Ribadeo
A campaña do 25N deste ano do Concello de Ribadeo foi deseñada dentro da Mesa Interinstitucional contra a Violencia de Xénero. Está centrada na mocidade e protagonizada polos centros de ensino. Denomínase Calar non é amar. Ti, dona de ti e foi presentada no salón de plenos.O resultado do traballo realizado polo estudantado ribadense darase a coñecer o vindeiro xoves, 25 de novembro, ás oito da tarde no Cine Teatro. Mariluz Álvarez, a concelleira de Igualdade, convida á veciñanza a asistir a este acto.
A edil ribadense dixo que “dende a Concellaría de Igualdade presentamos a campaña deste ano do 25 de novembro, que foi deseñada dentro da Mesa Institucional contra a Violencia de Xénero. Esta vez céntrase na mocidade, protagonista proactiva en contra da violencia de xénero. O lema deste ano é Calar non é amar. Ti dona de ti. Queremos recordar...
leer másAcisa presenta as súas novas bolsas. Trátase dun paquete de 30.000 unidades, que están dispoñibles para o comercio e para a hostalaría asociados. Esta iniciativa realízase coa colaboración do Concello de Ribadeo.
Nesta ocasión preséntanse en tres formatos: un para o comercio de tamaño mediano e bolsas para botellas de viño e comida para levar para a hostalaría.
O xerete de Acisa, Jesús Pérez, dixo que “como adoitamos a facer polo Nadal este ano tamén entregaremos de forma totalmente gratuíta materiais aos nosos asociados e asociadas. Nesta ocasión fixemos un esforzo extra, dedicando preto de 12.000 euros do convenio do Concello de Ribadeo a este fin. Estamos diante da maior inversión en bolsas realizada nos últimos anos por Acisa, podendo así adquirir mais de 30.000 unidades, a cifra tamén mais alta dos últimos...
leer másCARTELERA CINE RIBADEO HASTA EL 25 DE NOVIEMBRE
VIERNES 19, SÁBADO 20 Y DOMINGO 21
-Harry Poter y la piedra filosofal – 17:30 horas
-Way down – 20:30 y 23:00 horas
-El lobo y el león – 18:00 horas
-Eternals – 20:00 y 23:00 horas
LUNES 22, MARTES 23 (DÍA DEL ESPECTADOR) Y JUEVES 25
-Way down – 20:30 y 23:00 horas
-Eternals – 20:00 y 23:00 horas
MIÉRCOLES 24 (SIN ESPECTÁCULO)
Este domingo, 21 de novembro, ás 17:00 horas, actuarán nas Anzas as Pandereteiras da Asociación Amigos da Gaita, continuando co ciclo Cultura nas Parroquias.
Tamén o domingo ás 20:00 horas no Auditorio Hernán Naval, ofrecerá un concerto De Botóns cunha selección de repertorio tradicional galego e das comarcas da contorna adaptadas e arranxadas para o instrumento chamado de botóns, que era como se lle chamaba ao acordeón diatónico en moitas zonas de Galicia. Ademais engádese un apartado de fotografías históricas de acordeonistas cun empeño singular por parte dos autores de rescatar fotos onde aparecesen mulleres tocando un instrumento tradicionalmente vinculado ao home. Despois de cinco anos dun traballo de recompilación de fontes orais e escritas, Carlos Quintá e Pedro Pascual presentan esta antoloxía de repertorio que xurde tanto dos...
leer másA Banda Municipal de Música de Ribadeo ofrecerá o seu tradicional concerto de Santa Cilla este sábado, 20 de novembro, ás 20:30 horas no auditorio municipal Hernán Naval. Nesta actuación a Banda tocará por primeira vez oito das nove pezas incluídas no programa e participarán tres solistas.
O director da formación, David Ballester Martínez, anunciou que “despois dun breve descanso, tras actuar nas festas patronais, a Banda Municipal de Música de Ribadeo retoma a súa actividade e, como non podía ser menos, faino co concerto de Santa Cilla, a patroa dos músicos. Este sábado, 20 de novembro, ás 20:30 horas no auditorio Hernán Naval terá lugar ese concerto e, como soemos facer en Santa Cilla, sempre nos gusta que algún dos nosos músicos pase pola experiencia de tocar de solista. Neste caso vamos ter tres: un pianista, que vai ser o alumno da...
leer másA Asociación de Profesores de Automoción de Galicia organiza en Ribadeo varios cursos para a construción atendendo á demanda laboral das empresas do sector. O presidente, Álvaro Doural, subliñou que serán cursos prácticos de 16 horas de duración cada un e estarán centrados en preparación de masas, na colocación de ladrillos, de alicatados e de solos de cerámica. O prazo de inscrición está aberto ata o 26 de novembro.
Doural explicou que “este é un novo proxecto, dando resposta ás necesidades que ten este sector produtivo. Son cursos de pouca duración pero moi especializados, que se desenvolverán en catro fins de semana, cunha duración de 16 horas cada un. Comprenderán cuestións básicas pero que son fundamentais, como preparación de masas, colocación de ladrillo, solado e alicatado”.
O presidente de Apaga dixo...
leer másCARTELERA DE CINE RIBADEO HASTA EL 18 DE NOVIEMBRE
VIERNES 12, SÁBADO 13 Y DOMINGO 14
-Way down 18:00, 20:30 y 23:00 horas
-Ron da error 17:45 horas
-Eternals 20:00 y 23:00 horas
LUNES 15, MARTES 16 (DÍA DEL ESPECTADOR) y JUEVES 18
-Way down 20:30 y 23:00 horas
-Eternals 20:00 y 23:00 horas
MIÉRCOLES 17 (SIN ESPECTÁCULO)
Os traballos de mellora e renovación da sinalización comercial e turística de Acisa Ribadeo xa deron comezo. Así o anunciou o xerente e portavoz da patronal ribadense, Jesús Pérez, xunto con Carmen Cruzado, membro da directiva de Acisa.
Pérez explicou que “esta semana comezaron os traballos de mellora e renovación da sinalización comercial e turística da vila. A primeira fase xa está case completada, procedeuse ao arranxo e renovado, tanto das estrutura coma da información que contiñan os paneis de benvida, tarefas que supuxeron un importante traballo despois de preto de 15 anos sen seren tocados. Os dous elementos xa renovados sitúanse na entrada da rotonda de O Xardín e na entrada pola estación de autobuses. Esta fase rematará coa instalación doutro panel na entrada pola estrada de Vegadeo, preto da Casa das Algas”.
... leer másO salón de plenos acolleu a presentación de Imos Andar, unhas andainas organizadas por Teresa Díaz coa colaboración da Concellaría de Deportes, que terán lugar os martes e os xoves ás 9:45 horas. Trátase dunha actividade gratuíta dirixida a mulleres e homes de calquera idade que queiran camiñar, socializar e pasar unha hora ao aire libre. O único que teñen que facer as persoas interesadas é presentarse nas escaleiras da praza de abastos, ás nove e media da mañá, os martes e os xoves. As rutas arrincarán o 16 de novembro. No acto de presentación estiveron: Teresa Díaz, promotora da iniciativa; o alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez; o concelleiro de Deportes, Jorge Díaz, e o técnico municipal de deportes, Iván Rodríguez.
O concelleiro de Deportes, Jorge Díaz, sinalou que “serán dous días á semana para empezar, os martes e os xoves, de dez...
leer másO circuíto de teatro profesional Aparte da Vicepresidencia da Deputación de Lugo fai parada esta fin de semana na Mariña Lucense. O Auditorio Hernán Naval de Ribadeo acollerá dúas representacións da obra “Formigas no peto” de Ítaca Teatro, unha proposta innovadora e orixinal que une a narración oral co teatro de imaxes.
Este espectáculo fala da memoria individual e colectiva a través de varias personaxes moi recoñecibles e familiares vencelladas á nosa vida cotiá, desde as avoas ata nós mesmos, que camiñan polo Bazar da Memoria do protagonista. De xeito unipersonal narra, sente e viaxa por momentos e emocións da súa infancia, o seu fogar.
Na montaxe, a segunda da súa traxectoria, a compañía Ítaca afonda na capacidade do teatro para comunicar e transmitir emocións e dá un paso máis na experimentación con códigos...
leer más