Eventos

14/12/2025

A Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá celebra a súa comida de Nadal o día 20 de decembro, sábado, na Casa da Penela, en Vilamor (Mondoñedo). Será ás 14:30 horas, despois da asemblea xeral ordinaria de socios, que está fixada para as 11:30 horas en primeira convocatoria e para media hora despois en segunda, no salón de actos do Concello de Lourenzá.

O prezo da comida é de 28 euros e para participar anota Lupe a través do teléfono 619.37.80.29 e o prazo para inscribirse está aberto ata o mércores 17 de decembro.

Etiquetas:
14/12/2025

O Concello de Riotorto organiza unha comida de Nadal para o día 17 de decembro, mércores, ás 14:30 horas na Casa da Cultura. O prezo é de 25 euros por persoa.

Este evento estará amenizado coa música do dúo Dilema.

Etiquetas:
13/12/2025

Dentro do programa Viveiro Baila, que ofrece bailes de tarde para os maiores, no salón de actos do Conservatorio, este domingo, día 14 de decembro, desde as 19:00 horas actuará a cantante Verónica Cambón

Ademais nesta actividade, organizada polo Concello de Viveiro, haberá chocolate e biscoitos gratis para os asistentes.

 

Etiquetas:
12/12/2025

Este domingo, día 14 de decembro, ás 20:30 horas o atrio da Igrexa de Vilaronte  converterase no punto de encontro para dar a benvida ao Nadal nesta parroquia do municipio de Foz.

Este evento está organizado pola Asociación Cultural O Atrio, que anuncia: “celebrarase o acendido oficial das luces, un momento especial que cada ano reúne á veciñanza nun ambiente cheo de emoción e tradición. A xornada contará cunha actuación musical en directo a cargo de A Subela e para entrar en calor nada mellor ca chocolate con churros quentiños e caldo de pita, preparados para que todos poidan gozar dunha tarde acolledora e festiva”.

A asociación O Atrio tamén dá a coñecer que “xa está en marcha o concurso de decoración exterior Vilaronte énchese de luz!. Este Nadal queremos que Vilaronte brille coma nunca: a asociación O...

leer más
Etiquetas:
12/12/2025

O Colectivo Pensamento e Sementeira organiza en Viveiro unha tarde para xogar en familia. Será este sábado, día 13 de decembro, a partir das 17:30 horas na Sala de Usos Múltiples do Concello de Viveiro. É unha actividade totalmente de balde.

“O inverno é unha época de recollemento e de aproveitar os momentos en familia. Por iso vos traemos o seguinte plan: convidámosvos a compartir unha tarde especial para todas as idades; un espazo no que pequenos e maiores poidades conectar entre vós, divertirvos e, sobre todo, gozar xuntos. Ven pasar unha tarde diferente e acolledora, ideal para combater o frío e crear lembranzas en familia”, anuncia Pensamento e Sementeira.

Etiquetas:
11/12/2025

O Concello de Burela anuncia que a chegada das datas de Nadal trae consigo un calendario cheo de propostas que combina cultura e celebracións abertas á veciñanza en Burela.

O primeiro encontro terá lugar este sábado, 13 de decembro, na praia da Marosa, onde o Burela Surf Club convoca unha actividade aberta a partir das 16:30 horas. Haberá unha pequena sesión de surf con gorro de Papá Noel acompañada de chocolate quente, unha proposta gratuíta á que pode sumarse calquera persoa, aínda que non practique surf.

O mércores 17 ás 20:00 horas o Auditorio Municipal acollerá o Concerto de Nadal da Escola de Música de Burela e o 19 de decembro ás 21:00 horas o Grupo de Teatro A Adala porá en escena o espectáculo para adultos Marina Club. O día 20 celebraranse o Concerto de Panxoliñas da Coral Polifónica de Burela e...

leer más
Etiquetas:
11/12/2025

Ribadeo acollerá o vindeiro luns, 15 de decembro, un evento de promoción dos Viños da IXP Terras do Navia. Será no Parador de Turismo en horario de mañá e de tarde.

Ás 11 da mañá terá lugar a benvida e a presentación institucional a cargo da Vicepresidencia da Deputación de Lugo e da Asociación das IXP de Viños de Galicia, como organizadores da cita. 

Para as 11:15 horas está previsto o Faladoiro Nace no Navia, loce na Mariña no que participarán representantes da Asociación das IXP de Viños de Galicia, de adegas de Terras do Navia, do Colectivo Gastronómico da Mariña e do colectivo PratoDO.

E ás 12:30 horas haberá unha degustación da IXP Terras do Navia e maridaxe con produto galego agroalimentario de calidade da provincia.

Xa pola tarde terá lugar unha visita ás...

leer más
11/12/2025

A parroquia de Celeiro de Mariñaos, no municipio de Barreiros, inaugurará a súa iluminación de Nadal este sábado, día 13 de decembro, ás 19:00 horas.

A Asociación de Veciños Celeiro de Mariñaos anuncia: “xa é Nadal en Celeiro. Gran inauguración da iluminación de Nadal. Convidámosvos a toda a veciñanza a vivir un momento máxico! Acende as túas ganas de festa e ven dar a benvida ao Nadal connosco. O vindeiro sábado, 13 de decembro, ás 7 da tarde nas Escolas de Celeiro. Haberá chocolatada para todos, un doce agasallo para quentar o corpo e o corazón mentres as luces comezan a brillar”.

11/12/2025

Este mércores, 10 de decembro, presentouse oficialmente o Festival das Minas, de A Pontenova, que se celebrará este sábado, día 13 de decembro. O acto contou coa presenza do alcalde, Darío Campos, e de Noé Rodríguez, en representación da Asociación Cultural Deportiva As Minas, entidade organizadora do evento.

Desde a organización agradeceron o apoio recibido do Concello da Pontenova, Xunta de Galicia e Deputación de Lugo. Ademais de numerosas empresas e particulares que colaboran para facer posible unha nova edición deste festival “tan querido. Unha cita que xa é un referente cultural no noso concello”, anuncia o Concello de A Pontenova.

As actividades comezarán  ás 12:00 horas coa actividade infantil Saaabor! ; ás 14 horas haberá unha sesión vermú; ás 20:00 horas empezará unha degustación gratuíta de...

leer más
10/12/2025

O Santuario da Nosa Señora das Virtudes, de A Ponte de Arante (Ribadeo), acollerá este sábado, día 13 de decembro, o acto conmemorativo do X Aniversario da Declaración dos Camiños do Norte como Patrimonio da Humanidade.

O alcalde de Ribadeo, Dani Vega, anunciou que “este sábado, a partir das 11 e media da mañá, teremos o acto conmemorativo do décimo aniversario da Declaración dos Camiños do Norte como Patrimonio da Humanidade. O que queremos celebrar é iso mesmo, poñer en valor todo o patrimonio que nos foi entregado e seguir investindo e así mellorando toda esta Declaración como Patrimonio da Humanidade que debemos seguir apostando por ela e poñer en valor e darnos conta que é unha inmensa honra que sexamos declarados como Patrimonio da Humanidade”.

O rexedor ribadense engadiu: “dez anos de historia, dez anos de...

leer más