Exposiciones
O Concello de Burela acollerá ata o día 24 de xullo, na sala de arte da Casa da Cultura, unha nova exposición da obra do artista gráfico Xosé Vizoso.
O Concello de Burela anuncia que “o artista gráfico, nado en Mondoñedo e finado no pasado mes de febreiro, volve deste xeito á vila mariñeira nunha mostra que estará dispoñible para a súa visita durante un mes”.
Este martes, 24 de xuño, será a inauguración da exposición ás 19:30 horas. O horario de visitas será de luns a venres entre as 11:00 e as 13:00 e entre as 18:00 e as 20:00 horas.
A veciñanza de Burela e visitantes poderán coñecer de preto a obra do mindoniense ata o vindeiro día 24 de xullo. Esta impulsada por Arraianos Producións, o Concello de Burela, a Deputación de Lugo e a Rede Museística Provincial de Lugo.
... leer másO Complexo Cultural Regal Xunqueira, que está nesta parroquia de Viveiro, acollerá unha exposición de acuarelas do artista ponferradino Ricardo Aller de Dios desde este venres, día 13 de xuño, ata o 14 de xullo.
A inauguración desta mostra, titulada Acuaño, será este venres ás 20:00 horas na sala de exposicións de Regal Xunqueira. Servirase un viño e algo de comer.
Regal Xunqueira explica que Ricardo Aller de Dios “es una artista visual cuya obra se desarrolla entre la fluidez de la acuarela y la solidez de la cerámica. Su práctica explora la relación entre lo efímero y lo permanente, el color como herramienta emocional y la conexión entre los elementos naturales y la forma humana. A través de la acuarela, investiga la transparencia, la mancha y el azar como lenguajes expresivos, mientras que en la...
leer másEste xoves, día 12 de xuño, ás 19:00 horas na Casa da Cultura de Burela será inaugurada a exposición fotográfica “Tan coma ti”, que trata sobre a realidade actual das persoas coa Síndrome de Down. Estará aberta ao público ata o 27 de xuño.
“Unha ollada real e emotiva á vida das persoas con síndrome de Down, contada por elas mesmas. Durante o acto lerán un manifesto pola autonomía persoal e farán a visita guiada. Vén sentir, escoitar e mirar doutra maneira!”, anuncia o Concello de Burela.
A exposición Os maragatos da Porta de San Pedro, promovida polo Colectivo Egeria e a Fundación Pérez-Carro, foi inaugurada este venres na Biblioteca Pública Municipal de Viveiro. Poderá visitarse ata o 20 de xuño. A alcaldesa, Mariña Gueimunde, e Xulio Xiz, do colectivo Egeria, foron os encargados de presentala.
A exposición está composta por doce paneis en galego e castelán que recollen a historia da familia Pérez-Carro, asentada en Lugo desde o ano 1880. A través deles e dun catálogo gratuíto que se entrega aos visitantes afóndase na traxectoria comercial e social desta familia de orixe maragata e na súa vinculación coa cidade de Lugo.
“É unha honra para Viveiro acoller esta mostra que afonda na memoria dunha familia comprometida co comercio e co patrimonio humano de Galicia”, afirmou Mariña Gueimunde...
leer másO complexo cultural Regal Xunqueira, no concello de Viveiro, acolle a exposición fotográfica titulada Palabra e Memoria ata o día 12 de xuño. É unha mostra en imaxes sobre o incremento do uso do galego nas inscricións funerarias con fotografías da fotoxornalista Pepa Losada, María Mon Geada e Aida López.
A iniciativa de educación social Palabra e Memoria é unha exposición fotográfica que recolle diferentes epitafios de cemiterios da Mariña; inaugurada en Burela no mes de xuño de 2009, por iniciativa do cura Ramón Marful e con imaxes da fotoxornalista Pepa Losada, a mostra ampliouse con fotos de María Mon Geada e Aida López e percorreu varias localidades da Mariña antes de pasar polo Museo do Pobo Galego e polo Museo Provincial do Mar, de San Cibrao.
Desde hoxe e ata o 13 de xuño a exposición Castelao e os irmáns da liberdade pasará polos centros de ensino de Ribadeo.
A concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo, explica que “hoxe e mañá a mostra estará no CIFP Porta da Auga, os días 29 e 30 de maio pasará polo IES de Ribadeo Dionisio Gamallo, xa en xuño os días 2 e 3 estará no Colexio Sagrado Corazón, o 4 e 5 no Ceip Gregorio Sanz e do 6 ao 13 estará instalada na Oficina de Turismo”.
A edil ribadense sinala que “a exposición está composta por 14 paneis de 85 x 200 cms, que desenvolven cronoloxicamente a vida e a actuación política e artística de Castelao. As fotografías son de José Luis Abalo”.
Esta obra multimedia de Xan Leira tamén inclúe proxeccións de documentais e coloquios. “O 15 de xuño ás 20 horas no Salón dos Alcaldes terá...
leer másA Oficina de Turismo de Ribadeo acolle a exposición titulada Os maragatos da Porta de San Pedro, que organizan o Colectivo Egeria e a Fundación Pérez-Carro e que estivo aberta anteriormente en diversas cidades e vilas de toda Galicia. Esta mostra, que estará na vila ata o 5 de xuño, foi inaugurada polo alcalde de Ribadeo, Daniel Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. No acto tamén participou o ex alcalde ribadense José Carlos Rodríguez Andina.
A exposición está composta por doce paneis en galego e castelán e recolle un resumo da historia da familia Pérez-Carro, asentada en Lugo desde 1880, e o seu importante papel comercial e social na cidade no decurso destes 145 anos. Os contidos da exposición están recollidos no catálogo que se entrega gratuitamente aos visitantes.
Cara a 1880, a primeira...
leer másO Centro de Interpretación da Mariña (CENIMA), en Foz, acolle ata o día 23 de maio a exposición titulada Os maragatos da porta de San Pedro. Está organizada polo Colectivo Egeria e a Fundación Carmen Pérez-Carro e estivo anteriormente en Lugo, A Coruña, Santiago de Compostela, Pontevedra, Ourense, Monterroso, Mondoñedo e Lourenzá.
No acto de inauguración participaron o alcalde de Foz, Fran Cajoto; o segundo tenente de alcalde, Ángel Fernández; a técnica de Cultura, Pilar López, a xerente do Centro Comercial Aberto de Foz , Ana Segade; e Xulio Xiz en representación de Egeria.
O Centro Sociocomunitario de Mondoñedo acolle durante este mes de maio a exposición titulada Universo Vizoso, comisariada por Aser Álvarez e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo. A mostra reúne preto dun cento de carteis e ilustracións, que amosan a evolución creativa do artista mindoniense alén da súa traxectoria como deseñador de Sargadelos, e inclúe a súa escultura San Froilán, unha peza do Museo Provincial de Lugo que sae por primeira vez desta espazo para acompañar a itinerancia da exposición.
O vicepresidente da Deputación de Lugo, Efrén Castro, participou na inauguración, acto no que explicou que “a mostra xurdiu como unha proposta para recoñecer e divulgar a obra de Xosé Vizoso no marco do Día da Ilustración, que se dedicou este ano á súa obra” e sinalou “a itinerancia da mostra en Mondoñedo como un recoñecemento e homenaxe á...
leer másO Concello de Mondoñedo anuncia que este xoves, día 8 de maio, ás 17:30 horas terá lugar a inauguración da exposición Universo Vizoso no Centro Sociocomunitario mindoniense. A mostra, que versa sobre a obra do artista Xosé Vizoso, recentemente falecido, permanecerá aberta ao público durante un mes na cidade episcopal.
O Concello de Mondoñedo convida “a toda a cidadanía á asistir a este acto e a visitar a exposición deste ilustre mindoniense durante as vindeiras semanas”.