Ribadeo
Do 8 ao 23 de maio terá lugar a VIII Quincena do Mar nos catro restaurantes do porto deportivo de Ribadeo: San Miguel, Náutico, Marinero e La Solana. Coa iniciativa gastronómica colabora nesta edición a Xunta de Galicia.
No acto de presentación, que tivo lugar esta tarde no porto ribadense, o hostaleiro José Blanco, de La Solana, en nome dos organizadores dixo que “hoxe queremos presentarvos a VIII Quincena do Mar. Estas quincenas foron organizadas xunto ao porto deportivo de Ribadeo en colaboración cos hostaleiros que temos locais nesta zona. Do 8 ao 23 de maio queremos poñer en valor a calidade, variedade e riqueza dos nosos produtos do mar de proximidade, produtos cos que traballamos nos nosos restaurantes día a día”.
Blanco explicou que “os locais que participamos nestas xornadas presentaremos diferentes...
leer másO Concello ultima os preparativos do I Half Triatlón Ribadeo que se celebrará o vindeiro 15 de maio. O edil de Deportes, Jorge Díaz, salienta a importancia desta proba nacional e o impacto económico que pode ter dado o alto nivel de participación.
O concelleiro ribadense lembrou que “o vindeiro 15 de maio se fará, por primeira vez, un triatlón de carácter nacional, a través tanto da Federación Galega como da Federación Nacional. O Concello colabora intensamente coa organización. É un percorrido moi transversal no senso de que toca o ámbito tanto urbano como practicamente todas as parroquias polas que pasa ou ten influencia, incluso ten bastante influencia noutros concellos como Barreiros e Trabada”.
O edil de Deportes explicou que “a proba sae dos Bloques, ese entorno tan característico da ría de Ribadeo, aí faise...
leer másO vermú Arnao, elaborado en Ribadeo por Discosta Norte SL, acaba de poñerse á venda en hipermercados de toda España. Xa pode mercarse nas grandes superficies de Alcampo e en breve estará tamén nas de Carrefour e Makro, entre outras.
O xerente de Discosta Norte, José Antonio Veiga, explica que empezaron a elaborar o vermú Arnao no ano 2019 “para distribuílo a nivel comarcal, para os nosos clientes de hostalería. Queríamos ter un produto propio que supuxera un impulso para a imaxe da empresa, dentro dos cambios que estamos a facer. En principio só se vendía nos bares da zona, non estaba nin nas tendas da comarca. Pero como foi gustando moito e tendo boa aceptación ampliamos a distribución a tendas, que empezaron a pedírnolo para vendelo a particulares. E a partir de aí tivemos que traballar moito a nivel comercial porque a competencia é moi...
leer másA Concellaría de Cultura de Ribadeo programa para este domingo, 9 de maio, unha actuación de Raquel Queizás con Cinema Marabillas. A representación terá lugar no Auditorio Municipal Hernán Naval ás 17:30 horas. Inclúese no programa Apego e está dirixida a nenas e nenos de 3 anos en diante. O prezo da entrada é de 3 euros.
Trátase de adaptacións cinematográficas inspiradas nos contos e nos libros clásicos da literatura co obxectivo de facer ver que esas historias coñecidas poden contarse de diferentes maneiras. Os protagonistas destes relatos son nenas e nenos que teñen preocupacións, e reflicten sobre o mundo no que viven e as etapas evolutivas das espectadoras máis cativas. Axudan a formar o seu pensamento crítico sobre temas como a amizade, o amor, a igualdade de xénero ou o respecto polo diferente.
O cantautor Javier Álvarez ofrecerá un concerto este xoves, 6 de maio, ás 20:00 horas no Teatro de Ribadeo. A actuación enmárcase no ciclo Outras Músicas, organizado polo Concello ribadense. O prezo da entrada é de 3 euros.
O músico madrileño presentaba en 2018 o seu disco titulado 10, que significaba o seu regreso ao ambiente discográfico, coincidindo co décimo traballo da súa carreira de máis de tres décadas, cando a mediados dos 90 se daba a coñecer cos seus primeiros éxitos con cancións como La edad del porvenir.
Ten intervido en múltiples colaboracións cos artistas máis recoñecidos a nivel nacional e internacional, e numerosas versións de temas clásicos. Ademais segue a ser fiel á súa busca incansable de fórmulas innovadoras alleas ás habituais do mercado musical e tamén escolle os escenarios nos que ofrece...
leer másA Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo recupera as actividades con público a través das clásicas audicións de primavera que impulsa o centro. A primeira será mañá, 29 de abril.
A Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo impulsa cada curso escolar unha serie de audicións das diferentes disciplinas que ofrece o centro nas que participa boa parte do alumnado da Escola. As deste curso 2020-2021 son, se cabe, máis especiais que as doutros anos xa que serán as primeiras actividades con público que leve a cabo a EMMeD dende o inicio da pandemia da covid-19.
O responsable da Escola, Hugo García, sinalou: “consideramos que estamos en condicións de recuperar unha certa presencialidade no noso día a día como xa fixemos coas clases, garantindo todas as medidas de seguridade e hixiene e coa...
leer másA Concellaría de Cultura de Ribadeo programa para este domingo, 2 de maio, a actuación de Talía Teatro que chega con Vida de cans. A representación terá lugar no Auditorio Municipal Hernán Naval ás 20:00 horas. O prezo da entrada xeral é de 4 euros e 3€ para estudantes, desempregad@s e xubilad@s.
Trátase dun espectáculo escrito e dirixido por Cándido Pazó, con Dani Trillo, Toño Casais e Artur Trillo nunha alegoría canina en cinco ladridos escénicos representada por un dálmata novo e ben educado, un vello e sabio setter e un cruce fillo da diversidade.
Tapea con mamá é a nova campaña gastronómica que pon en marcha Acisa Ribadeo os días 1 e 2 de maio. A cita, na que participan 17 establecementos asociados, ven completar a programación da asociación para a súa campaña do dia da nai.
O xerente de Acisa, Jesús Pérez, manifestou: “creemos que esta é unha boa oportunidade para reactivar as accións de dinamización hostaleira con sentidiño, ven programada e cumprindo todas as normas de seguridade. Xa hai mais dun ano que case non se fai algo para o sector e toca reactivalo, a modiño, con prudencia pero con ilusión. A vida segue, e debemos retomar as actividades perdidas, do mellor xeito que poidamos”.
Pérez Prada explicou que “nesta primeira actividade da hostalaría deste ano participan un total de 17 establecementos. Dende o próximo mércores haberá en todos eles...
leer másDio comienzo en Ribadeo el curso sobre venta online y redes sociales, organizado por Apaga. Desde ayer se celebrará todos los domingos por la tarde hasta el próximo 23 de mayo. Está siendo impartido por Andrea Lombardía y Silvia Martínez. Los destinatarios son el comercio local, las pymes y las microempresas.
El presidente de Apaga, Álvaro Doural, señalaba hace unos días que “gozamos de tener unos productos de alta calidad y de dar unos servicios francamente formidables. Eso lo sabemos todos, pero muchas veces no se llega a la gente o no se sabe cómo llegar, y por eso al final se va a otro sistema de compra que resulta más fácil. Pienso que este tipo de cursos están abiertos a todo tipo de entidades, no sólo las que vendan algo sino para aquellas que quieran posicionarse en las redes para dar a conocer lo que están haciendo. Eso es...
leer másA Área de Cultura do Concello de Ribadeo programa para este domingo, 25 de abril, a actuación de Teatro dos Ghazafellos que presenta a obra As pitas baixo a choiva. A función terá lugar no Auditorio Municipal Hernán Naval de Ribadeo ás 17:30 horas. O prezo da entrada é de 3 euros.
Conta a historia de Ludivina e Tereija que son dúas pitas que viven no curral da Barreira. Están agardando a visita de Ricardiño, o neno que ven ás veces xogar con elas, pero temen que choiva pois cando iso pasa Ricardiño tolea e perségueas ata pechalas no curral. Coa axuda do galo Chafarís e o raposo Rosende, tentarán que o neno deixe de tolear coa choiva e sega a xogar con elas.
Trátase dunha adaptación do conto de Ricardo Carvalho Calero As pitas baixo a choiva, baseado en historias de Xentes da Barreira, O Lar de Clara, O país de...
leer más