Eventos
A asociación Os Sendeiros, de Foz, anuncia que o sábado 23 de decembro porá o tradicional Belén de Cumes e nesta ocasión a cima elixida será o alto do Virín, no municipio de Foz. Esta actividade é gratuíta e os participantes poderán levar algunha figuriña para o belén.
A saída será ás 10:00 horas desde a capela do Carme, en San Martiño. E o último día para anotarse é o 22 de decembro. Os interesados poden contactar cos teléfonos 606.71.84.82 (Laura) ou 670.36.90.17 (Morís).
A Asociación Cultural e Deportiva As Minas, da Pontenova, ten en marcha ata o 14 de xaneiro a oitava campaña de recollida de alimentos non perecedoiros, roupa e xoguetes para persoas necesitadas.
Os alimentos poden entregarse nos supermercados Superti e Gadis, na Librería Droguería Eugenia e na clínica Son Saúde. A roupa e os xoguetes recóllenos no IES Enrique Muruais e no CEIP Plurilingüe A Pontenova.
O recadado será entregado ao Concello da Pontenova, á Cruz Vermella e a Cáritas para que o repartan entre as persoas que o necesitan.
O atrio de San Pedro, en Alfoz, acolle un Mercado de Nadal este venres, 8 de decembro, de 10:00 a 20:00 horas. Está organizado pola Asociación Cultural e Xuvenil O Castelo e pola Asociación Veciñal de Mor.
Haberá postos de comida, artesanía, adornos de Nadal, bebidas, accesorios, etcétera. De 12:00 a 17:00 horas desenvolverase un obradoiro gratuíto para xs máis pequenxs sobre creación de adornos de Nadal. E ás 19:00 horas acenderanse as luces de Nadal, con actuación musical.
“Se aínda non tés os adornos de Nadal ou che falta algún agasallo que mercar, xa sabes a onde vir. Haberá carpa climatizada, chocolate, viño quente, ... para pasar o día na mellor compañía. Esperámosvos!”, din os organizadores.
A cuarta edición de A Mariña en Ruta rematará o vindeiro 16 de decembro en Lourenzá cunha visita que será guiada por Carmen Delia, de La Guiateca.
A Mariña en Ruta é un proxecto promovido pola Mancomunidade de Concellos coa colaboración da Xunta de Galicia e da Deputación de Lugo. De outubro a novembro foron programadas 16 actividades, unha por cada concello que conforma o xeodestino e onde a artesanía da comarca ten un papel destacado. Esta edición arrincou o 7 de outubro e concluirá o 16 de decembro, despois de que por mor do mal tempo e dos lumes declarados na ponte do pasado 12 de outubro varias das saídas tivesen que mudar de data.
Onte domingo, 3 de decembro, tivo lugar a ruta polo concello do Valadouro. Os participantes subiron ata a zona dos Penidos, na parroquia de Santo Tomé, e alí visitaron o antigo...
leer másO programa de conciliación familiar, dirixido a crianzas de entre 3 e 12 anos, dará comezo o 22 de decembro e finalizará o venres 5 de xaneiro (ambos incluídos. Será de luns a venres en horario de 8:30 a 14:30 horas. Os días 25 de decembro e 1 de xaneiro non haberá actividade ao seren festivos nacionais.
O obxectivo deste programa do Concello de Cervo é que as nais e os país poidan conciliar a súa vida laboral co coidado dos seus pequenos e pequenas.
O prazo de inscrición remata o 15 de decembro.
"A vila retoma neste Nadal unha tradición que busca axudar ás familias con menos recursos, co obxectivo de facer destas datas un momento de felicidade para os veciños e veciñas apelando á solidariedade e á xenerosidade de todos", afirma a alcaldesa, María Loureiro.
Os xoguetes, puzzles, material escolar e libros doados deberán ser novos, ou seminovos e serán entregados coa embalaxe orixinal e sen empaquetar.
O punto de recollida será a Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) situada no Concello de Viveiro en horario de 9:00 a 15:00 horas e o reparto será xestionado dende a Concellería de Servizos Sociais.
Viveiro inaugura o martes 5 de decembro o belén de gran tamaño Viveiro ante o berce e as luces de Nadal.
A alcaldesa, María Loureiro, explica que “Viveiro foi un Concello pioneiro en acender o alumeado coincidindo coa ponte de decembro, coa intención de alongar a campaña de Nadal e favorecer así ao comercio e ao sector servizos”.
Ademais deste acendido das luces, inaugurase tamén o propio día 5 o belén Viveiro ante o berce, organizado polo Concello e financiado pola Deputación de Lugo a través dun convenio.
A concelleira de Cultura, Lara Fernández, sinala que este belén é “un referente a nivel galego, e como tal atrae a moitísima xente de toda Galicia que vén a Viveiro para velo, contribuíndo así tamén á dinamización do sector servizos”.
Con motivo da inauguración desta...
leer másProdutores e creadores locais e de proximidade daranse cita no Mercadiño no Nadal que está a organizar o Concello de Barreiros por segundo ano e que terá lugar o domingo 10 de decembro na Praza do Concello de 11 a 20 horas.
O Concello de Bareiros avanza: “nos vindeiros días irémosvos anunciado os postos que poderedes atopar así como algunha novidade que haberá este ano”.
O Concello de Cervo solicita colaboración da veciñanza do municipio para a elaboración dos beléns de plastilina que estarán expostos na Casa da Cultura de San Ciprián e na Casa do Concello, en Cervo, durante o Nadal.
A cita será o día 7 de decembro, xoves, na Casa da Cultura de San Ciprián ás 12:00 horas e na Casa do Concello, en Cervo, ás 18:00 horas.
“Contamos coa túa imaxinación e creatividade! Anímate a participar”, di a organización desta actividade.
A pista de xeo e RibaXogo abriron as súas portas esta tarde nas carpas instaladas no aparcamento da Avenida Rosalía de Castro.
Ata o 7 de xaneiro será posible patinar sobre xeo. O prezo da entrada é de 5 euros, que quedará en 3 para aquelas persoas que teñan mercado no comercio ou consumido na hostalería local. É obrigatorio levar luvas para acceder á pista, que é apta para todos os públicos.
E os máis pequenos da casa poden gozar tamén desde hoxe de RibaXogo, onde atoparán diferentes atraccións para eles. O prezo neste caso é de 1 euro por atracción.
O horario de apertura da pista de xeo e de RibaXogo será de 16:30 a 21:00 horas ata o 31 de decembro. E do 2 ao 7 de xaneiro abrirá de 12 a 14 horas polas mañás e de 16:30 a 21:00 horas pola tarde.
Os días 24...
leer más