Ribadeo
Un ano máis o mercadiño indiano constituirá un espazo dentro do VI Ribadeo Indiano para a mostra de produtos e mercancías de ultramar e da época así como de oficios.
O mercado desenvolvérase na Rúa San Roque durante o día 13 de xullo en horario continuo desde as once da mañá ata a finalización do Festival de Habaneras, que será aproximadamente sobre as dez da noite.
A organización deixará que cada stand contemple a posibilidade de pechar en horario de mediodía de 15:00 a 17:00 horas, neste caso a vixilancia e seguridade correrá a cargo dos expositores/as.
En todo caso será obrigatorio manter a apertura dos postos de 11:00 a 15:00 horas e a partir das 17:00 ata a finalización do Festival de Habaneras, que se desenvolverá na mesma rúa.
As persoas que desexen...
leer másCARTELERA CINE RIBADEO HASTA EL 19 DE JUNIO
JUEVES 13
-“X-Men: Fenix Oscura” – 20:30 y 23:00 horas
-“Aladdin” – 20:30 horas
-“Rocketman” – 23:00 horas
VIERNES 14 Y SÁBADO 15
-“MIB: Internacional” – 18:00, 20:30 y 23:00 horas
-“Aladdin” – 18:00 y 20:30 horas
-“X-Men: Fenix Oscura” - 23:00 horas
DOMINGO 16
-“MIB: Internacional” – 18:00, 20:30 y 23:00 horas
-“Aladdin” – 18:00 horas
-“X-Men: Fenix Oscura” – 20:30 y 23:00 horas
LUNES 17 Y MARTES 18 (DÍA DEL ESPECTADOR)
-“MIB: Internacional” – 20:30 y 23:00 horas
-“Aladdin” – 20:30 horas
-“X-Men: Fenix Oscura” – 23:00 horas
MIÉRCOLES 19 (SIN ESPECTÁCULO)
Un total de 49 equipos participarán os días 15 e 16 de xuño no XVI Torneo de Fútbol Base da SD Ribadeo nas categorías Prebenxamín e Benxamín, que se disputará nos campos do estadio municipal Pepe Barrera e do Ceip Gregorio Sanz. Chegan a Ribadeo procedentes de comunidades como Castela-León, País Vasco, Cantabria, Asturias e Galicia.
Dezaseis son os equipos que disputarán o torneo prebenxamín e 33 os que participarán no torneo benxamín. O domingo haberá concursos de penaltis, porteiros, afeccións e tiros de medio campo, ademais dun partido de exhibición miniprebenxamín.
O torneo foi presentado no estadio Pepe Barrera polo concelleiro de Deportes, David Rivas, polo técnico municipal de Deportes, Iván López, pola presidenta da SD Ribadeo, Sandra Nonide, e por Miguel Fuente, que é coordinador e adestrador da SD.
Segundo explican desde a Concellaría de Igualdade e desde o CIM “Abrindo cancelas é unha campaña de sensibilización en igualdade entre mulleres e homes mediante a promoción da lectura. A igualdade precisa que a cidadanía adquira ferramentas e tome conciencia para que cesen e diminúan as discriminacións existentes nos diferentes ámbitos (público e de participación social, laboral, no fogar e nos coidados, no deporte…). Por outra parte, a igualdade configurase tamén como a mellor forma de combater e erradicar ás violencias machistas”.
E engaden que “con esta campaña de Abrindo cancelas ven de crearse un espazo feminista dentro da Biblioteca Municipal. Consiste na creación dese espazo e na difusión do mesmo. Habilitouse un espazo na sala principal no que se integraron todos os libros que xa hai sobre igualdade e violencias de xénero e ...
leer másA Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo vai camiño de pechar o curso do seu vixésimo quinto aniversario. Farao de xeito oficial este sábado. “Como vinte cinco anos non se cumpren cada día, queremos facer un festival de fin de curso aberto a toda a cidadanía, de aí que o realicemos no Parque de San Francisco”, sinala Hugo García, responsable da EMMeD de Ribadeo.
Hugo García salientou que “o festival será un ano máis unha caixa de sorpresas. Este ano decidimos romper coa idea dun festival temático, tal e como viñamos facendo até o de agora, porque cremos que a ocasión o merece e que os 25 anos da Escola había que celebralos con actuacións especiais, con presenza de xente que pasou polo centro durante este tempo”.
O responsable da EMMeD de Ribadeo dixo que “será, unha vez máis, un festival que non...
leer másA VI Media Maratón Ribadeo-As Catedrais terá lugar o 14 de setembro ás 17:30 horas. A inscrición, que se abre hoxe, poderá realizarse ata o vindeiro 10 de setembro, segundo deron a coñecer o concelleiro de Deportes en funcións, David Rivas, e o técnico municipal de Deportes, Iván López.
David Rivas explicou que “o 14 de setembro ás cinco e media da tarde sairá a sexta edición da media maratón Ribadeo-As Catedrais, unha proba que vai medrando ano tras ano en participación e que está converténdose nunha cita fixa para moitas persoas afeccionadas ao deporte do atletismo”.
O edil de Deportes dixo: “queremos afianzar a celebración dunha proba moi especial, unha proba que reúne todos os requisitos para converterse nun referente das carreiras populares: por unha banda, un percorrido por pistas de terra e asfalto sen...
leer másEste sábado, día 15, tendrá lugar la fiesta de celebración del 40 aniversario del restaurante Marinero, de Ribadeo. Música, gastronomía y sorpresas componen la oferta de la que disfrutarán los que se acerquen al establecimiento a partir de las 13.00 horas.
Roberto Rivas, gerente del restaurante Marinero, explica que “haremos una sesión vermú muy especial con la participación de grupos como Los Hot Chocolates, Cabuxa Blue y Patapalo. Contaremos con una pulpeira para preparar el pulpo de la ría km 0, un producto que en nuestro local trabajamos desde siempre, de hecho es una de nuestras señas de identidad. Y serviremos también empanada”.
Los tickets para disfrutar de esta cita gastronómica estarán a la venta en el propio restaurante Marinero.
Rivas Tomé señala que “es un momento muy importante para nosotros....
leer másAcisa Ribadeo sorteará na sexta edición do Ribadeo Indiano, que se celebrará do 12 ao 14 de xullo, unha viaxe a Cuba para dúas persoas. A asociación anima a todos os establecementos da vila a adherirse a esta campaña, sexan ou non socios da patronal. Esta é unha das novidades nas que traballa Acisa xunto ao Concello de Ribadeo en colaboración con outras entidades.
O presidente da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos, Francisco Iriarte, explica que “hai unhas semanas comezamos a preguntarlle os asociados qué lles parecería facer o sorteo dunha viaxe a Cuba, e vendo que a día de hoxe son case 100 os establecementos que queren participar na campaña decidimos seguir adiante e levala a cabo”.
Iriarte subliña que “queremos que nesta campaña participen tanto os socios coma os non socios de...
leer másCARTELERA CINE RIBADEO HASTA EL 12 DE JUNIO
VIERNES 7 Y SÁBADO 8
-“X-Men: Fénix oscura” – 18:00, 20:30 y 23:00 horas
-“Aladdin” – 18:00 y 20:30 horas
-“Rocketman” – 23:00 horas
DOMINGO 9
-“X-Men: Fénix oscura” – 18:00, 20:30 y 23:00 horas
-“Aladdin” – 18:00 horas
-“Rocketman” – 20:30 y 23:00 horas
LUNES 10 Y MARTES 11 (DÍA DEL ESPECTADOR)
-“X-Men: Fénix oscura” – 20:30 y 23:00 horas
-“Aladdin” – 20:30 horas
-“Rocketman” – 23:00 horas
Esta fin de semana, os días 8 e 9 de xuño, terá lugar o XII Torneo de Fútbol Infantil, que organiza a SD Ribadeo e no que colaboran o Concello e Acisa.
En total participan 33 equipos procedentes de Euskadi, Cantabria, Asturias e Galicia, que van disputar os encontros no estadio municipal Pepe Barrera, no Campo do Outeiro na Devesa, e no Campo Trénor de Barres, na veciña Asturias.
Serán arredor de 1.500 as persoas que esta fin de semana se acheguen a Ribadeo a participar e a disfrutar deste XII Torneo de Fútbol Infantil, que foi presentado este mediodía pola presidenta da SD Ribadeo, Sandra Nonide, polo concelleiro de Deportes, David Rivas, polo presidente de Acisa, Francisco Iriarte, e polo técnico municipal de Deportes, Iván López.












