Empresas

21/10/2019

Acisa Ribadeo impulsará novas actividades para a hostalería e o comercio nos últimos meses do ano. O colectivo empresarial animará a visitar a vila durante as fins de semana e organizará dúas campañas en novembro. Estes foron algúns dos acordos acadados na reunión mantida pola xunta directiva de Acisa hai uns días. Nese encontro definíronse as liñas de actuación para os vindeiros meses. 

O xerente de Acisa, Jesús Pérez, anunciou que “este mes de outubro rematará realizando seis campañas. Os días azuis do comercio galego, que acaban de rematar. Esta fin de semana celebrarase unha nova edición das xornadas gastronómicas Asturias en Ribadeo e unha Noite Aberta para o comercio. O luns que ven comezará en Ribadeo a campaña da FCAM co sorteo de 1.000 euros en vales de premios en comercios e hostalería; poñeranse a disposición dos veciños as...

leer más
Etiquetas:
18/10/2019

A campaña da FCAM 1.000 motivos para mercar na Mariña sorteou hoxe en Xove mil euros en vales de compra para gastar nos establecementos asociados á Aciam local. 

Os números premiados foron os seguintes: con 500 euros resultou agraciado o 69.087, que foi repartido en Pescadería Barreira; e con 100 euros cada un foron premiados o 66.537 na Cafetería do Cetro Cívico, o 71.008 en Peluquería Fina, o 74.406 en Panadería Maral, o 70.271 en Mesón A Fuga e o 67.335 en Asesoría Noceda. Desde a FCAM subliñan que “os posuidores das papeletas afortunadas dispoñen dun prazo de 30 días para reclamar e consumir os seus premios”. 

En total a FCAM destina 8.000 euros a premios nesta campaña. Mil euros en cada asociación que a conforma: Viveiro, Foz, Xove, Burela, Ribadeo, Covas, Lourenzá e O Vicedo. 

Os...

leer más
Etiquetas:
11/10/2019

Do 14 ao 20 de outubro desenvolverase en Xove a campaña da FCAM 1.000 motivos para mercar na Mariña. O sorteo de 1.000 euros en vales de compra será o día 21. 

Todas as persoas que realicen as súas compras do 14 ao 20 de outubro no comercio asociado á Aciam de Xove entrarán no devandito sorteo. Só teñen que estar atentas ás redes sociais e aos medios de comunicación para coñecer os números das papeletas premiadas. Haberá un premio de 500 euros e cinco de 100 euros cada un en vales de compra para gastar nos establecementos asociados durante os 30 días seguintes á celebración do sorteo en Xove. 

En total a FCAM destina 8.000 euros a premios nesta campaña. Mil euros en cada asociación que a conforma: Viveiro, Foz, Xove, Burela, Ribadeo, Covas, Lourenzá e O Vicedo. 

Os sorteos teñen lugar os...

leer más
Etiquetas:
11/10/2019

Acisa colabora coa Asociación Española Contra el Cáncer realizando unha recollida de donativos do 12 ao 20 de outubro. Arredor de 80 establecementos contarán con huchas para que a clientela que queira poida deixar as súas achegas. 

Desde Acisa consideran que “colaborar e participar en campañas solidarias como esta é un deber moral, non nos costa nada e podemos axudar a moitas persoas, por iso a AECC e a súa agrupación de Ribadeo contan co noso apoio e a nosa colaboración”. 

Acisa dalle ás grazas “á AECC por contar con nós para levar adiante esta campaña. E queremos darlles a noraboa polo traballo que fan día a día axudando e apoiando ás familias e ás persoas afectadas polo cancro”. 

A campaña foi presentada este mediodía polo vicepresidente e polo xerente de Acisa, Juan Andina e Jesús...

leer más
Etiquetas:
08/10/2019

José Penzol Díaz, acompañado da súa dona e dunha filla, recolleu en Viaxes Eroski, en Ribadeo, o premio da viaxe a Cuba para dúas persoas que lle tocou no sorteo celebrado no VI Ribadeo Indiano. No acto de entrega participaron o presidente e o xerente de Acisa, Francisco Iriarte e Jesús Pérez, así coma a concelleiro de Turismo, Pablo Vizoso, e o persoal da oficina de Viaxes Eroski. 

José Penzol cedeulle a viaxe a dúas persoas da súa familia, que o gozarán do 13 ao 20 de outubro. O premio cubre o vo de Madrid á Habana, o traslado posterior ao aeroporto, a habitación dobre con aloxamento e almorzo no hotel Habana Riviera By Iberostar de 4 estrelas durante 3 noites, o traslado desde a Habana a Varadero,  habitación dobre con todo incluído 4 noites no hotel Iberostar Laguna Azul de 5 estrelas. Inclúe tamén vo desde a Habana a Madrid, o visado...

leer más
Etiquetas:
06/10/2019

O vindeiro 15 de outubro terá lugar na Casa da Cultura de Foz unha xornada sobre hábitos saudables no comercio de proximidade. Será ás 20:30 horas. Está organizada pola Federación Galega de Comercio, que conta coa colaboración do Centro Comercial Aberto e co financiamento da Xunta de Galicia. 

Nesta cita preténdese sensibilizar en materia preventiva a empresarios e traballadores, reforzando as medidas xa establecidas por lei, achegando información sobre os riscos específicos do sector, sobre os derivados do uso das novas tecnoloxías e fomentando os hábitos saudables. 

A asistencia á xornada é gratuíta. É necesario inscribirse antes do día 10 chamando ao teléfono 982 13 27 51 ou no correo electrónico aciafoz@gmail.com.  Os asistentes, si o desexan, recibirán un certificado de...

leer más
Etiquetas:
30/09/2019

A campaña da FCAM 1.000 motivos para mercar na Mariña sorteou hoxe en Foz mil euros en vales de compra para gastar nos establecementos asociados ao Centro Comercial Aberto. 

Os números premiados foron os seguintes: con 500 euros resultou agraciado o 54.667, que foi repartido en Xanela Agasallos e Complementos; e con 100 euros cada un foron premiados o 54.346 en Salai Campo, o 59.135 en Electricidad Núñez, o 53.818 en Nº 1, o 51.793 en Librería Bahía, e o 61.225 en Litopiel. Desde a FCAM subliñan que “os posuidores das papeletas afortunadas dispoñen dun prazo de 30 días para reclamar e consumir os seus premios”. 

Esta campaña da FCAM  descansa durante uns días e volve o 14 de outubro a Xove. Todas as persoas que realicen as súas compras do 14 ao 20 de outubro no comercio asociado a Aciam xovense entrarán no sorteo...

leer más
Etiquetas:
30/09/2019

Acisa Ribadeo únese un ano máis á campaña Días Azuis do Comercio Galego, iniciativa da Federación Galega de Comercio, a Xunta de Galicia e Abanca.

Esta nova campaña desenvolverase do 1 ao 20 de outubro e sortearanse 16.200 euros, repartidos en 28 tarxetas regalo de 300 euros e 52 tarxetas regalo de 150 euros. O sorteo realizarase, ante notario, o 24 de outubro.

Os clientes terán dúas formas de participar neste sorteo: rexistrando as súas compras en www.diasazuis.com (a través de móbil, tablet ou ordenador), ou en www.diasazuis.com/comercios, duplicando deste xeito as posibilidades de ganar. O cliente deberá gardar o tícket que rexistre.

O xerente de Acisa, Jesús Pérez, manifestou que “estamos moi...

leer más
Etiquetas:
28/09/2019

O vindeiro luns, 30 de setembro, terá lugar o segundo sorteo de 1.000 euros da campaña da FCAM 1.000 motivos para mercar na Mariña. Será en Foz. Todas as persoas que realizaron as súas compras do 23 ao 29 no comercio asociado ao Centro Comercial Aberto entrarán no devandito sorteo. Só teñen que estar atentas ás redes sociais e aos medios de comunicación para coñecer os números das papeletas premiadas. Haberá un premio de 500 euros e cinco de 100 euros cada un en vales de compra para gastar nos establecementos asociados durante os 30 días seguintes á celebración do sorteo en Foz. 

En total a FCAM destina 8.000 euros a premios nesta campaña. Mil euros en cada asociación que a conforma: Viveiro, Foz, Xove, Burela, Ribadeo, Covas, Lourenzá e O Vicedo. 

Os sorteos teñen lugar os luns na sede de cada Acia participante....

leer más
Etiquetas:
27/09/2019

Ginzo Hombre-Mujer se ha unido este viernes a los actos en defensa del clima que han tenido lugar en todo el mundo.

Su acción ha consistido en la exposición de camisetas de la firma Ecoalf con la leyenda BECAUSE THERE IS NO PLANET B en todas sus tiendas, en Foz y en Ribadeo, con el fin de ayudar a concienciar sobre la importancia de cuidar nuestro planeta.