóxicos, pode pasar que non sexa así, e prevendo isto, dicir que a Festa vaise celebrar baixo unha carpa, polo que, de todas todas, imos estar a cuberto de inclemencias climatolóxicas. E para unha...
leer más 29/09/2015
Un ano máis, e antes de comezar a XXVII Tirada de Bolos Concello de Xove, o Concello, a través da súa Concellería de Deporte, xunto co IES Illa de Sarón de Xove, organizan unhas xornadas destinadas a promocionar o xogo dos bolos entre os alumnos/as da ESO.
Estas Xornadas véñense celebrando dende hai varios anos, contando coa colaboración do IES Illa de Sarón. Polas mesmas van pasar tódolos alumnos/as do IES, e nelas vánselles explicar os fundamentos deste xogo autóctono, e todos terán, así mesmo, a oportunidade de xogar.
As xornadas teñen, polo tanto, unha dobre vertente, con explicacións teóricas a cargo do técnico de Cultura, Mario Eijo, e unha parte práctica a cargo do xogador Modesto Albo, o máis veterano do Concello, de 86...
leer más 23/09/2015
Este domingo, 27 de setembro, a ACD.Xove xunto ao Concello de Xove organizan o Día da Bici Xove-2015.
O punto de inicio é o centro cívico ás 16:30 horas. As actividades do día inclúen unha ruta cicloturista por Xove, Regosanguento e Ponte do Carro en A Rigueira, ao longo de 13 quilómetros. Haberá actividades infantís, como globoflexia e pintura de caras e unha exhibición dun equipo de BMX. O participante máis veterano e máis novo, así como a bicicleta máis orixinal serán premiados. Haberá tamén o sorteo dunha bicicleta e material deportivo, agasallos e merenda. O uso do casco é obrigatorio. A inscrición está aberta ata 15 minutos antes do inicio da ruta.
Colaboran con esta actividade...
leer más 18/09/2015
Ábrese o prazo de inscrición para as Escolas Deportivas e Culturais da ACD Xove, para a vindeira temporada 2015-2016.
A data tope de inscrición será o 26 de setembro e o 3 de outubro será a presentación no salón de actos do Concello de Xove. As actividades darán comezo o 5 de outubro.
A Asociación Cultural-Deportiva ACD Xove, presenta as seguintes Escolas Deportivas e Culturais.
1.Xogos Predeportivos (nenos-as de 3-4 anos)
2.Patinaxe Artística ( de 5 ata 16 anos)
3.Fútbol Sala (de 5 ata 16 anos)
4.Fútbol 8 (de 7 a 12 anos)
5....
leer más