Empresas
Este venres 6 e sábado 7 de novembro Viveiro “volverá converterse nun gran escaparate comercial coa celebración dunha nova edición do Shopping Weekend, a coñecida como campaña do 20%”, organizada pola Asociación de Comerciantes do Centro Histórico de Viveiro (CCHV), que tamén anuncia: “un total de 39 establecementos comerciais sumaranse a esta iniciativa, ofrecendo descontos especiais do 20% nunha ampla selección de artigos e convertendo o centro histórico nun atractivo punto de encontro para as compras, tanto para os veciños como para os visitantes da comarca”.
O CCHV destaca que o Shopping Weekend “é unha das campañas estrela da asociación e destaca, ademais, pola súa orixinal fórmula de organización: prepárase con tan só 24 horas de antelación, mantendo o factor sorpresa tanto para os clientes como para os propios...
leer másAcisa Ribadeo pon en marcha unha nova campaña de dinamización comercial e aforro familiar que permitirá obter descontos de 10 céntimos por litro de combustible na estación de servizo do Grupo Valcarce en Ribadeo. A iniciativa desenvolverase do 6 de novembro ao 31 de decembro de 2026, coa reparto de 35.000 tarxetas de desconto entre os clientes dos establecementos asociados.
A presidenta e o xerente de ACISA Ribadeo, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, foron os encargados de presentar esta nova iniciativa xunto a Ana Martínez, xerente do Grupo Valcarce en Ribadeo.
Carmen Cruzado explicou que “o obxectivo desta campaña é complementar as diferentes accións de dinamización comercial que desenvolvemos durante os dous últimos meses do ano, fomentando as compras e consumicións nos negocios locais e a fidelización dos clientes...
leer másO Concello de Ribadeo destaca a boa acollida da nova edición de A Pancha, a moeda local, que conta con máis de 80 establecementos adheridos e que comezou este domingo, 1 de novembro, cunha nova campaña destinada a fomentar o consumo de proximidade e dinamizar a actividade económica do municipio. Poderá utilizarse ata o 28 de decembro.
A iniciativa, impulsada pola Área de Promoción Económica, Iniciativa Empresarial, Turismo e Comercio do Concello de Ribadeo, busca “incentivar as compras no comercio polo miúdo, na hostalaría, no sector turístico e nos servizos locais, favorecendo que o gasto permaneza en Ribadeo e contribúa ao mantemento e fortalecemento do tecido económico municipal”.
A concelleira de Comercio, Marta Saiz, sinalou que “a participación de máis de 80 establecementos constitúe unha mostra da...
leer másBurela acolleu este xoves a presentación da campaña que teñen en marcha a Federación de Comercio e a Deputación de Lugo para promocionar as compras no pequeno comercio. Nesta edición o reclamo é un vehículo MG3 Hybrid+, que se sorteará o 3 de decembro ante notario no Pazo de San Marcos. A campaña está a ter unha gran acollida e dende que se puxo en marcha, o 20 de outubro, xa se rexistraron para participar no sorteo máis de 7.000 boletos de compra.
A campaña foi presentada na localidade mariñá este xoves polo presidente da Federación de Comercio, José María Seijas, e pola alcaldesa e presidenta da Deputación, Carmela López. Participaron tamén o deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera, a presidenta da Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos de Burela, Eva Luaces, e concelleiros e concelleiras de Burela, entre...
leer másA Federación de Comercio A Mariña e BeOne renovaron o seu convenio de colaboración polo que esta empresa estará presente na terceira edición do ciclo de charlas sobre o futuro laboral nesta comarca, que se desenvolverá ao longo do presente curso 2026-2027. A FCAM e BeOne así o plasmaron no documento asinado polo CEO da empresa, Roberto Ramos, e pola presidenta da federación empresarial mariñá, Carmen Cruzado.
Cruzado Iglesias tivo palabras de agradecemento: “desde a FCAM queremos agradecerlle o seu apoio económico a BeOne, xa que estará presente como entidade patrocinadora na terceira edición do ciclo sobre o futuro laboral na Mariña. Volveremos así aos centros de ensino da comarca para seguir contándolle á mocidade que aquí hai traballos moi dignos en moitos sectores e empresas e que na Mariña hai futuro”.
A...
leer másAcisa Ribadeo e a empresa Gestión Gratelu renovaron o seu convenio de colaboración.
A presidenta do colectivo empresarial ribadense, Carmen Cruzado Iglesias, tivo palabras de agradecemento: “desde Acisa queremos agradecerlle a Pablo Posada e a Gestión Gratelu o seu apoio económico, xa que estarán presentes como entidade colaboradora en 2027 na Festa do Comercio, na Gala de Acisa e no sorteo do Ribadeo Indiano. A sinatura deste terceiro convenio con Gestión Gratelu é para nós moi importante. Seguiremos traballando, como vimos facendo ata o de agora, para conseguir que a empresa privada nos brinde a súa colaboración nos grandes eventos organizados pola Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo”.
Pablo Posada declarou que “a sinatura deste terceiro convenio con Acisa Ribadeo confirma o...
leer másAta o día 29 de outubro estará aberto o período de adhesión dos negocios locais á campaña da Pancha, a moeda local de Ribadeo.
A concelleira ribadense de Comercio e Desenvolvemento Local, Marta Saiz, anunciou que “o Concello de Ribadeo pon en marcha unha nova edición do programa A Pancha, a nosa moeda local, unha iniciativa destinada a incentivar o consumo de proximidade, a apoiar o tecido empresarial do municipio e contribuír á dinamización da economía local. Os establecementos interesados en participar na campaña poderán solicitar a súa adhesión do 20 ao 29 de outubro, ambos incluídos, a través da plataforma dixital do programa”.
A edil explicou tamén que “poderán adherirse os establecementos físicos e permanentes situados en Ribadeo que desenvolvan algunha das actividades económicas admitidas e cumpran os...
leer másPreto de corenta negocios asociados a Acisa Ribadeo colaboran durante estes días coa recollida anual de donativos da Asociación Española Contra o Cancro (AECC), coincidindo coa conmemoración do Día Internacional da Loita contra o Cancro de Mama, que se celebra o vindeiro 19 de outubro.
O xerente da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo, Jesús Pérez, explicou que “un ano máis Acisa Ribadeo colabora coa Asociación Española de Loita Contra o Cancro nesta importante iniciativa solidaria. Durante esta semana de outubro, preto de corenta negocios asociados contan con huchas para a recollida de donativos destinados a este colectivo. Esta campaña desenvólvese coincidindo coa celebración do Día Internacional da Loita contra o Cancro de Mama, unha xornada na que se pon de manifesto a importancia da investigación,...
leer másLa galería ribadense Terra Branca presenta esta temporada unas joyas exclusivas inspiradas en los ríos de Galicia. Las colecciones comienzan con un grupo de piezas que representan el nacimiento del Miño.
El diseñador y propietario de Terra Branca, José Ramón Leal, explica que “o Pedregal de Irimia, forma la primera parte de esta propuesta. Las joyas que presentamos son de plata de ley y ágatas musgosas, que las decoran y nos transportan hasta ese maravilloso rincón de Galicia. Entre formas sinuosas se distingue la segunda parte de estas joyas también compuesta de plata y piedras naturales. Río Miño es su nombre. Pendientes, colgantes, broches y pulseras conforman esta segunda etapa del agua. La tercera sería Río Sil. Se trata de una colección elegante y fuerte, como el propio río”.
Por último, la colección Lagoa...
leer másA campaña Viveiro conta e o seu comercio tamén puxo o seu broche de ouro cunha gran xornada de celebración na que o comercio local, a hostalaría e a participación cidadá volveron ser os grandes protagonistas, explica o Centro Comercial Histórico de Viveiro, que engade “o éxito de afluencia foi a nota máis destacada dunha xornada na que o vermuteo, a Ruleta de Premios e as actividades infantís congregaron numerosos veciños e visitantes. A Praza Maior converteuse pola tarde no epicentro da celebración, cunha praza abarrotada de público que agardaba con ilusión o momento máis esperado: o sorteo dunha viaxe a Nova York e de 2.000 euros en vales de compra para gastar nos establecementos asociados ao Centro Comercial Histórico de Viveiro (CCHV). A gran gañadora da viaxe a Nova York foi Mónica Fernandez Chao, co número 08975. O sorteo repartiu tamén os 2.000...
leer más












