Foro
Este venres presentouse no Pazo de San Marcos o VIII Foro Labrego de Agroecoloxía titulado A agroecoloxía é o relevo, que se celebrará os días 7 e o 8 de febreiro no Pazo de Santomé, en Mondoñedo.
Estas xornadas, organizadas polo Sindicato Labrego Galego coa colaboración da área de Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, inclúen palestras centradas no relevo xeracional, visitas a proxectos labregos e xantares agroecolóxicos.
O deputado de Rural Daniel García e Isabel Vilalba, da Dirección Nacional do Sindicato Labrego Galego, presentaron o programa do foro, nun acto que contou tamén coa presenza de Eloi Cabanas, concelleiro do BNG en Mondoñedo.
A Vicepresidencia da Deputación de Lugo explica que “a responsabel do Sindicato debullou un programa cun importante peso da parte...
leer másOs días 7 e 8 de febreiro, sábado e domingo, celebrarase en Mondoñedo o VIII Foro Labrego de Agroecoloxía baixo o título A agroecoloxía é o relevo. O encontro, organizado polo Sindicato Labrego Galego co financiamento da Área de Medio Rural, Mar e Mocidade da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, terá lugar no Pazo de Santomé.
Haberá palestras centradas no relevo xeracional, visitas a proxectos labregos e xantares agroecolóxicos.
Ribadeo acolle o primeiro Foro Down Tan iguais coma diferentes da provincia. Será o 25 de outubro ás 10:00 horas no auditorio municipal en colaboración coa Asociación Down Lugo e a Xunta de Galicia.
O Concello de Ribadeo, a través da Área de Benestar Social, Saúde e Familia, organiza xunto coa Asociación Down Lugo o Foro Down, aberto para toda a poboación que queira asistir, e que ten como finalidade dar visibilidade ás capacidades das persoas con discapacidade, promover a diversidade e impulsar a súa plena inclusión na comunidade.
A concelleira Elena Sierra sinala que “este encontro quere ser un espazo de aprendizaxe, participación e convivencia, no que a sociedade poida coñecer de preto as experiencias e o talento das persoas con síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais, fomentando así unha mirada...
leer másO Concello de Viveiro celebrará o sábado 25 de outubro o terceiro Foro Económico, titulado Unha mirada ao futuro de Viveiro e A Mariña, “un espazo de diálogo que reunirá a empresas, administracións públicas, entidades asociativas e representantes do ámbito universitario co obxectivo de analizar o presente e o futuro económico da comarca”.
O encontro terá lugar no Hotel Thalasso Cantábrico Las Sirenas e “o obxectivo é poñer en valor as oportunidades de alto rendemento que poden xurdir de sectores clave como o forestal, o turismo ou a gastronomía, fomentando un desenvolvemento produtivo, sostible e con valor engadido para o territorio”.
A alcaldesa de Viveiro, Mariña Gueimunde, subliña que “este foro é unha mostra do noso compromiso coa cooperación e coa creación de sinerxías entre todos os axentes que...
leer másO Concello de Foz, en colaboración con ONDA ODS, Radio Foz e EMUGA (Asociación de Emisoras Municipais Galegas), organizará un foro de expertos centrado na análise e promoción de estratexias sostibles en tres piares clave para o desenvolvemento local: comercio, turismo e sostibilidade.
A iniciativa, que se desenvolverá en formato de faladoiro radiofónico en directo, reunirá profesionais, institucións e cidadanía co obxectivo de xerar un espazo de reflexión colectiva e acción práctica. As persoas asistentes poderán participar activamente nun coloquio no que se abordarán cuestións fundamentais como o comercio de proximidade, a revitalización do tecido económico local mediante propostas innovadoras e sostibles, e o papel do turismo como motor económico, facendo fincapé en modelos respectuosos co entorno, a cultura e a comunidade. Tamén se...
leer másA Federación de Comercio A Mariña (FCAM) organiza un foro de análise sobre as comunicacións e o transporte na Mariña. Será este xoves, 27 de marzo, ás 19:00 horas no salón de actos do Cenima, en Foz.
A presidenta da FCAM, Carmen Cruzado, explica: “o que queremos é seguir pulsando a opinión da veciñanza sobre unha cuestión tan importante como pode ser o estado das estradas e do tren nesta comarca, e os servizos de transporte cos que contamos. Hai moitas demandas desde as empresas mariñás e voces que teñen moito que dicir. Este xoves teremos un foro de análise para reflexionar todos xuntos sobre esta materia”.
Cruzado Iglesias lembra: “iniciabamos hai un ano estes foros de análise analizando o presente e o futuro do empresariado da Mariña; seguimos en outubro abordando unha problemática tan importante como a de...
leer másA segunda edición do Foro Económico do Concello de Viveiro celebrarase do día 14 de decembro, sábado, desde as 11:00 horas na Sala Multiusos municipal.
O Concello de Viveiro anuncia que “a Tenencia de Alcaldía, a través da Concellería de Promoción Económica, organiza o II Foro Económico de Viveiro, unha cita fundamental para analizar o pasado, presente e futuro da economía de Viveiro e A Mariña, contando coa participación de expertos de recoñecido prestixio”.
Míriam Bermúdez destaca que o evento ofrece "unha oportunidade única para coñecer en profundidade a evolución económica de Viveiro e A Mariña, explorar novas estratexias de crecemento e fortalecer redes de colaboración na comarca".
A tenente de alcaldesa e a concelleira de Promoción Económica, Iria Cotelo, animan á asistencia dunha...
leer más












