Ribadeo
CARTELERA CINE RIBADEO HASTA EL 27 DE MARZO
JUEVES 22
-“Tomb Raider” – 20:30 y 23:00 horas
-“Un pliegue en el tiempo” – 20:30 horas
-“La forma del agua” – 23:00 horas
VIERNES 23, SÁBADO 24 Y VIERNES 25
-“Pacific Rim” – 18:00, 20:30 y 23:00 horas
-“Peter Rabbit” – 18:00 y 20:30 horas
-“Tomb Raider” – 23:00 horas
LUNES 26 Y MARTES 27 (DÍA DEL ESPECTADOR)
-“Pacific Rim” – 20:30 y 23:00 horas
-“Peter Rabbit” – 20:30 horas
-“Tomb Raider” – 23:00 horas
La clínica Vitaldent Ribadeo ofrece una interesante promoción durante esta semana, hasta el sábado día 24 de marzo. Se trata de un descuento de 300 euros en cada implante.
Es una oferta incluida en la campaña denominada Vitaldays y los interesados deben llamar al 982.120.061 y solicitar su primera cita, que es totalmente gratuita.
La clínica Vitaldent de Ribadeo está en la Avenida de Galicia, número 32, bajo.
A Banda Municipal de Música de Ribadeo ofrecerá o seu tradicional concerto de Semana Santa o mércores 28 de marzo. Esta actuación terá lugar na igrexa parroquial de Santa María do Campo ás 20:45 horas e nela a Banda interpretará por vez primeira sete obras relacionadas coa Semana Santa e debutará un novo músico. Ademais é o primeiro concerto para a nova xunta directiva da Asociación Amadores da Música, que agora preside Elisa Álvarez Amor.
O director da Banda Municipal de Música de Ribadeo, David Ballester, anuncia que “o mércores 28 de marzo terá lugar o tradicional concerto de Semana Santa a cargo da Banda Municipal de Música de Ribadeo. Este ano retomamos o que anos atrás facíamos neste concerto, que era tocar na igrexa parroquial; así que será ese día 28 de marzo na igrexa parroquial ás nove menos cuarto da tarde. Neste concerto...
leer másO venres, 23 de marzo, comezarán a funcionar novas rutas de autobús con oito paradas diarias na praia das Catedrais, que estarán operativas ata o 2 de abril para cubrir a demanda durante a Semana Santa. Os horarios axustaranse en cada xornada segundo as previsións da marea baixa.
O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, explicou que a Consellería de Infraestruturas e Vivenda incluíu a previsión de cubrir estes traxectos no contrato de adxudicación coa empresa que realiza o servizo de transporte por autocar entre Ribadeo e Foz para os períodos de maior concorrencia de visitantes, a Semana Santa e o verán, entre os meses de xullo e setembro.
Balseiro lembrou que xa está en marcha o operativo de visitas guiadas e acceso con autorización, que será necesaria entre os 23 de marzo e o 2 de abril....
leer másA Delegación de Turismo e Desenvolvemento Local do Concello de Ribadeo organiza o mércores, 21 de marzo, ás 17:00 horas, un roteiro guiado orientado a profesionais do sector hostaleiro polo patrimonio civil e relixioso da vila co fin de afondar nos coñecementos sobre o patrimonio local.
O 22 de marzo ás 20:30 horas na Casa das Letras, a Asociación Cultural Francisco Lanza presenta Mar…Usia. Relatos Salpresados de Paco Rivas.
O 23 de marzo ás 10:00 horas no IES Dionisio Gamallo, dentro do ciclo IES Literarios con…, Eva Mejuto presentará a súa novela 22 segundos na que trata o tema da transexualidade na adolescencia.
E o 28 de marzo, ás 17:00 e ás 18:00 horas, dentro do programa Apego, terá lugar o espectáculo Percubebé para nenas e nenos que teñan entre 0 e 3 aniños. Cada sesión dura 40...
leer másUn ano máis o Concello de Ribadeo abre o prazo de inscrición para a XIII edición do Ribadeo de Tapeo, que dará comezo na tarde noite do 11 de maio e continuará ata o día 20 dese mes.
A concelleira de Desenvolvemento Local, Turismo e Comercio, Ana Martínez, subliña que “este concurso gastronómico Ribadeo de Tapeo é un dos grandes atractivos da programación do Concello e pretende ser un revulsivo para a economía ribadense, que ano tras ano ven colleitando cada vez más éxito tanto entre el público cómo entre seus máximos protagonistas, que son los profesionais dos establecementos da hostalería ribadense".
A edil ribadense sinala que “esta cita é un dos nosos mellores escaparates gastronómicos, un espazo onde compartir novas ideas e propostas desta cociña en miniatura, un espazo onde fomentar a nosa cultura da tapa,...
leer másA Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo organiza audicións nas que participarán diferentes especialidades das que se imparten no centro. Esta actividade terá lugar entre os días 19 e 23 de marzo ás 20:00 horas na propia Escola. A entrada ás mesmas é gratuíta.
O luns, 19 de marzo, a protagonista será a frauta; o mércores, día 21, haberá a audición de acordeón e corda; e o venres, 23 de marzo, será a de percusión.
O responsable da EMMeD de Ribadeo, Hugo García Presno, sinalou que “o obxectivo destas actuacións é que o alumnado toque en público, incluso aqueles que están comezando, que vaian perdendo o medo ao escenario e que amosen o traballo feito ao longo do curso”.
As audicións veñen formando parte ao longo dos últimos anos da programación académica da EMMeD de Ribadeo...
leer másCARTELERA CINE RIBADEO HASTA EL 21 DE MARZO
JUEVES 15
-“El gorrión rojo” – 20:15 y 23:00 horas
-“Un pliegue en el tiempo” – 20:30 horas
-“La forma del agua” – 23:00 horas
VIERNES 16, SÁBADO 17 Y DOMINGO 18
-“Tomb Raider” – 18:00, 20:30 y 23:00 horas
-“El hijo de Bigfoot” – 18:00 horas
-“Un pliegue en el tiempo” – 20:30 horas
-“La forma del agua” – 23:00 horas
LUNES 19 Y MARTES 20 (DÍA DEL ESPECTADOR)
-“Tomb Raider” – 20:30 y 23:00 horas
-“Un pliegue en el tiempo” – 20:30 horas
-“La forma del agua” – 23:00 horas
MIÉRCOLES 21 (SIN ESPECTÁCULO)
Preto dun cento de persoas asistirán este venres, día 16, á VII Gala de Acisa, que se celebrará a partir das 21:30 horas no Parador de Turismo de Ribadeo.
Neste evento serán premiados os propietarios de O Bodegón, Florentino Martínez Peláez e Mercedes García López, que recibirán o recoñecemento a toda unha carreira empresarial. O premio como socio honorífico recibirano José Luis Méndez Morán e América López Oliveros, fundadores de Ferraxería Morán. E o galardón como socio do ano será para José Ramón Leal Segura, propietario de Galería Terra Branca.
Ao acto confirmaron xa a súa asistencia o delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, o presidente da Mancomunidade de Municipios da Mariña, Alfredo Llano, o alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, e a concelleira de Turismo e Comercio, Ana Martínez....
leer másA Concellaría de Cultura programa na axenda para esta fin de semana, un concerto de piano a catro mans no auditorio municipal, que ofrecerán Mercedes Eiros e María Ángeles Ríos. Ademais o domingo Ibuprofeno Teatro representará Raclette, ás 20:00 horas no auditorio municipal Hernán Naval.
O concelleiro de Cultura, Farruco Graña, anuncia que “un fin de semana máis imos ter moita actividade cultural e de calidade en Ribadeo para sentirnos a gusto e gozar da boa cultura. Este venres, 16 de marzo, ás oito da tarde no auditorio Hernán Naval, imos poder escoitar boa música da man de dúas persoas ben vinculadas a Ribadeo. As dúas intérpretes que nos acompañarán, Mercedes Eiros e María Ángeles Ríos, son veciñas de Ribadeo, ben coñecidas por todas e todos, especialmente por aquelas persoas que estudaron música. Mercedes Eiros estudou no...
leer más