Ribadeo
O grupo Compay Segundo actuará o 14 de xullo na vila. Trátase dun dos pratos fortes do VI Ribadeo Indiano, que organizan o Concello e Acisa. Entre as novidades deste 2019 figuran un Ciclo de Cine Cubano e o I Certame de Pintura Rápida. Ademais a ONCE dedica un dos seus cupóns ao Ribadeo Indiano.
Desde a organización indican que “despois de cinco anos nos que o éxito foi a máis, agora toca afrontar unha nova edición coa ilusión posta nunha celebración que nos dá a coñecer polo mundo adiante e que se ten convertido nunha das referencias fundamentais do verán”.
Unha nova edición, este ano dedicada a Cuba, cargada de propostas diferentes para facer que o Ribadeo Indiano reluza con máis esplendor. Esta edición celebrará os seus días fortes do 12 ao 14 de xullo e como novidade estrela o domingo no barrio de San Roque...
leer másO tren turístico de Ribadeo comeza a tempada de verán. Realizará oito viaxes diarias ata o 15 de setembro percorrendo a rúas máis emblemáticas da vila e o porto chegando ata o Faro da Illa Pancha. O tren sae das inmediacións da Oficina de Turismo.
Na presentación, celebrada esta mañá, o alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, dixo que “estamos moi satisfeitos de iniciar o verán con esta especialidade que temos tamén aquí en Ribadeo, que é este tren turístico que fai as ledicias de visitantes e de locais, porque, sobre todo pensando na xente de fora, que por un módico prezo, pode con comodidade coñecer todos os recunchos da vila, do casco vello e incluso da parte máis setentrional, continuado toda a marxe galega da ría de Ribadeo ata o Faro da Illa Pancha”.
O rexedor amosouse convencido de que “vai atraer a moitísima...
leer másO campo municipal Pepe Barrera, de Ribadeo, acollerá a celebración este sábado, 29 de xuño, do Campionato de España de Seleccións Autonómicas de Rugby 7 Feminino. Participarán os equipos de Galicia, Asturias, Cantabria, Murcia, Madrid, Cataluña, Baleares, Castela-León, Navarra, Andalucía e País Vasco. O evento foi presentado esta tarde no salón de plenos do Concello ribadense.
Guillermo Fernández, do Club de Rugby de Ribadeo, mostrouse “muy agradecido en primer lugar a la Federación por pensar en Ribadeo para este evento, y luego tanto a Diputación como a Xunta por el apoyo prestado. Como club local, somos un club joven, éste es nuestro tercer año en competición y organizar este tipo de eventos, con esta juventud, viene a decir es que somos un club muy activo. Iniciamos la actividad solamente hace tres años, a través de las escuelas...
leer másCoincidiendo con la próxima celebración del VI Ribadeo Indiano la galería Terra Branca presenta su colección de pulseras Esenciales de Ribadeo.
José Ramón Leal, propietario del establecimiento, explica que “hemos escogido tres cuadros de la pintora Mariángel Leal para plasmarlos en una colección de pulseras exclusivas”. Y subraya que “las piezas están hechas a mano con macramé, bronce y resina. Y recogen enclaves emblemáticos de Ribadeo como son la playa de As Catedrais, la Torre de los Moreno y la Illa Pancha. Esas son las tres obras de la artista elegidas para adornar esta colección de pulseras”.
Desde Terra Branca José Ramón Leal recuerda que “el año pasado sacamos una colección exclusiva de relojes de madera, que ya es todo un cásico en Terra Branca. Y en este 2019 queríamos rendir un homenaje a esos parajes...
leer más"Musiqueando polas parroquias" da Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo chegará a vindeira semana Remourelle, Vilaselán e Rinlo.
Segundo explica o responsable da EMMeD, Hugo García, “continuando cun dos principais obxectivos do centro, que é ser motor socio-cultural do concello, a escola vén de programar unha primeira quenda de pequenas actuacións polas parroquias do concello, para que as persoas que non residen no casco ribadense e lles poida resultar máis complicado asistir ás actividades que a EMMeD habitualmente programa, as poidan coñecer máis de cerca.
Nelas farase unha mostra do traballo que leva feito unha parte do alumnado do centro ao longo do curso”.
Nesta primeira quenda serán 3 as parroquias que contarán con actuacións da EMMeD:
- Remourelle, luns, 24 de xuño,...
O 23 de xuño arrinca unha nova edición dos Mercados dos Domingos, que se celebrarán na contorna da praza de abastos ata mediados do vindeiro mes de outubro. A cita está organizada polo Concello en colaboración coa asociación de produtores/as da horta A Sucadoira.
O alcalde, Fernando Suárez, dixo que “como cada tempada cos produtos da horta en plena ebullición de verán, volvemos retomar o noso Mercado dos Domingos, un mercado de produtores e produtoras locais, sen intermediarios, achegando así os produtos ás persoas consumidoras, do produtor á mesa poñendo en valor a economía máis próxima, potenciando o consumo de tempada e saudable, coidando do medio e con garantías de calidade e frescura”.
O rexedor lembrou que “o Mercado dos Domingos está organizado polo Concello de Ribadeo en colaboración coa asociación de...
leer másO 29 de xuño terá lugar un obradoiro destinado aos nenxs que leva por título "O pequeno comercio para os mais pequenos". Vaise desenvolver no centro de ocio infantil Con Sentidiño, que é un establecemento asociado a Acisa. A actividade, que é gratuíta, dará comezo ás 19 horas.
Segundo explica o xerente de Acisa, Jesús Pérez, “trátase dun taller de consumo no comercio local destinado aos máis pequenos e pequenas da casa”.
Pérez sinala que “o obradoiro dará comezo cun contacontos orientado aos nenos e nenas que lles pretende ensinar que coa compra local gañamos todos e conseguiremos un futuro mellor”.
Desde a xerencia da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos indican que “esta actividade estase a desenvolver en diferentes lugares de España. Desde Con Sentidiño...
leer másCARTELERA CINE RIBADEO HASTA EL 26 DE JUNIO
JUEVES 20
-“MIB: Internacional” – 20:30 y 23:00 horas
-“Aladdin” – 20:30 horas
-“X-Men: Fenix Oscura” – 23:00 horas
VIERNES 21 Y SÁBADO 22
-“Toy Story 4” – 18:00, 20:30 y 23:00 horas
-“MIB: Internacional” – 18:00 y 20:30 horas
-“El sotano de Ma” – 23:00 horas
DOMINGO 23
-“Toy Story 4” – 18:00, 20:30 y 23:00 horas
-“MIB: Internacional” – 18:00 horas
-“El sotano de Ma” – 20:30 y 23:00 horas
LUNES 24 Y MARTES 25 (DÍA DEL ESPECTADOR)
-“Toy Story 4” – 20:30 y 23:00 horas
-“MIB: Internacional” – 20:30 horas
-“El sotano de Ma” – 23:00 horas
MIÉRCOLES 26 (SIN ESPECTÁCULO)
O Ribadeo Indiano sorteará unha viaxe a Cuba para dúas persoas o vindeiro 14 de xullo. Este venres, día 21, ás sete da tarde remata o prazo para adherirse a esta campaña que organizan Acisa xunto ao Concello coa colaboración de Estrella Galicia e Banco Sabadell. Desde a Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo animan aos establecementos comerciais e hostaleiros da vila a sumarse a esta iniciativa, sexan ou non socios da patronal.
Segundo confirman desde a organización a día de hoxe son 120 os locais que participarán nesta importante campaña, 109 son socios de Acisa e o resto non.
Desde Acisa subliñan que “este venres, 21 de xuño, ás sete da tarde remata o prazo de adhesión a esta iniciativa. O que non o faga en tempo e forma despois non poderá sumarse”, de aí que insistan en...
leer más












