Ribadeo
A área recreativa de Santa Cruz, en Ribadeo, acolleu a presentación dunha nova edición de Encontros no Camiño, unha combinación de deporte e patrimonio cultural, a través da unión xerada polas rutas a Compostela. O trofeo de fútbol do mesmo nome disputarano a SD Ponferradina e o Arenteiro o vindeiro 29 de xullo ás sete da tarde no campo de fútbol municipal Pepe Barrera.
A concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo, sinalou que “o Camiño de Santiago é un punto de encontro de persoas de diferentes países, idades e ideas. Ribadeo é porta de entrada do Camiño Norte e na nosa vila é onde se celebrara o día 29 o partido de fútbol Encontros no Camiño, unión de deporte e patrimonio cultural”.
O edil de Deportes, Francisco José Silvent, explicou que “neste encontro enfrontaranse o Arenteiro e a Ponferradina, dous equipos que...
leer másA Banda Municipal de Música de Ribadeo celebrará o seu tradicional concerto do Día da Patria o 25 de xullo, martes, ás 20:30 horas no Campo de San Francisco. No caso de mal tempo trasladaríase ao Teatro.
O director da Banda ribadense, David Ballester, anunciou que “co concerto do 25 de xullo, que será no Campo de San Francisco ás oito e media da tarde, celebraremos o Día de Galicia cun repertorio variado, tanto de música galega como doutros estilos”.
Festival de bandas ribadense o día 29
David Ballester tamén comentou que este sábado, 22 de xullo, a Banda de Ribadeo participará nun encontro de bandas que se celebra en Meira. E ademais adiantou que o sábado 29 de xullo terá lugar o festival de bandas ribadense, no que participará a de Vilalba xunto coa local. “Ás sete da tarde faremos un...
leer másRibadeo ofrece visitas guiadas polo seu pasado ilustrado, indiano e antigo. Este verán tamén volven as Xeorutas. A programación foi presentada polas concelleiras de Turismo e Cultura, Marta Saiz e Begoña Sanjurjo.
A responsable de Turismo contou que “a Concellería de Turismo ofrece un ano máis durante a tempada estival as súas visitas guiadas. Estas distribúense ó longo de toda a semana e ofrécense de forma gratuíta a todas as persoas interesadas, tanto residentes como visitantes. Para poder formar parte delas só se require inscrición previa, que se pode realizar a través da páxina turismo.ribadeo.gal”.
Marta Saiz explicou que “as visitas divídense en dous grupos, dependendo da ubicación do percorrido: as que discorren polo casco histórico e as xeolóxicas polo litoral, mais coñecidas como Xeorutas. Entre as...
leer másTras o éxito das anteriores entregas, este Mércores de Natureza, 19 de xullo, propón o percorrido de 20 kms seguindo o itinerario do Camiño Natural do Cantábrico, sempre pegado á costa. Poderán visualizarse as zonas da praia das Catedrais, Rinlo e Ribadeo. Sen embargo, realizarase en sentido contrario ao habitual para aproveitar a marea baixa da mañá e poder disfrutar da praia das Catedrais.
A ruta durará todo o día xa que a saída está prevista para ás 10 horas en tren dende O Vicedo, para iniciar a ruta ás 11 e así regresar no tren que sae de Ribadeo ás 18.40 horas. Para anotarse á actividade debe facerse no teléfono 982.59.01.95 ou no correo electrónico omix@concellodovicedo.org
Festivais, cine, teatro, exposicións, Letras no Campo ou actividades para o público familiar son algunhas das propostas da axenda cultural de Ribadeo para este verán, que hoxe foron presentadas pola concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo.
A edil ribadense dixo que “a programación de verán do noso concello comezou co Ribadeo Indiano, un fin de semana cheo de cultura e historia que vimos de pasar. Moitas das actividades que vamos presentarvos están organizadas por diferentes asociacións ribadenses, a maioría de xente moza, ás que quero agradecer as súas ideas e o seu traballo, e coas que desde o Concello colaboramos gustosamente. Por exemplo, o Vendaval Fest que terá lugar xa o 22 de xullo, organizado pola asociación Catro Caños, e o Xara Fest que será o 2 de setembro, en plenas festas patronais, ten como motor outro grupo de mozos...
leer másO vindeiro sábado, 15 de xullo, celebrarase a carón da lonxa de Ribadeo a primeira edición da Festa da Ría, que contará con degustación de mexillóns e ostras e con música en directo. Está organizada pola Confraría de Pescadores e a asociación Catro Caños e conta coa colaboración do Concello. A concelleira de Turismo, Marta Saiz, subliña que esta festa porá en valor o traballo do sector mariñeiro.
A edil ribadense explicou que “se trata dunha iniciativa da Confraría de Pescadores e da asociación cultural Catro Caños, que é tamén a responsable do Vendaval Fest que se vai celebrar dentro duns días. É unha festa gastronómica que nace para unir e poñer a labor e o traballo das xentes mariñeiras así como o produto do mar e da nosa ría, unha ría que une unha gran comarca e que, como din moitos, podemos considerar o paraíso natural das rías altas...
leer másO 29 de xullo terá lugar a quinta comida anual dos veciños da Regueira.
Os residentes e aquelas persoas que nalgún momento viviron nas rúas Deputación e San Lázaro, na zona coñecida popularmente como A Regueira, están organizando a súa quinta comida anual, que terá lugar o vindeiro 29 de xullo no restaurante Voar ás 14:30 horas.
O prezo da comida é de 40 euros. As tarxetas para participar neste encontro veciñal poden adquirirse na tenda de Sargadelos, de Ribadeo, que está situada na rúa Reinante, ata o 26 de xullo.
As persoas interesadas en obter máis información poden dirixirse a Mª Carmen Pillado (600 277 791), Paco Roibás (639 136 601) e Manolo Álvarez (649 979 036).
A concelleira de Turismo, Marta Saiz, subliñou que o tren turístico-cultural enxalza o enorme potencial que ten Ribadeo. A nova tempada, que comezou hai unhas semanas, prolongarase ata o 10 de setembro.
A edil ribadense declarou: “un ano máis presentamos o tren turístico que desde hai varias semanas percorre o ámbito urbano da nosa vila. Ribadeo segue a ter un gran tirón turístico, son moitos os turistas e as persoas que recibimos cada ano, non só en verán, senón que se estende a outras épocas do ano e realmente esta actividade é un servizo moi demandado”.
Saiz dixo que “quen se anime a subir a este tren turístico-cultural, podemos chamalo así, porque visita o Ribadeo cultural, natural, o casco histórico, a nosa arquitectura, o centro da vila, … polo que tamén percorre o sector servizos e en consecuencia o noso...
leer más