Ribadeo
O quinto número de A Gaceta Ribadense, o xornal que se edita con motivo do Ribadeo Indiano, xa está na rúa desde hoxe, mércores.
A sexta edición do Ribadeo Indiano, que se celebra esta fin de semana, desde o venres 12 ata o domingo 14, está dedicada a Cuba. Este país, ao que emigraron naquela época moitas persoas desta zona, tamén ten un gran protagonismo na publicación, que neste quinto número aumentou o número de colaboradores e conta con 32 páxinas e unha tirada de 4.000 exemplares.
Nesta gaceta inclúese o programa de actos do Ribadeo Indiano e poderán ler artigos de novas firmas (Celia Castro, Carlos Arévalo, Álvaro Doural e Juan Fernández Andina) así como doutras que xa participaron en números anteriores: Antonio Fernández, Carlos Álvarez Lebredo, Pablo Rodríguez (Vivín), María José Fernández Azpeitia, Carmen...
leer másO 24 de agosto celebrarase a terceira edición da carreira nocturna Rinlo-Ribadeo.
A proba ten unha distancia de 8´7 quilómetros para a categoría Absoluta, 2´5 quilómetros para as categorías Infantil e Cadete, 600 metros para os alevíns, 350 metros para os benxamíns, 150 metros para os prebenxamíns e 60 metros para a categoría Pitufos.
As inscricións poden facerse en championchip.com e o prezo, nas categorías absolutas, é de entre 8 e 10 euros.
Á categoría Pitufos corresponden @s nad@s no ano 2014 e posteriores; Prebenxamín, do 2012/2013; Benxamín, do 2010/2011; Alevín, do 2008/2009; Infantil, do 2006/2007; Cadete, do 2004/2005; e Absoluta, do ano 2003 e anteriores.
A saída será ás 20:00 horas para a categoría Pitufos, ás 20:05 h. para os prebenxamíns, ás 20:15 h. para os benxamíns,...
leer másHoxe foi presentada a comisión organizadora das festas patronais de Ribadeo que está formada, por terceiro ano, por Juan José Otero, Avelino Martínez e Marta Saiz. Xunto a eles estiveron o alcalde, Fernando Suárez, e a concelleira de Cultura, Pilar Otero, para amosarlles o apoio do Concello. O rexedor destacou o traballo realizado pola devandita comisión que afronta o seu terceiro ano organizando as festas de San Roque e as de Santa María do Campo.
O alcalde, Fernando Suárez, manifestou que “por parte do Concello, tanto desde a Área de Cultura como do Concello en xeral, queremos apoiar publicamente o traballo, moitas veces ingrato, pero absolutamente abnegado e decidido destas persoas que son moi poucas, tanto de Juan como Avelino e Marta, por todo o que fixeron nestes anos e como se planifica tamén estas vindeiras festas da patroa e de...
leer másMais de 130 establecementos de toda a vila, socios e non socios da patronal ribadense repartirán as mais de 200.000 rifas que se poñen en circulación dende mañá, 4 de xullo, ata o mesmo día 14 deste mes, xornada na que terá lugar o sorteo da viaxe a Cuba no Ribadeo Indiano.
No VI Ribadeo indiano os seus organizadores: Concello de Ribadeo e Acisa quixeron dar un paso mais e levar a dúas persoas a Cuba, país ao que se dedica a edición deste 2019. Segundo explican “hai que seguir facendo este evento mais grande, introducindo novidades e reclamos para os ribadenses e visitantes. Ademais é un xeito de premiar e fidelizar as compras na nosa vila nunha época na que comezan as rebaixas e aumenta a afluencia turística”.
A viaxe que se sortea é para dúas persoas e será para desfrutar do 13 o 20 de setembro. O premio cubre o...
leer másO programa do VI Ribadeo Indiano preséntase cunha variedade de eventos que deron comezo coas antevésperas e as vésperas. Este sábado, 6 de xullo, iniciase un ciclo de cine cubano que se desenvolverá ata o vindeiro martes, día 9.
Este ciclo cinematográfico será presentado este sábado polo Cónsul da República de Cuba en Galicia, Ángel Torres Jaime, e as proxeccións serán no Teatro de Ribadeo, ás 23:00 horas o sábado e domingo, e ás 21:00 horas o luns e martes. Habanastation, Clandestinos, Un hombre de éxito e Fresa y chocolate son os filmes que se proxectarán.
O venres, 12 de xullo, ás 19:00 horas no Teatro celebrarase a presentación do VI Ribadeo Indiano que correrá a cargo do alcalde, Fernando Suárez; o Cónsul da República de Cuba en Galicia, Ángel Torres; o Cronista Oficial de Ribadeo, Eduardo Gutiérrez; e o...
leer másEn Cine Ribadeo estrenan "Los Japon" y "Spirdeman: lejos de casa". Sigue en cartelera "Toy Story 4".
CARTELERA CINE RIBADEO HASTA EL 10 DE JULIO
JUEVES 4
-“Toy Story 4” – 20:30 horas
-“La bilbioteca de los libros rechazados” - 23:00 horas
-“Godzilla: rey de los monstruos” – 20:15 y 23:00 horas
VIERNES 5, SÁBADO 6 Y DOMINGO 7
-“Spiderman: lejos de casa” – 17:30, 20:15 y 23:00 horas
-“Toy Story 4” – 18:00 horas
-“Los Japon” – 20:30 y 23:00 horas
LUNES 8
-“Spiderman: lejos de casa” – 17:30 y 20:15 horas
-“Los Japon” – 20:30 y 23:00 horas
MARTES 9 (DÍA DEL ESPECTADOR)
-“Spiderman: lejos de casa” – 17:30, 20:15 y 23:00 horas
-“Toy Story 4” – 18:00 horas
-“Los Japon” – 20:30 y 23:00 horas
MIÉRCOLES 10
-“Spiderman: lejos de casa” – 17:30 y 20:15 horas
-“Los Japon...
Do 5 ao 7 de xullo celébrase a sexta feira ribadense do libro Letras no campo. Participarán un total de oito librerías e tamén estará presente o servizo de publicacións da Deputación de Lugo. A concelleira de Cultura, Pilar Otero, salientou que, ademais das tradicionais presentacións de libros, haberá música, teatro e obradoiros para nen@s.
A edil dixo no acto de presentación que tivo lugar esta tarde na Biblioteca El Viejo Pancho: “quero comezar agradecendo o traballo feito aos técnicos de Cultura do Concello de Ribadeo, a todo o persoal que está implicado nesta organización e ao anterior concelleiro de Cultura, Farruco Graña, e por suposto agradecer a colaboración das librerías participantes”.
Pilar Otero destacou que “buscando a variedade na oferta, tratamos de conxugar tanto librerías da zona como Librería...
leer másLos residentes en las calles Diputación y San Lázaro, en la zona conocida popularmente como A Regueira, están organizando su tercera comida anual, que tendrá lugar el día 20 de este mes (sábado) en el restaurante Voar, de Ribadeo, a partir de las 14:30 horas.
El precio de la comida es de 30 euros y las tarjetas para participar en este encuentro vecinal pueden adquirirse en la tienda de Sargadelos, situada en la calle Reinante, número 22, de la villa ribadense, hasta el día 18, jueves.
Los organizadores señalan que “después del éxito de los almuerzos celebrados el año pasado y el anterior, estamos preparando este tercer encuentro”. Y animan “a todas aquellas personas que en algún momento de su vida residieron en este barrio a asistir a esta comida, en la que recordaremos vivencias de nuestro paso por esta zona de...
leer másO cupón da ONCE que se sorteará este xoves, 4 de xullo, promociona o Ribadeo Indiano. Son cinco millóns e medio de cupóns os que xa están á venda en todo o estado. O boleto foi presentado este mediodía no salón de plenos do Concello. No acto interviñeron o delegado territorial da ONCE en Galicia, Manuel Martínez Pan, a concelleira de Cultura, Pilar Otero, o presidente de Acisa, Francisco Iriarte, e o alcalde de Ribadeo, Fernando Súarez. Tamén asistiu a directora da ONCE en Lugo, Eva Lorente.
O delegado territorial da ONCE en Galicia, Manuel Martínez Pan, manifestou que “este cupón está dedicado a esta festividade que cada ano que pasa está acadando máis repercusión publica e con maiores índices de participación, e que se vai consolidando como unha das referencias na Mariña lucense para toda España. Pretendemos con este vehículo de...
leer másCARTELERA CINE RIBADEO HASTA EL 3 DE JULIO
JUEVES 27 JUNIO
-“Toy Story 4” – 20:30 y 23:00 horas
-“MIB: International” – 20:30 horas
-“El sótano de Ma” – 23:00 horas
VIERNES 28, SÁBADO 29 Y DOMINGO 30
-“Toy Story 4” – 18:00 y 20:30 horas
-“La biblioteca de los libros rechazados” – 23:00 horas
-“Godzilla: Rey de los Monstruos” – 17:30, 20:15 y 23:00 horas
LUNES 1 DE JULIO
-“Toy Story 4” – 20:30 horas
-“La biblioteca de los libros rechazados” – 23:00 horas
-“Godzilla: Rey de los Monstruos” – 20:15 y 23:00 horas
MARTES 2 DE JULIO (DÍA DEL ESPECTADOR)
-“Toy Story 4” – 18:00 y 20:30 horas
-“La biblioteca de los libros rechazados” – 23:00 horas
-“Godzilla: Rey de los Monstruos” – 17:30, 20:15 y 23:...












