Ribadeo
Acisa ven de presentar a XIII Festa do Comercio. A campaña desenvolverase do 1 de decembro de 2023 ao 13 de xaneiro de 2024. Nesta edición repartiranse 6.000 euros en premios.
A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, dixo que “hoxe presentamos a campaña da XIII Festa do Comercio, que se desenvolverá desde este venres, 1 de decembro, ao 13 de xaneiro. Ese día será o sorteo presencial na carpa situada este ano na Avenida Rosalía de Castro no que repartiremos 6.000 euros en premios, a cifra máis alta que destina a asociación á nosa campaña anual máis importante. Todas aquelas persoas que fagan as súas compras no comercio asociado a Acisa Ribadeo recibirán as papeletas para participar no sorteo. En total póñense en circulación 170.000 rifas, que son 20.000 máis que na pasada edición”.
O xerente da asociación, Jesús...
leer másA programación de Nadal de Ribadeo arrincará este venres, 1 de decembro, co acendido do alumeado e coa inauguración do Mercado do Nadal. Os festivais, que se desenvolverán en decembro, serán no Cantón. A pista de xeo e Ribaxogo estarán situados na avenida Rosalía de Castro. E o Mercado do Nadal na contorna da praza de abastos. O alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Turismo e Comercio, Marta Saiz, foron os encargados de presentar o programa de actividades.
O rexedor sinalou que “presentamos este Nadal cheo de actividades e quero darlles as grazas tanto aos técnicos como aos concelleiros e tamén a Acisa por este traballo coordinado e planificado”.
Vega dixo que “con isto queremos dinamizar ao noso pobo desde un punto de vista social, cultural e tamén económico. É un Nadal cheo de actividades porque temos o...
leer másO IX Festival de Jazz & Blues de Ribadeo desenvolverase do 2 ao 9 de decembro. Están programados catro concertos no Auditorio Municipal. As entradas están xa á venda. Na presentación participaron o alcalde, Deni Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo.
A edil ribadense contou que “do 2 ao 9 de decembro terá lugar en Ribadeo a novena edición do Festival de Jazz & Blues. Temos programados 4 concertos, que serán no Auditorio Municipal Hernán Naval ás 20:30 horas. As entradas xa se atopan á venda en www.ataquilla.com O prezo oscila entre os 10 e os 15 euros”.
Sanjurjo explicou que “o día 2 estará en Ribadeo Andrea Motis, o 6 de decembro gozaremos de Drumless Trío, o día 8 contaremos coa actuación de The Cinelli Brothers e o 9 culminaremos esta novena edición...
leer másEste fin de semana los días 24, 25 y 26 de noviembre Acisa lleva a cabo dos campañas: las Jornadas de Exaltación de la Merluza de Burela y el Black Friday en las que participan un total de 63 negocios asociados.
La presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, anima “a acudir a Ribadeo del 24 al 26 de noviembre por muchos motivos. Para saborear las propuestas gastronómicas que encontraremos en 17 bares y restaurantes con la merluza de Burela, como protagonista. Habrá muchas tapas y también raciones y platos elaborados con esta delicia del pincho. Hay que venir a disfrutar de las ofertas y de los descuentos del Black Friday en 46 establecimientos comerciales de Ribadeo”.
El gerente de Acisa, Jesús Pérez, comenta que “todavía hay más, porque estas dos propuestas de Acisa Ribadeo coinciden con la campaña de la Pancha, la...
leer másEl restaurante ribadense O Lar de Manolo reabre hoy, 23 de noviembre, tras su descanso vacacional y lo hace con varias novedades: menú especial de martes a viernes y menú degustación, previa reserva, a mesa completa.
El cocinero Ángel Expósito explica que “el menú especial está pensado para aquellas personas que quieran algo superior al tradicional menú del día, que veníamos dando desde hace muchos años. Lo ofreceremos de martes a viernes”.
Expósito comenta que “además estrenamos una nueva propuesta que es el menú degustación, que serviremos previa reserva a mesa completa. Será elaborado con los productos que a diario llegan a nuestro restaurante”.
Los clientes de O Lar de Manolo también podrán saborear en su comedor cualquier plato de la carta, así como raciones y otras sugerencias y...
leer másDesde hoxe e ata o 26 de decembro estará aberta a inscrición para participar na XXXIII San Silvestre de Ribadeo, que foi presentada polo alcalde, Dani Vega, polo concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, e polo técnico de Deportes, Iván Rodríguez.
O edil ribadense contou que “hoxe, 22 de novembro, ábrense as inscricións para participar na trixésimo terceira San Silvestre, que terá lugar en Ribadeo o último día do ano. As persoas que queiran participar poden anotarse ata o 26 de decembro en www.championchipnorte.com”.
Silvent explicou que “a saída da mini San Silvestre, para nenas e nenos menores de 4 anos, terá lugar ás cinco menos vinte da tarde; a saída para os pícaros de 4 a 7 anos será ás cinco menos cuarto. A milla para rapazas e rapaces de 8 a 11 anos...
leer másA Escola de Cinxe acollerá unha charla para as familias. O título é Sácalle partido ao teu estudo. Está organizada por Educando en Familia, que conta coa colaboración do Concello de Ribadeo.
A cita será este sábado, 25 de novembro, ás 11 horas na Escola de Cinxe, na Devesa. A charla será impartida por Carolina García Chico, que é especialista en Pedagoxía Terapéutica e Intervención Familia.
Corenta e seis establecementos comerciais asociados a Acisa Ribadeo ofrecerán interesantes promocións e descontos durante o Black Friday do 24 ao 26 de novembro.
A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, comentou que “durante tres días a veciñanza de Ribadeo e as persoas que se acheguen á nosa vila poderán atopar importantes descontos en moitos sectores: informática, telefonía, decoración, moda home, moda muller, moda infantil, calzado, mercerías e lencerías, tallas grandes, xoiaría, bebés, complementos, ópticas, parafarmacia, perruquería ou agasallos, entre outros. Como facemos sempre queremos aproveitar para recordar a importancia que ten mercar en Ribadeo, onde atoparemos un trato próximo e personalizado e onde podemos ver e tocar os produtos. No comercio de Ribadeo sempre haberá unha cara amable á que poder acudir”.
... leer másRibadeo conmemorará o 25N con proxeccións, teatro e cunha concentración e manifestación artística. O lema elixido para este 2023 é Ribadeo unida pola igualdade, forte contra a violencia.
A concelleira de Igualdade, Begoña Sanjurjo, explica que “hoxe, martes, iniciamos a semana repartindo nos centros educativos Historietas 25N, creadas cursos atrás por estudantes dos centros de Ensino de Ribadeo da ESO e da FP. Trátase dunha iniciativa que non só promove a prevención senón que tamén destaca e aproveita o talento artístico da mocidade ribadense”.
A edil ribadense contou que “o venres, día 24, proxectaremos a película Matria no auditorio con sesións matinais para os centros de ensino, enmarcadas no programa O Concello cos Coles. E haberá un pase aberto a todo o público ás 20 horas cunha entrada simbólica de 3 euros...
leer más
        











