Ribadeo

Etiquetas:
22/10/2021

CARTELERA CINE RIBADEO HASTA EL 28 DE OCTUBRE

VIERNES 22, SÁBADO 23 Y DOMINGO 24
-“Venom: habrá matanza” – 18.15, 20:30 y 23:00 horas
-“La familia Addams 2” – 18:00 horas
-“El buen patrón” – 20:15 y 23:00 horas

LUNES 25, MARTES 26 (DÍA DEL ESPECTADOR) Y JUEVES 28
-“Venom: habrá matanza” – 20:30 y 23:00 horas
-“El buen patrón” – 20:15 y 23:00 horas

Etiquetas:
21/10/2021

A Concellaría de Cultura de Ribadeo programa para este fin de semana a presentación dun libro e unha actuación de monicreques.

O domingo, 24 de outubro, ás 12:00 horas, na Casa do Viejo Pancho, terá lugar a presentación do libro titulado La naturaleza en el aula da asturiana Claudia López e a ribadense Patricia Muíña. A pedagoxía a través dos recursos próximos e cotiáns é a razón de ser da obra destas autoras.

Tamén o domingo Os monicreques de Kukas presentan Don Gaiferos. Será no Auditorio Municipal Hernán Naval, ás 20:00 horas e o prezo da entrada xeral é de 5 euros, para persoas desempregadas, estudantes e xubiladas 3€. Trátase dunha obra de teatro con monicreques de fíos e música en directo que, partindo do romance popularizado por Faustino Santalices e incorporando cancións e músicas do folclore galego, conta...

leer más
Etiquetas:
19/10/2021

Ribadeo súmase á campaña de Ecovidrio, da Fundación Sandra Ibarra, da Xunta e dos Concellos no día mundial da loita contra o cancro de mama. E faino coa instalación dun contedor rosa no parque de San Francisco para visualizar, divulgar e concienciar sobre esta enfermidade.

O concelleiro de Medio Ambiente, Jorge Díaz, dixo que “hoxe, 19 de outubro, o Concello de Ribadeo súmase á campaña mundial contra o cancro de mama. É unha campaña de eido estatal, a través da Fundación Sandra Ibarra que colabora con Ecovidrio, á cal nos sumamos. É unha iniciativa a través de Ecovidrio e as comunidades autónomas, a través dos Concellos”.

O edil ribadense sinalou que “ten carácter de visualización e vai estar no parque San Francisco un contedor de cor rosa, identificativo con este día. Leva o lema de Coidate e coida o medio...

leer más
Etiquetas:
18/10/2021

A Organización de Produtores Pesqueiros de Lugo, en colaboración con Armadores de Burela, organiza este xoves unha xornada dirixida a uns cen alumnos e alumnas de 4º ESO dos centros educativos de Burela: «Posta en valor dos Oficios do Mar».

A xornada terá lugar no salón de actos de Absa desde as 11 da mañá e contará coa presenza dos directores das Escolas Náuticas conveniadas co porto de Burela (Ferrol e Culleredo), que presentarán as opcións educativas e formativas dos seus ciclos náutico-pesqueiros.

Durante a xornada tamén haberá un espazo para as experiencias reais de titulados náutico-pesqueiros, que contarán en primeira persoa armadores, patróns, xefes de máquinas ou alumnos que están realizando prácticas en buques da frota local. Finalmente, tamén se destacarán algunhas experiencias de mulleres profesionais...

leer más
Etiquetas:
18/10/2021

Segue aberta a inscrición nas actividades formativas de Apaga (Asociación de Profesores de Automoción de Galicia) que se desenvolven no último trimestre de 2021. Os días 6 e 7 de novembro terá lugar un curso de soldadura tig. 

A fin de semana pasada celebrouse o curso previsto sobre soldadura mig mag. Foi o sábado e o domingo nas instalacións de Apaga en Vilar.  A duración foi de 16 horas. 

O presidente de Apaga, Álvaro Doural, subliñou que “estas accións formativas foron programadas tendo en conta as demandas das empresas e as necesidades de xente formada. Non podemos asegurar que vaia haber inserción laboral inmediata, pero a xente que verdadeiramente queira traballar neste sector ten moitas posibilidades de poder inserirse laboralmente polos contactos e a relación que nós temos con empresas do sector”.

... leer más
Etiquetas:
15/10/2021

CARTELERA CINE RIBADEO HASTA EL 21 DE OCTUBRE

VIERNES 15, SÁBADO 16 Y DOMINGO 17
-“Venom: habrá matanza” – 18:15, 20:30 y 23:00 horas
-“La familia Addams” – 18:00 horas
-“Madres paralelas” – 20:15 horas
-“Sin tiempo para morir” – 23:00 horas

LUNES 18, MARTES 19 (DÍA DEL ESPECTADOR) Y JUEVES 21
-“Venom: habrá matanza” – 20:30 y 23:00 horas
-“Madres paralelas” – 20:15 horas
-“Sin tiempo para morir” – 23:00 horas

14/10/2021

Acisa organiza de novo a campaña Tarxeta Aforro con descontos no combustible na estación de servizo Valcarce, de Ribadeo. Será do 15 de outubro ao 14 de decembro. O presidente e o xerente de Acisa, Francisco Iriarte e Jesús Pérez, foron os encargados de presentar esta iniciativa, que nas anteriores edicións foi un éxito. 

Iriarte explicou que “o obxectivo desta campaña é o fomento da actividade comercial durante dous meses mediante a fidelización do cliente tanto da vila como visitantes a través de tarxetas de desconto de 0´09 euros por litro de combustible”.

Pérez dixo que “as tarxetas Acisa Aforro de desconto obteranse gratuitamente realizando as compras en calquera dos establecementos asociados a Acisa Ribadeo, e so se entregará unha por cada tícket de compra cun gasto mínimo de 10 euros. Esta promoción é...

leer más
Etiquetas:
14/10/2021

Ata o 1 de novembro está aberto o prazo de inscrición para participar no XVI Mercado de Nadal de Ribadeo, que se celebrará do 3 ao 8 de decembro. 

O concelleiro de Desenvolvemento Local, Comercio e Turismo, Pablo Vizoso, dixo que “un ano máis o Mercado de Nadal aporta por ser un espazo de oportunidade para as persoas e profesionais relacionadas coa artesanía, o deseño e a creación e tamén coas persoas produtoras, dando visibilidade ao seu traballo e ao talento creativo e innovador. Está especialmente dirixido a persoas produtoras e creadoras da zona”. 

O edil ribadense explicou que “o prazo de inscrición está aberto ata o día 1 de novembro. Establécense varias categorías: persoas artesás, é dicir con capacidade para exhibir e vender pezas que sexan producidas de forma artesanal e de autoría propia; produtos de...

leer más
Etiquetas:
13/10/2021

A Concellaría de Cultura do Concello de Ribadeo programa para os vindeiros días diversas actuacións musicais, infantís, literarias e exposicións.

O sábado, 16 de outubro, ofrecerá un concerto María do Ceo. A actuación terá lugar no auditorio municipal Hernán Naval ás 20:30 horas. O prezo da entrada é de 10 euros e poden mercarse no Restaurante Lar de Manolo, Cafetería Mareta e na Cafetería do Eroski, ademais de na billeteira do auditorio o propio día do concerto desde as 19:30 horas.

O domingo, 17 de outubro, haberá función de títeres de luva con Mircromina para toda a familia nun espectáculo sobre a igualdade e a conciliación que terá lugar no auditorio municipal Hernán Naval ás 17:30 horas. O prezo da entrada é de 3 euros. Tamén o domingo terá lugar a presentación de Poemarios de Xulio Pardo de Neyra. A...

leer más
Etiquetas:
09/10/2021

Concertos, teatro, monicreques e exposicións conforman a axenda cultural do último trimestre do ano en Ribadeo, que presentou a concelleira Pilar Otero. 

A edil de Cultura lembrou que “comezabamos o mes de outubro coa 18 edición da Mostra de Teatro Afeccionado Daniel Cortezón. É esta unha vertente do traballo teatral moi importante non só desde o punto de vista artístico, tamén pola dinámica social que se crea arredor destas formacións teatrais. A través do ciclo Argalladas da Área de Cultura da Deputación de Lugo actuará tamén neste trimestre Teatro Curuxán, de Lugo”.

Pilar Otero contou que “canto ao teatro profesional este ano Ribadeo recunca no programa Platea. A través del teremos ocasión xa de ver este sábado ás 20.00 horas no auditorio municipal Intocables, de Adosado Teatroa e Pentación. Ademais a...

leer más