Mercado
Con motivo da vixésima edición do Mercado de Primavera do Valadouro, que se celebrará o día 28 de marzo, o Concello convoca un certame para deseñar o cartel oficial do evento.
Poderá presentarse a este concurso o alumnado do IES Alfoz-Valadouro. O prazo para entregar os traballos remata o venres 27 de febreiro ás 20:30 horas.
O Concello de Viveiro informa de que o mercado semanal, que habitualmente se celebra os xoves na Praza Maior, adiántase esta semana ao mércores, 31 de decembro, xa que o 1 de xaneiro, aninovo, é día festivo.
O mercado manterá o seu emprazamento habitual na Praza Maior e desenvolverase no horario habitual.
O Parque de San Francisco acollerá unha nova edición do Mercado do Nadal de Ribadeo do 28 de novembro ao 8 de decembro.
A concelleira de Comercio e Turismo, Marta Saiz, explica que “debido a razóns de índole técnica desde o Concello vímonos na obriga de trasladar o Mercado do Nadal ao Parque de San Francisco. Este ano tiñamos previsto que estivese situado a carón da Praza de Abastos, pero non foi posible”.
O XX Mercado do Nadal será do 28 de novembro ao 8 de decembro en horario de 11 a 14:30 horas polas mañás e de 17 a 21 horas polas tardes.
O acto de inauguración terá lugar despois do acendido do alumeado de Nadal, previsto para este venres ás 19:00 horas nas Catro Calles. A clausura está prevista para o 8 de decembro a mediodía.
Ata o 20 de outubro está aberto o prazo de inscrición no XX Mercado do Nadal de Ribadeo, que se celebrará do 28 de novembro ao 8 de decembro. As bases poden consultarse na web do Concello.
A concelleira de Promoción Económica, Iniciativa Empresarial, Turismo e Comercio, Marta Saiz, subliña que “o Mercado do Nadal quere ser un espazo de oportunidades para os profesionais relacionados coa artesanía e co deseño e unha plataforma na que se visualice o seu traballo e o talento creativo e innovador”.
A edil ribadense explica que “nesta tradicional cita, que chega á súa vinte edición, poderán participar artesás con capacidade para exhibir e vender pezas que sexan producidas de forma artesanal, sempre e cando sexan de autoría propia; tamén produtos de gastronomía artesanal; e creadores, artistas e deseñadores como...
leer másAcisa organiza unha nova fin de semana do Mercado de Rúa. A cita terá lugar este sábado e domingo, convertendo as rúas de Ribadeo nun gran escaparate comercial aberto a todo o público.
A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, sinalou que “en Acisa Ribadeo organizamos este ano unha nova edición do Mercado de Rúa, unha iniciativa na que os establecementos participantes sacan os seus produtos á rúa para ofrecer aos seus clientes os mellores descontos e promocións especiais, e esta é a última fin de semana. Esta actividade enmarcase dentro da programación de O noso comercio é vida, vive Ribadeo, que forma parte do proxecto da Xunta de Galicia O teu comercio é extraordinario. Esta será unha moi boa ocasión para facerse con artigos de tempada a prezos espectaculares e coas ultimas liquidacións de stock. Tamén será un bo momento para coñecer as...
leer másAcisa organiza unha nova edición do Mercado de Rúa. A cita terá lugar os días 23, 24, 30 e 31 de agosto, convertendo as rúas de Ribadeo nun gran escaparate comercial aberto a todo o público.
Segundo anunciou a presidenta do colectivo empresarial, Carmen Cruzado: “en Acisa Ribadeo organizamos este ano unha nova edición do Mercado de Rúa, unha iniciativa na que os establecementos participantes sacarán os seus produtos á rúa para ofrecer aos seus clientes os mellores descontos e promocións especiais. Esta actividade enmarcase dentro da programación de O noso comercio é vida, vive Ribadeo, que forma parte do proxecto da Xunta de Galicia O teu comercio é extraordinario. Esta será unha moi boa ocasión para facerse con artigos de tempada a prezos espectaculares”.
O xerente de Acisa, Jesús Pérez, indicou que “a piques...
leer másO Concello de Viveiro informa que, durante este mes de agosto, o mercado semanal que se celebra todos os xoves na Praza Maior trasladarase provisionalmente aos Xardíns Noriega Varela.
Ademais, con motivo da celebración das Festas de San Roque, o mercado correspondente ao xoves 14 de agosto adiántase ao mércores 13.
O delegado territorial da Xunta de Galicia en Lugo, Javier Arias, participou na presentación do Mercado Medieval de Mondoñedo, que se celebrará entre os días 7 e 10 de agosto. Está organizado polo Concello e pola asociación Amigos do Mercado Medieval e conta coa colaboración do Goberno galego.
A Xunta de Galicia anuncia que “o evento cumpre a súa trixésimo terceira edición cun completo programa que inclúe 70 actividades para todos os públicos e introduce como novidade unha cea o venres que terá lugar na igrexa da Alcántara, no Centro de Interpretación do Camiño Norte. O sábado ás 12.00 horas pronunciará o pregón Valentín Insua, campaneiro da Catedral. Numerosos colectivos de recreación histórica ambientarán esta cita, ofrecendo espectáculos na rúa como o bautismo de cabaleiros, torneos ou unha voda polo rito mozárabe. No apartado musical...
leer másAlfoz retrocede no tempo para celebrar o XXV Mercado Medieval, que terá lugar os días 18 e 19 de xullo ao redor do Castelo de Castrodouro.
O venres 18 ás 21:00 horas chegará o Mariscal e descubrirá a Lousa da Lembranza para conmemorar as 25 edicións deste mercado.
O sábado 19 ás 11:00 horas comezará a visita guiada Dende a ponte ao Castrodouro da man da guía Ana Pena.
Durante a fin de semana haberá obradoiros, xogos tradicionais, exhibicións de cetrería, ceas medievais e espectáculos teatrais e musicais para todas as idades.
"Artesanía, tradición, historia e moita festa nun ambiente que nos transporta ao século XV", anuncia o Concello de Alfoz.
Do 29 de xuño ao 12 de outubro terá lugar unha nova edición do Mercado dos Domingos en Ribadeo.
A concelleira de Comercio e Promoción Económica, Marta Saiz, explicou que “como cada tempada, coa chegada do verán, retomamos o Mercado dos Domingos, que dará comezo o próximo día 29 na contorna da Praza de Abastos. Trátase dun mercado no que atoparemos produtos da nosa horta, poñendo en valor a economía máis próxima e potenciando o consumo dos produtos de tempada”.
O alcalde, Dani Vega, aludiu á importancia de atopar relevo xeracional na agricultura: “todas as administracións debemos xuntarnos para que moita mocidade observe que ser agricultor tamén pode ser un medio de vida”. O rexedor subliñou que “o Mercado dos Domingos é un axente dinamizador, que axuda e impulsa a economía local e tamén o comercio da vila”....
leer más












