Ribadeo

Etiquetas:
24/09/2021

A Asociación de Profesores de Automoción de Galicia (Apaga) presentou a súa oferta formativa para o último trimestre deste 2021. Son un total de 6 cursos, que foron organizados atendendo á demanda das empresas da zona. O primeiro, sobre eléctrodo revestido, terá lugar os días 2 e 3 de outubro. 

O presidente de Apaga, Álvaro Doural, dixo que “para o último trimestre do ano desde a asociación Apaga presentamos unha serie de accións formativas, enfocadas tendo en conta as demandas das empresas e as necesidades de xente formada. Hai dous bloques: no primeiro están os cursos de soldadura, tanto de eléctrodo revestido como de sistema Mig-Mag e Tig, ademais doutras tres accións, que son cursos de tubaxe industrial, de soldadura de aluminio e de calderero”. 

Doural explicou que “son accións sumamente demandadas polas...

leer más
Etiquetas:
24/09/2021

O Concello de Ribadeo colabora co I Torneo de Rugby 7 Inclusivo que se celebra mañá, sábado, no Campo de Outeiro na parroquia da Devesa. No evento participan 7 clubs mixtos galegos e asturianos. 

O edil de Deportes, Jorge Díaz, explicou que “arredor de 80 xogadores e xogadoras de rugby inclusivo mixto daranse cita mañá a partir das tres da tarde no Campo de Outeiro (A Devesa, Ribadeo) para disputar o I Torneo de Rugby 7 Inclusivo”.

O concelleiro ribadense subliñou que “o Concello de Ribadeo, no seu afán de promover iniciativas que se adapten a todos os públicos, colabora co club BeOne Ribadeo Rugby poñendo a disposición as instalacións, carpas  e outros material precisos para o bo desenvolvemento do torneo. O mesmo tempo o club BeOne Ribadeo Rugby colabora na difusión do Rugby en Ribadeo participando nas escolas...

leer más
Etiquetas:
23/09/2021

CARTELERA CINE RIBADEO GASTA EL 30 DE SEPTIEMBRE
1-Dune VSDLMJ 20:00 y 23:00 horas
1-No respires 2 VSD 18:00 horas

2-Dune VSD 17:30 horas
2-No respires 2 VSDLMJ 20:30 y 23:00 horas 

Etiquetas:
22/09/2021

A Concellaría de Cultura de Ribadeo segue co seu programa Cultura nas Parroquias e este fin de semana haberá actuacións de grupos de música tradicional en Couxela e en Piñeira.

O sábado, 25 de setembro, en Couxela actuarán as Pandereteiras da Asociación Amigos da Gaita. Será a saída da misa.

E o domingo, 26 de setembro, en Piñeira estará Seimeira. A actuación terá lugar á entrada e á saída da misa.

 

Etiquetas:
20/09/2021

Ribadeo acollerá un obradoiro teatral que se celebrará, o vindeiro sábado, 25 de setembro, previo á función teatral da compañía Anabel Díaz Producciones, A casa de Bernarda Alba. Ás dúas actividades inclúense no ciclo Camiño Escena Norte, que trae á nosa comunidade compañías da cornixa cantábrica e leva a esas comunidades compañías galegas.

Segundo informa a Concellaría de Cultura ribadense o obradoiro, impartido pola directora da compañía, Anabel Díaz, abordará a contextualización do espectáculo A mamá: unha nova mirada da casa de Bernarda Alba. Desenvolverase no vestíbulo do Auditorio Hernán Naval, na rúa Bos Aires, 14, en horario de 17:30 a 19:00 horas. O número máximo de participantes é de 15 persoas, que deberán coñecer o texto ou ben a historia e trama do espectáculo. A inscrición pódese facer no correo coordinació...

leer más
Etiquetas:
17/09/2021

Mañá, 18 de setembro, celébrase a VII Media Maratón Ribadeo-As Catedrais. A carreira dará comezo ás cinco da tarde e nela participan 763 atletas. Todos os que completen o percorrido recibirán unha medalla conmemorativa xentileza de Acisa Ribadeo, que colabora deste xeito con esta proba.

O concelleiro de Deportes, Jorge Díaz, declarou que “este sábado a partir das cinco da tarde a sétima Media Maratón volve andar, despois do paréntese que nos deixou a covid. Neste evento van correr 763 participantes, dos cales son 600 homes e 163 mulleres. Haberá cortes de estradas por onde pase a carreira, pero serán tempos curtos, entre quince e trinta minutos por zona. Debido ao protocolo da Federación Galega de Atletismo, cada vinte segundos sairán dez participantes”.

O edil ribadense subliñou que “unha das novidades que temos...

leer más
Etiquetas:
17/09/2021

CARTELERA CINE RIBADEO HASTA EL 23 DE SEPTIEMBRE 

1 DUNE VSDL MJ 20:00 23:00 
1 LA PATRULLA CANINA: LA PELÍCULA VSD 18:00 

2 AFTER. ALMAS PERDIDAS VSDL MJ 23:00 
2 DUNE VSD 17:30 
2 SHANG-CHI Y LA LEYENDA DE LOS DIEZ ANILLOS VSDLMJ 20:30

Etiquetas:
16/09/2021

No Auditorio Municipal este venres, 17 de setembro, durante toda a mañá, sete grupos de escolares visitarán a exposición de autómatas Kinético, onde os artífices do proxecto Xira Paus, Manu Taboada e Ero Vázquez, lles explicarán ás crianzas o funcionamento destas maquinarias e como manipulalas. Esta actividade lévase a cabo a través da colaboración cos centros de ensino e co patrocinio da Área de Vicepresidencia da Deputación de Lugo. A mostra tamén se pode visitar pola tarde, entre as 17:30 e as 19:30 horas.

O domingo, 19 de setembro, seguindo coas actividades nas parroquias, actuará o contacontos Celso Fernández Sanmartín que estará na Escola de Vilaselán ás 12:00 horas, no Teleclube de Santalla ás 18:00 horas e no Círculo Habanero A Devesa ás 20:00 horas.

 

Etiquetas:
15/09/2021

O vindeiro venres, 17 de setembro, ás sete da tarde será inaugurada na Oficina de Turismo a exposición O porto de Ribadeo.Testemuñas do pasado na que se poderán ver preto de 200 pezas localizadas na campaña arqueolóxica realizada no Galeón de Ribadeo e no antigo fondeadoiro portuario. A mostra permitirá demostrar a presenza continuada de navegantes e de buques na ría desde o século V antes de Cristo ata os nosos días e amosar a riqueza histórica do leito mariño ribadense. A exposición, que está organizada polo Concello de Ribadeo, foi presentada polo alcalde, Fernando Suárez, a concelleira de Cultura, Pilar Otero, e o comisario da mostra, Miguel San Claudio. 

O alcalde, Fernando Suárez, subliñou que “estamos moi orgullosos e moi ilusionados de que, por primeira vez na historia, imos poder facer unha exposición con obxectos reais, máis aló...

leer más
Etiquetas:
15/09/2021

A Concellaría de Deportes anunciou a apertura do prazo de matrícula nas escolas deportivas de inverno. Vanse impartir once modalidades. As persoas interesadas poden inscribirse ata o día 30 de setembro.

O concelleiro de Deportes, Jorge Díaz, declarou que “outro ano máis vimos de abrir o prazo de matrícula das escolas deportivas desde hoxe, 15 de setembro, ata o día 30 deste mes. Comezarán as escolas nese período, como moi tarde a última que empezará será o 15 de outubro, e rematarán entre o 15 de maio e o 15 de xuño”. 

O edil explicou que “son once modalidades deportivas: atletismo, baloncesto, fútbol, fútbol sala, hóckey liña, natación, pádel, patinaxe, ximnasia rítmica, rugby e tenis de mesa”.

Jorge Díaz engadiu que “dada a situación que levamos arrastrando, que non fai falta xa...

leer más