Eventos

Etiquetas:
20/03/2023

Nas festas patronais de Burela, que se celebrarán do 2 ao 5 de xuño, actuarán Grupo Alkar e América de Vigo o venres 2; as orquestras La Favorita e Saudade o sábado 3; Pontevedra e El Combo Dominicano o domingo 4; e Ritmo Joven e Panorama o luns 5.

A comisión organizadora -composta por Toñi Eijo, Belén Ramudo, Belén Feijoo, Vanesa Prieto e Raúl de Jesús Torres - comezou a recadar donativos polos negocios locais de hostalería e comercio. Calquera persoa física tamén pode facer a súa achega no seguinte número de conta de ABANCA: ES8720800109163040027173.

 

18/03/2023

O Concello de Viveiro, a través da súa Concellería de Turismo, organizou de novo esta Semana Santa unha serie de visitas guiadas con percorridos panorámicos e rutas de sendeirismo polo municipio. Xa está aberto o prazo de inscrición.

Estas actividades teñen un carácter gratuíto e un aforo limitado, polo que é precisa a confirmación previa da reserva a través da dirección de correo electrónico viveirovisitas@gmail.com

A saída de todos os itinerarios terá lugar na Estación de autobuses de Viveiro.

O programa de rutas de sendeirismo e percorridos panorámicos da Semana Santa 2023 de Viveiro inclúe nove propostas que comezan o sábado día 1 de abril coa Ruta dos Muíños de Balea e o domingo 2 de abril co Vivertren de Covas a Celeiro, ambos ás 16:00...

leer más
Etiquetas:
18/03/2023

A vicepresidenta da Deputación de Lugo Maite Ferreiro mantivo unha reunión coa comisión organizadora das xornadas homenaxe á mestra mindoniense na emigración Andrea López Chao.

Os representantes da comisión  - Jose Luis Fernández Ansedes, da Asociciación Abrindo Camiño, o escritor e cronista oficial de Mondoñedo Antonio Reigosa, o antropólogo e investigador da USC Daniel Vázquez e o concelleiro mindoniense Eloi Cabanas - expuxeron as liñas xerais do proxecto,  que pretende visibilizar e divulgar a súa vida e obra na docencia, na labor societaria e na defensa dos dereitos das mulleres, con diferentes actividades, a desenvolver entre La Habana, Mondoñedo e Vilalba desde o vindeiro 29 de marzo.

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colaborará na documentacion e difusión das xornadas que se celebren no marco deste...

leer más
Etiquetas:
17/03/2023

A Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense colabora co Concello de Lourenzá e coa Mesa Coordinadora Don Paco no programa cultural que organizan polo Día das Letras Galegas, dedicado neste 2023 a Francisco Fernández del Riego.

A Mancomunidade adaptou para este programa cultural a audioguía ficcionada do concello laurentino Vilanova de Lourenzá. Paisaxes da memoria. Fernández del Riego descóbrenos os recunchos dunha nenez feliz, a cargo do Plan de Sostibilidade Turística da Mariña Lucense, cofinanciado pola Mancomunidade, a Xunta de Galicia e a Secretaría de Estado de Turismo coa colaboración da Deputación de Lugo.

Xa que a Real Academia Galega decidiu dedicarlle as Letras Galegas 2023 ao escritor e intelectual laurentino Francisco Fernández del Riego, o Concello de Lourenzá e a Mesa Coordinadora Don Paco -que...

leer más
Etiquetas:
16/03/2023

O Consello Galego de Pesca reunirase en Burela o 11 de maio. Será dentro da programación da XIX Feira Náutico Pesqueira Expomar na que a organización segue a traballar, segundo informou hoxe o alcalde, Alfredo Llano. 

O rexedor contou que “nas últimas horas reunímonos o comité executivo de Expomar, xa que nos estamos achegando á data da feira exposición, que será do 10 ao 13 de maio e temos que darlle prontitude e ir vendo e asegurando que sexa un evento de categoría tal e como se merece o sector náutico pesqueiro”. 

Llano dixo que “estivemos a falar da inauguración, que será o 10 de maio ás doce do mediodía. Agardamos contar coa presenza da conselleira de Mar, Rosa Quintana, aínda que nos próximos días confirmaremos o peche de todos estes flocos. Tamén teremos ese mesmo día xuntanza do Consello Galego de Pesca,...

leer más
Etiquetas:
16/03/2023

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, asinou este xoves coa Alcadesa de Lourenzá, Rocío López García, un acordo de colaboración a través do que a institución provincial destina ao Concello 60.000€ para o financiamento da programación de actos do Ano de Francisco Fernández del Riego. A institución provincial coopera así coa organización dunha ampla serie de iniciativas para dar a coñecer e poñer en valor a vida e obra do tradutor, novelista, historiador, xornalista, ensaísta e editor laurentino homenaxeado neste 2023 polas Letras Galegas.

As accións desenvolveranse ao longo de todo ano, con especial atención no propio Día das Letras Galegas 2023, o 17 de maio. O Presidente enmarcou esta colaboración na boa relación que se mantén dende a Deputación con Lourenzá, e puxo de manifesto a idoneidade de homeneaxear a Del Riego este...

leer más
Etiquetas:
16/03/2023

A Concellaría de Igualdade organiza un ano máis unha viaxe para mulleres a un balneario. Será o 16 de abril. O prazo de inscrición ábrese hoxe. 

A concelleira de Igualdade, Mónica Freire, sinalou que “como xa adoita ser habitual nestas datas, desde a Área de Igualdade preparamos unha viaxe que ten como obxectivo potenciar a sororidade e o autocuidado da muller”. 

A edil ribadense explica que “neste caso o destino elixido é o Termaria Talaso da Coruña. A viaxe será o domingo 16 de abril, saíndo ás 14:30 horas da Escola de Música e regresando ao redor das 21:00 horas. As mulleres que queiran participar nesta viaxe terán que sufragar a cota por utilización do Talaso, que ascende a 21 euros e inscribirse previamente. O Concello de Ribadeo custea ou autobús no que se desprazará a expedición. O prazo para inscribirse...

leer más
Etiquetas:
16/03/2023

As festas patronais de Burela celebraranse do 2 ao 5 de xuño. A comisión organizadora comeza coa recollida de donativos. 

A concelleira de Festexos e presidenta da comisión organizadora, Toñi Eijo, explicou que “a comisión organizadora das festas patronais de Burela comeza a recollida de donativos. Ademais dos hostaleiros e comerciantes, esperamos contar coa colaboración da veciñanza, o que lles agradeceríamos porque se non é así hai actividades que non poderemos facer. Temos unha conta aberta en Abanca para recoller as achegas dos particulares. Agradecemos todos os donativos, de calquera cantidade de diñeiro, porque supoñen unha axuda para a recadación que necesitamos para poder incluír na programación todas as actividades que queremos organizar e non ter que suprimir algunhas por non dispoñer orzamento suficiente”.

... leer más
Etiquetas:
16/03/2023

A Delegación de Turismo do Concello de Foz puxo en marcha un proxecto de cartografía e dixitalización integral e contido multimedia “moi ambicioso, que contempla diversos traballos dentro da aposta incondicional do Concello de Foz polo uso das novas tecnoloxías e posta en valor do territorio”. 

O concelleiro de Turismo, Chema Linares, explica que “por outra parte estase a elaborar un repositorio de recursos turísticos coa identificación e xeoreferenciación de diversos elementos de interese turístico ou paneis informativos coa incorporación a portal web de consulta (Mapbox) e deseño de plantillas e macros para a creación de mapas pola Oficina de Turismo. Desta forma podemos ter identificados todos os recursos do concello, ir incorporando novos e traballar sobre mapas identificando aqueles segundo as necesidades do momento; por exemplo...

leer más
Etiquetas:
15/03/2023

Esta fin de semana seguen as experiencias de turismo slow da Mariña Lucense. Deron comezo o pasado 11 de marzo e prolongaranse ata o 23 de abril. O de 18 de marzo recalarán en Cervo e en Foz. Dito programa de actividades está organizado pola Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense. 

O vindeiro sábado, 18 de marzo, terá lugar un brunch con degustación de marmeladas en A Morena, un obradoiro situado en Sargadelos (Cervo), que elabora marmeladas artesanais elaboradas con ingredientes ecolóxicos e de primeira calidade. E ese mesmo día Os Tres Teixos en San Acisclo (Foz) ofrece unha estancia especial para recibir e celebrar o Equinoccio de primavera cun programa de actividades compartidas coma mindfulness, yoga, danza ou paseos conscientes. 

As experiencias de Turismo Slow continuarán o 25 de marzo con dúas...

leer más