Eventos

03/07/2025

O Concello de Cervo anuncia que a parroquia de Santa Isabel de Lieiro “xa está preparada para vivir a fin de semana máis importante do ano, coa celebración das Festas na Honra de Santa Isabel, que se celebrarán esta fin de semana, desde este venres, 4 de xullo, ata o luns 7. A tradicional cita do verán cervense foi presentada pola rexedora, Dolores García Caramés: polo edil de Zona Rural, Adrián Arias; e por unha representación da Asociación Cultural Comisión de Festas de Lieiro, que se encarga da organización, coa colaboración do Concello”.

O programa arrincará este venres ás 23.00 horas, coa celebración da Festa da Xuventude, con Dj Alejandro Martínez e Conxuro discomóvil.

O sábado a xornada comezará ás 13:00 horas coa misa solemne na capela do Gioncho e ás 13.30 horas dará comezo a sesión vermú  a cargo da...

leer más
03/07/2025

Mondoñedo acollerá desde este venres, día 4, ata o domingo 13 de xullo a 23ª Escola Internacional de Verán organizada pola Unión Internacional da Marioneta (Unima), Federación España e Unima Galicia. Anunciouno a  Xunta de Galicia, que apoia esta iniciativa a través da Axencia Galega das Industrias Culturais.

As actividades foron presentadas na Delegación Territorial de Lugo, coa participación do delegado territorial da Xunta, Javier Arias; a tenente de alcalde de Mondoñedo, Ángeles Rodríguez; e o presidente de Unima Galicia, Ton Arenas.

A Xunta de Galicia explica que “a escola vai dirixida a profesionais e afeccionados á marioneta e inclúe tres cursos a cargo de expertos que son referentes no sector a nivel internacional. Nun deles a especialista en monicreques de luva Paz Tatay...

leer más
Etiquetas:
03/07/2025

O departamento de Cultura do Concello de Foz está organizando un verán cheo de actividades. Este mércores inaugurouse a primeira exposición do verán nas salas do CENIMA: unha colección de obras pictóricas e escultóricas de Vicente Barreira e Esperanza Fontecha, que estará aberta de martes a sábado en horario de 11.00 a 13.00 e de 17.00 a 19.00 horas e domingos e festivos de 11.00 a 13.30 horas ata o 27 de xullo. “As exposicións Paisaxes e Obra Última, de Vicente Barreira e Esperanza Fontecha, son de visita obrigada para quen lle guste a arte”, destaca a concelleira de Cultura, Inés López Couto.

A edil de Cultura anuncia tamén que “o ciclo Sons na Rúa cumpre dezaoito edicións enchendo de música local Foz todos os venres do verán en diferentes prazas do concello. Este venres comeza da man da Rondalla Latexos, a partir das...

leer más
03/07/2025

A asociación Camiñantes e Camiños e o Celta Barreiros, organizan a Romaría na honra a Santo Estevo do Ermo, que terá lugar este sábado, 5 de xullo. Contan coa colaboración de Barreiros Mar e Monte. 

O presidente do colectivo, José Manuel Gómez Puente, explica que “a Romaría de Santo Estevo do Ermo é unha tradición de moitos anos que os veciños e veciñas de Barreiros teñen moi presente e por iso desde a asociación Camiñantes e Camiños a organizamos neste 2025 xunto co Celta Barreiros  e preparamos un sábado cheo de actividades”. 

O programa deseñado para o 5 de xullo é o seguinte: “comezaremos cunha ruta de polo entorno de Santo Estevo ás dez da mañá. Á unha do mediodía teremos misa cantada e logo procesión. Despois ás 13:30 horas degustación gratuíta de torresmos e ás 14 horas grande churrascada. Xa para as tres...

leer más
Etiquetas:
03/07/2025

O Concello de Burela organiza un torneo de parchís por parellas, dentro do programa Xogo e Xente. Será os días 7 e 8 de xullo na Praza da Mariña ás 21:00 horas.

As inscricións están abertas ata o 6 de xullo ás 14:00 horas na Casa do Concello ou no correo electrónico cultura@burela.org.

“As prazas son limitadas, mínimo 8 e máximo 16 parellas (por orde de inscrición). Podes consultar as bases dos torneos a través da sede electrónica: https://f.mtr.cool/zmwjlmdlew. As parellas finalistas levarán un agasallo especial. Unha cita para xogar, rir e compartir!”,...

leer más
Etiquetas:
03/07/2025

O Concello de Barreiros organiza un ano máis un programa de roteiros para os meses de xullo e agosto, cos que pretende dar a coñecer ás persoas visitantes perspectivas diferentes do municipio, “amosando a grande diversidade que conflúe no seu territorio”.

A alcaldesa, Ana Ermida, explica que “estas rutas están deseñadas para promocionar as partes menos coñecidas do municipio, poñendo en valor paisaxes e actividades propias do territorio e fundamentais no desenvolvemento de Barreiros. O que se pretende é que quen nos visite poida coñecer realmente a onde está vindo e a vida ambiental, social e económica que hai en Barreiros, lonxe de promocionar unha imaxe asociada puramente ao turismo tradicional de sol e praia. Así, estas andainas lévannos á costa, quizais unha parte moi coñecida, pero poñendo o foco no inmenso valor ambiental que se...

leer más
02/07/2025

O colectivo creado para lembrar o labor de Isaac Díaz Pardo organiza unha romaría en Sargadelos  (Cervo) o día 12 de xullo, sábado.

“O grupo Isaac Sargadelos, formado por un conxunto de artistas, comerciantes e asociacións culturais e creado de forma espontánea a partir das inquietantes noticias do peche da actual fábrica de Sargadelos, quere convidar á cidadanía en xeral, a unha romaría, que terá lugar o sábado 12 de xullo de 2025 no escenario do xantar do merendeiro ao pé do Paseo dos Namorados, do conxunto histórico artístico de Sargadelos e na Sala das Carboeiras. Queremos mostrar e compartir a importancia material e emocional que supuxo e supón a fábrica de Sargadelos, tanto no eido creativo e cultural como no laboral e social”, anuncia o colectivo organizador do evento.

Tamén explican que “para divulgar o...

leer más
02/07/2025

Riotorto celebrará as festas na honra a San Cristóbal esta fin de semana, o venres día 4 e o sábado 5 de xullo.

As actividades comezarán o venres a partir das 22:00 horas, cunha cea popular e deseguido verbena coa orquestra Gran Parada.

E o sábado celebrarase misa ás 12:30 horas, procesión e bendición de vehículos. A continuación haberá sesión vermú co grupo Fénix, que tamén actuará na verbena xunto ao solista José Manuel de Abanico.

Etiquetas:
01/07/2025

O alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro; e a concelleira de Medio Ambiente e Turismo, Cecilia Duarte, presentaron o novo programa de rutas guiadas da empresa Rutas Galicia Norte, unha iniciativa turística e educativa que invita a veciños e visitantes a coñecer a riqueza natural, cultural e histórica do municipio. Serán os seguintes días: venres 18 de xullo, Ruta dos Muíños da Rigueira, xoves 24 de xullo, Acantilados de papel; xoves 7 de agosto, San Tirso de Portocelo; e xoves 21, Esteiro de Xove.

O proxecto impulsado pola área de Turismo e Medio Ambiente, inclúe unha serie de percorridos a pé por paraxes naturais, sendeiros tradicionais e puntos de interese turístico. Estas rutas estarán acompañadas por un guía especializado, Boris Vilar Vidal, que ofrecerá explicación sobre a flora, fauna, xeoloxía e patrimonio local, promovendo o respecto...

leer más
Etiquetas:
01/07/2025

Acisa Ribadeo repartirá vasos de plástico ríxido reutilizable como recordo conmemorativo do X Ribadeo Indiano. Trátase de 15.000 recipientes serigrafiados. Na presentación participaron a Vicepresidencia da Deputación de Lugo e Acisa.

A presidenta do colectivo empresarial ribadense, Carmen Cruzado, indicou que “Acisa coorganiza xunto ao Concello o Ribadeo Indiano, cita na que nos implicamos de xeito especial, xa que se trata dun evento que cada ano se fai máis importante para o comercio e a hostalería ribadense, e que xera unha actividade económica inigualable. Todos os negocios están agardando por esta fin de semana e prepáranse para atender da mellor forma posible aos milleiros de persoas que do 11 ao 13 de xullo se achegarán á nosa vila. Por iso cada ano, desde a organización do Ribadeo Indiano, tentamos ir a máis e poñemos en marcha...

leer más