Exposiciones
O colectivo Tá en Artes organizará dúas exposicións dedicadas ao artista, unha delas no seu Mondoñedo natal, que se celebrará o 24 de marzo, e na que os seus exalumnos e exalumnas renderanlle unha homenaxe plástica na antiga casa cuartel, hoxe centro comarcal. A outra mostra terá lugar no Museo Provincial a finais de ano e será unha antolóxica de Juan Puchades.
Ademais haberá dúas exposicións dentro da Semana das Artes Plásticas no Cenima de Foz coa participación dos e das artistas da Mariña dentro do que se chama Escaparate da Arte da Mariña 2018 que comezará o 28 de marzo.
Por outra banda os centros escolares realizarán unha exposición conxunta onde os alumnos e alumnas mostrarán as reflexións plásticas a partires da figura do mestre. Esta mostra terá como espazo a antiga Casa de Administración de Sargadelos...
leer másTrátase dunha mostra formada por 15 ilustracións, promovida pola Secretaría Xeral de Igualdade, que a edil de Muller e Igualdade do Concello de Cervo, Pilar Armada, conseguiu traer a este municipio.
Pretende establecer un paralelismo entre o mundo romántico das primeiras relacións de parella e a crueldade que, ás veces, vai asociada a elas. Deste xeito podemos ver os traballos de dous premios nacionais de ilustración, Miguel Calatayud, e de cómic, Paco Roca; así como de diferentes figuras galegas, como Patricia Castelao, Pirusca ou David Pintor, entre outros moitos; que plasman nunha imaxe situacións ou momentos que consideraron violentos entre adolescentes, co obxectivo de mudar esas actitudes por outras nas que prime o respecto á parella.
É unha mostra que convida a reflexionar, a escoitar o que os corazón din,...
leer másA Delegación de Medio Ambiente en colaboración co Ceneam (Centro Nacional de Educación Ambiental) organizan a exposición Fogares Verdes: vivir mellor con menos. A mostra poderá visitarse ata o 15 de decembro na sala de exposicións da planta baixa da Casa da Cultura.
Segundo explica Noelia Mª Ben “esta exposición xorde no ámbito do Programa Educativo Fogares Verdes do Ceneam, que comezou a súa andaina en 2006 como unha iniciativa piloto dirixida a familias preocupadas polo impacto ambiental e social das súas decisións e hábitos cotiáns. Ten coma obxectivo acompañalas no proceso de cambio cara a unha xestión máis responsable do seu fogar, promovendo o autocontrol do consumo doméstico de auga e enerxía introducindo medidas e comportamentos aforradores axudando a facer unha compra máis ética e máis ecolóxica”.
A...
leer másEsta tarde tivo lugar na Oficina de Turismo a inauguración da exposición "Tempo escuro", de Peter Schneider. Trátase dunha mostra de fotografías sobre a catástrofe do Prestige, que se abre en Ribadeo cando se cumpren 15 anos do afondimento do petroleiro fronte á costa galega.
No acto desta tarde estiveron xunto a Peter Schneider os concelleiros de Cultura e Medio Mariño, Farruco Graña e Paz Ermida.
Esta exposición fotográfica poderá visitarse en Ribadeo ata o 13 de decembro de luns a sábado, en horario de 10 a 14 horas polas mañás e de 16 a 19 horas polas tardes.
O Complexo RegalXunqueira de Viveiro acolle a exposición do libro "Soños coma xogaras" con letras de Xaime Oroza e imaxes de Otero Regal.
A mostra é unha edición de 130 páxinas que recolle o último poemario do escritor viveirense Xaime Oroza e ilustracións de Otero Regal, feitas expresamente para cada un dos poemas.
O libro en galego foi publicado pola editorial madrileña Círculo Rojo, sendo o primeiro libro en galego promovido por esta editorial. Anteriormente ambos autores xa publicaron o libro artístico Dende mañá, que tamén tivo unha edición comercial da mesma obra.
Esta exposición permanecerá no Complexo RegalXunqueira ata o día 31 de xaneiro de 2018.
A Concellaría de Cultura programa para este vindeiro fin de semana diversas actividades que comezarán o sábado, 11 de novembro, ás 20:45 horas, no Teatro onde terá lugar unha actuación da Coral Magistroi, de Barcelos (Portugal). O domingo, 12 de novembro, estará no auditorio municipal Talía Teatro, que representará Foucellas, e o luns 13, ás 19:00 horas, será inaugurada unha exposición de fotos de Peter Schneider, que presenta un traballo realizado cando se afundiu o Prestige. Titúlase Tempo escuro e poderase ver durante varias semanas na Oficina de Turismo.
O concelleiro de Cultura, Farruco Graña, anunciou que “para quen lle guste a música coral este sábado, 11 de novembro, ás nove menos cuarto, vai actuar no Teatro a Coral Magistroi, de Barcelos (Portugal), seguindo a liña de intercambios de actuacións con formacións de fóra de Ribadeo...
leer másO Consello da Xunta aprobou hoxe o decreto polo cal se declara Ben de Interese Cultural o Castro de Fazouro (no Concello lugués de Foz), coa categoría de xacemento arqueolóxico.
Este castro, situado no lugar de Punta do Castro, en Foz, posúe un indubidable valor histórico e arqueolóxico de carácter sobranceiro que se sustenta en que é o único poboado costeiro escavado e musealizado na costa cantábrica galega e, neste senso, é un referente para o coñecemento e a difusión dos valores culturais da época castrexa. Aínda que nas súas proximidades existen outros castros similares, ben é certo que non co seu grao de coñecemento e posta en valor.
Por tanto, as escavacións que se realizaron permitiron obter moita información sobre os modos de vida dos seus habitantes nesa época. Cómpre salientar o seu forte grao de...
leer másMañá venres, 3 de novembro, na sala de arte da Casa da Cultura terá lugar a inauguración dunha mostra do Club Imaxe de Burela.
Nesta exposición poderán verse fotos feitas polos socios do Club Imaxe. Son un total de 40 instantáneas de Burela e A Mariña as que conforman esta mostra que chega á súa 25 edición.
A mostra permanecerá na Casa da Cultura de Burela ata o vindeiro 15 de decembro, e poderá visitarse de luns a venres, de 10:00 a 13:00 horas e de 17:00 a 20:00 horas.
Desde o 2015 o Castelo do Castrodouro ten unha programación cultural continuada durante todo o ano, con actividades que van desde a celebración de eventos relacionados coas artes (fotografía, pintura, teatro…) ata a recuperación de oficios traicionáis en extinción tan propios da nosa cultura galega como o oficio de zoqueiro. O Castelo do Castrodouro conta probablemente coa colección de calzado tradicional de madeira máis importante de todo Galicia e, durante todo o ano, realízanse demostracións deste oficio a través do zoqueiro alfocense Alberto Geada.
Ante a necesidade de realizar traballos de mantemento nas instalacións, a torre permanecerá pechada dunrante o vindeiro mes, “coincidindo coa época de menor número de visitantas no castelo” Tael e como apunta Xabier Pardiñas, responsable da área de Cultura e Turismo.
... leer másAs actividades comezarán coa proxección da película Siembra na Casa da Cultura este xoves, día 2, ás 20:30 horas. O prezo da entrada é de 3 euros. Esta película, estreada no ano 2015, foi dirixida por Ángela Osorio e Santiago Lozano.
Ao día seguinte, o venres 3, ás 20:30 horas na igrexa parroquial focense haberá un concerto do Coro Xuvenil da Escola de Música de Foz. No mesmo lugar é a mesma hora o venres 10 terá lugar un concerto da Orquestra de Corda do Conservatorio de Viveiro. Tamén o venres 10, pero ás 20:00 horas, no centro social da parroquia de San Martiño haberá teatro a cargo da compañía Pico do Castro, que representará a obra A miña muller volveu.
A programación continuará o sábado 11 con teatro infantil. Ás 18:30 horas na Sala Bahía a compañía Baobab ofrecerá a obra Pum-Pum. Os prezos das entradas son...
leer más