Ribadeo
La galería Terra Branca, que permanece cerrada durante el estado de alarma, ha decidido rendir homenaje a Ribadeo a través de la obra pictórica de Mariángel Leal. Y lo ha hecho con un vídeo que ha colgado en las redes sociales y que ya supera las 2.000 visitas.
El propietario de Terra Branca, José Ramón Leal, señala que “aunque la galería está cerrada aprovechamos este tiempo de confinamiento en casa para darle rienda suelta a nuestra creatividad. Y apoyándonos en la obra pictórica de Mariángel Leal hemos hecho un vídeo para rendirle homenaje a Ribadeo y para decirle a la gente que aquí seguimos y que aquí les esperaremos en cuanto toda esta situación se normalice”.
En el vídeo elaborado por Terra Branca Audiovisuais se pueden ver cuadros de Mariángel Leal en los que se observan el puerto, la Illa Pancha, la...
leer másA praia das Catedrais, en Ribadeo, tamén está confinada. Hoxe, Venres Santo, sería un dos días de maior afluencia de visitantes xunto co 15 de agosto, e a imaxe que esta tarde presentaba o areal era desoladora. As ondas batendo contra as rochas son as auténticas protagonistas esta Semana Santa xunto ás gaivotas e ás vacas, que alleas ao que acontece, seguen co seu pasto tranquilo a carón do mar, entre As Catedrais e Esteiro.
Hoxe todo estaba baleiro en Augas Santas: os aparcadoiros, os baños, o paseo, os sendeiros, as escaleiras de baixada ao areal. Ata o ceo se tornou de cor gris. Parecera que As Catedrais estivesen tristes por tanta soidade.
Milleiros de persoas aproveitaban anos atrás para visitar As Catedrais durante estas vacacións. Tamén é certo que o areal e os seus arredores se rexenerarán de xeito...
leer másA Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos (ACISA) de Ribadeo acaba de editar un vídeo para animar á cidadanía e lembrar o marabilloso que é Ribadeo. Este traballo audiovisual xa pode verse nas redes sociais de ACISA.
Neste vídeo, que está elaborado con material gráfico de eventos e lugares de Ribadeo, baixo a idea de que “xa falta pouco” a asociación empresarial ribadense destaca que cada vez queda menos para facer todo o que botamos en falta: abrazarnos, brindar, saír, pasear, festexar …
O presidente de ACISA Ribadeo, Francisco Iriarte, explica que “son momentos difíciles, cada día se fai máis costa arriba para todos, por iso quixemos levantar o ánimo dos nosos veciños e veciñas, amigos, familiares … Pero temos que ter a moral alta e ser positivos para aguantar o que queda. E para axudar a...
leer másA Asociación de Profesores de Automoción de Galicia (APAGA) pon en marcha un curso online sobre son no automóbil. A actividade será gratuíta e poderá realizarse a través da súa plataforma de formación. As persoas interesadas en realizalo deben anotarse en apagaribadeo@gmail.com. O curso estará listo a vindeira semana. Apaga explorará outras vías para seguir coa súa actividade formativa durante o estado de alarma e nos vindeiros meses.
O presidente de Apaga, Álvaro Doural, cre que “debemos poñernos en marcha e convivir coa situación que hai neste momento. Entón nós, desde a nosa plataforma de formación, creo que podemos axudar a continuar co proxecto formativo e que a xente que de momento está nas casas, e teña algún interese, conte coa posibilidade de poder facer algún curso a distancia”.
... leer másO Concello de Ribadeo pon en marcha unha iniciativa para fomentar unha alimentación de proximidade na vila ante a situación de emerxencia sanitaria ocasionada polo coronavirus.
Co lema Ribadeo Agroalimentario, por unha alimentación máis próxima as Concellarías de Desenvolvemento Local, Comercio e Turismo xunto coa de Igualdade, Ensino e Mocidade queren poñer en valor o traballo das persoas produtoras e provedoras de produto local ante as actuais circunstancias e animan ao consumo responsable, xusto para as produtoras e sostible ambientalmente. Esta iniciativa aglutina os programas de entrega a domicilio de produtos das praceiras e praceiros do Mercado de Abastos así como das produtoras de horta de Ribadeo.
Para o desenvolvemento desta campaña activouse unha web agroalimentario.ribadeo.gal dentro do portal...
leer másAs praceiras e praceiros do mercado de abastos de Ribadeo farán reparto a domicilio durante o estado de alarma. Trátase dunha campaña que pon en marcha a Concellaría de Desenvolvemento Local en colaboración cos vendedores da praza, segundo deu a coñecer esta mañá o edil Pablo Vizoso.
O concelleiro ribadense explicou que “a Área de Desenvolvemento Local e en colaboración cos persoas praceiras da praza de abastos de Ribadeo pon en marcha unha campaña para promocionar un servizo de reparto a domicilio dos produtos vendidos polos postos de alimentación do mercado de abastos con fin de facilitar as compras á veciñanza e ademais permitir que #Ribadeoquedenacasa”.
Vizoso Galdo dixo que “o servizo estará en funcionamento durante o estado de alarma e as persoas interesadas poden poñerse en contacto cos praceiros/as que...
leer másO Concello de Ribado e BeOne poñen a disposición dos veciños e das veciñas unha aplicación gratuíta para adestrar e manterse en forma desde a casa nesta época de confinamento. Así o anunciou hoxe o alcalde, Fernando Suárez, Barcia.
O rexedor explicou que “desde o Concello de Ribadeo, a parte das outras cuestións nas que traballamos, estamos preocupados por estas medidas de confinamento. Os días van pasando e faise moi longo o tempo, a xente está a vivir entre catro paredes, e temos que poñer en práctica aquel dito latino que dicía mens sana in corpore sano, é dicir para estar ben mentalmente debemos ter o corpo ben. E para iso debemos facer deporte e para facer deporte na práctica totalidade dos casos é necesario saír e como non podemos facelo temos que aproveitar os recursos que a técnica ou a tecnoloxía nos permiten”.
... leer másO Concello de Ribadeo pon en marcha unha campaña para promover a venda directa dos produtos da horta e a súa entrega gratuíta nos domicilios das persoas interesadas no consumo local. Será mentres dure o confinamento, segundo explicou este mediodía o concelleiro de Desenvolvemento Local, Pablo Vizoso.
O edil contou que “o Concello, en colaboración coas persoas produtoras e labregas de Ribadeo inscritas no REAGA, ven de poñer en marcha unha campaña para promover a venda directa dos produtos da nosa horta e a súa entrega nos domicilios das persoas interesadas en consumir o noso produto local”.
Vizoso indicou que “as persoas consumidoras poderán ter as súas cestas de produtos de tempada e frescos na súa casa poñéndose en contacto coa produtora que elixa, que lle informará sobre a dispoñibilidade de cada produto e...
leer másA Concellaría de Cultura fixo públicas as bases do IV Certame Xuvenil Literario e de Artes Plásticas Concello de Ribadeo. Poden participar aquelas rapazas e rapaces da Mariña, que teñan entre 16 e 30 anos, nas modalidades de relato curto, poesía e debuxo.
A concelleira de Cultura, Pilar Otero, declarou que “o decreto do estado de alarma nos colleu a piques de difundir as bases do IV Certame Xuvenil Literario e de Artes Plásticas Concello de Ribadeo. De todas maneiras decidimos facelas públicas igualmente máis sen facer referencia a prazos nin modo de envío dos traballos, por razóns obvias”.
A edil explicou que “este certame se pon en marcha co fin de dar a oportunidade de demostrar a súa capacidade creativa ás mozas e mozos dos concellos da Mariña. Polo tanto poderán participar todas aquelas mozas e mozos que a 20...
leer másO Concello e as catro farmacias da vila poñen hoxe en marcha a campaña Mascarilla 19 para prestar atención ás mulleres vítimas de violencia de xénero. Aquelas persoas que estean a ser obxecto de agresións nos seus domicilios neste tempo de confinamento, que aproveiten algunha saída para achegarse á farmacia máis próxima e pronunciar as palabras Mascarilla 19. Neste momento activarase o protocolo de violencia de xénero do Concello de Ribadeo e daráselles toda a axuda que precisen. A concelleira de Igualdade, Mariluz Álvarez Lastra, anima á cidadanía a denunciar calquera caso que detecten entre os seus veciños.
A edil ribadense dixo que “desde a Área de Igualdade do Concello e a Mesa Institucional viñemos analizando estes días, nos que estamos todos recluídos nas casas, os riscos que suporía para aquelas mulleres que son vítimas de violencia...
leer más