Fútbol Sala

Etiquetas:
25/08/2019

Comeza a conta atrás, coa apertura da campaña de socios/as 2019-20. Tan só queda un mes para Vista Alegre volva ruxir co mellor dos espectáculos nunha tempada moi especial para a Familia Laranxa, cumprindo 18 anos de traballo dende a base á elite.  

Os nov@s soci@s poderán formalizar a súa solicitude cubrindo o formulario adxunto e facendo a entrega na sede do club (Arcadio Pardiñas, 97, entreplanta, Burela. Horario do mes de agosto: De Luns a venres, 9.00-14.00 horas) ou a través de burelafs@burelafs.org

Como novidade, as altas de socio tamén se poderán tramitar online, nesta LIGAZÓN.

PREZOS DE ABONOS 2019-20

0-5 anos: Gratuíto

6-17 anos: 20 euros

Abono 25 (18-25...

leer más
Etiquetas:
23/08/2019

O Praias de Barreiros bota a andar. O clube barreirense comezou os adestramentos de cara á próxima tempada 2019/2020 coa novidade da posta en liza por primeira vez dun equipo senior femenino.

O fútbol sala volveu ó Pavillón Municipal de Barreiros tralo parón estival, o pasado luns iniciaron a súa preparación os rapaces de Juan Antonio Fernández, que competirán unha tempada máis na Terceira División Nacional. Tras anunciar nas pasadas datas as renovacións do groso da plantilla que rematou a pasada campaña nunha meritoria novena posición no seu debut na categoría, os barreirenses deron comezo á pretempada con varios xogadores a proba e co punto de mira fixado no primeiro partido oficial que disputarán o próximo sábado, 24 de agosto, no Pavillón Municipal cando se enfronten ó Xove FS (20:00 horas) na eliminatoria correspondente ós...

leer más
Etiquetas:
20/08/2019

No Concello de Burela presentouse hoxe a cuarta edición do Torneo Burela Bonita de fútbol sala que terá lugar do 23 ao 25 de agosto no pavillón Vista Alegre. Participarán o Palma, o Parrulo e o Burela Pescados Rubén. Celebrarase tamén un triangular xuvenil destes equipos e o domingo haberá unha fila cero con fins solidarios, xa que a recadación irá destinada á loita contra o cancro.

O concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández Rey contou que “no Concello de Burela vimos de presentar a cuarta edición do Torneo de fútbol sala Burela Bonita que organiza o Concello en colaboración co Burela FS. Este ano imos contar con tres equipos de División de Honor que van ser o Parrulo, o Palma e o Burela FS. Ademais este torneo servirá como presentación do equipo masculino ante a súa afección. É un ano ilusionante porque volvemos á Primeira División”....

leer más
06/06/2019

A maxia do futsal agarda polas promesas femininas, nas categorías Alevín (2008-09), Infantil (2006-07), Cadete (2004-05) e Sénior. As rapazas interesadas poderán reservar a súa praza para participar nos adestramentos do 4 e 5 de xullo e divertirse co fútbol sala. 

Data límite de inscrición: Martes 2 de xullo

O formulario de inscrición xa está dispoñible na sede do club. Poderán recibir toda a información na oficina laranxa (avenida Arcadio Pardiñas, número 97, entreplanta, Burela), a través do número 982581815 ou en escuelasdeportivas@burelafs.org.

Horarios de adestramentos, 4 e 5 de xullo

CATEGORÍAS ALEVÍN e INFANTIL: 18:00 h a 19:30 h (Pavillón Vista Alegre)
CATEGORÍAS CADETE e SENIOR: 19:30 h a 21:00 h...

leer más
Etiquetas:
27/05/2019

A Escola de Adestradores da Real Federación Galega de Fútbol organiza un curso de monitor de fútbol sala que se celebrará en Burela e dará comezo o día 5 de xuño.

Este curso rematará o 6 de xullo e desenvolverase os luns, mércores e xoves, en horario de 20:00 a 23:00 horas, e os sábados de 9:30 a 14:30 h.

A inscrición xa está aberta e pode realizarse online a través do apartado da Escola na web www.futgal.es. Tamén se pode contactar coa Escola de Adestradores no número de teléfono 981 900 600 ou no correo electrónico escueladeentrenadores@futgal.es.

 

Etiquetas:
22/05/2019

A Escola do Pescados Rubén Burela FS realizará xornadas de portas abertas a partir da vindeira semana para tod@s @s nen@s que queiran achegarse máis ao fútbol sala, entre as categorías Biberón e Cadete, e de forma totalmente gratuíta. 

O formulario de inscrición xa está dispoñible na sede do club. Poderán recibir toda a información na oficina laranxa (avenida Arcadio Pardiñas, número 97, entreplanta, Burela),  a través do número 982581815 ou en escuelasburelafs@gmail.com

Data límite de inscrición (prazas limitadas)

-De Biberón (nad@s en 2013-14) a Benxamín: Ata o mércores 29 de maio (ás 14.00 horas)

-De Alevín a Cadete: Ata o venres 7 de xuño (ás 14.00 horas)

Períodos de adestramentos

... leer más
20/05/2019

O pavillón polideportivo de San Cosme acolleu esta tarde a presentación do equipo de fútbol sala feminino Praias de Barreiros, que xogará a vindeira tempada na liga provincial. O acto contou coa presenza da secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, do vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, do delegado territorial da Xunta, José Manuel Balseiro, e do alcalde barreirense, Alfonso Fuente. 

Despois de presentarlles ao equipo chegou a quenda de discursos.  Na súa intervención Susana López Abella dixo: “como secretaria xeral de Igualdade estou moi contenta de que me convidarades a vir xunto co vicepresidente da Xunta, de quen depende a Secretaría Xeral de Igualdade, para darvos apoio de todo tipo, moito ánimo e noraboa. Seguro que vamos ter moitas alegrías, con moitos esforzos, non vai ser un camiño de rosas, xa o sabedes vós, sobre...

leer más
10/05/2019

O VIII Torneo de Fútbol Sala Base Memorial Héroes do Orzán celebrarase na Mariña do 26 ao 30 de xuño. No evento, que foi presentado este mediodía no Concello burelés, reuniranse máis de 800 rapaces de 70 equipos procedentes de diferentes puntos de España. O concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández Rey, salientou a importancia que esta cita ten para a comarca. Pola súa banda o alcalde, Alfredo Llano, lembrou que o evento naceu como un acto de solidariedade que hai que fomentar no deporte entre os rapaces.

Fernández Rey dixo que “como concelleiro de Deportes quero agradecer á Fundación Indecum que conte co Concello de Burela para este Memorial. Máis aló do feito de recordar a estas tres persoas que deron a vida para intentar salvar a outro, tamén nos toca moi de cerca porque Rodrigo era de Burela, unha persoa que amaba o deporte. Eu penso...

leer más
26/02/2019

O Presidente da Deputación e Alcalde da Pontenova, Darío Campos Conde, a Alcaldesa de Trabada, Mayra García Bermúdez, e o Alcalde de Meira, Antonio de Dios Álvarez, presentaron este martes o Campionato Galego de Seleccións Comarcais de fútbol sala, que se celebrará entre os días 2 e 4 de marzo, nos concellos de A Pontenova, Trabada e Meira.No acto tamén participaron membros da Federación Galega de Fútbol, como o Presidente do Comité Galego de Fútbol Sala e Vicepresidente da RFGF, Pablo Prieto, e o Vicepresidente da RFGF, Carlos Méndez ‘Negrín’.

Neste campionato, de carácter anual, competirán as seleccións comarcais de A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra, Vigo, Ferrol e A Mariña, nas categorías de benxamín (mixto), alevín (mixto e feminino) e infantil (masculino e feminino).

O Presidente explicou que “...

leer más
06/01/2019

El juvenil burelista Néstor Valle, Nito, estrenará 2019 con un nuevo llamamiento de la Selección Española. La Xoia Laranxa ha entrado en la lista de Sub-19 para la concentración prevista entre el 13 y el 17 de enero con motivo de dos compromisos frente a Serbia en la ciudad de Gornji Milanovac (días 15 y 16). 

Junto a Nito, otros 13 jugadores conformarán la expedición de Albert Canillas, convocados para el 13 de enero para poner rumbo al destino balcánico.

CONVOCATORIA
Porteros
Adrián Pereira Oliveros - Sala 10 Zaragoza
Jesús Álvaro Recio Lara - AD Alcorcón FS

Cierres
Antonio Pérez Ortega - Jaén FS
Néstor Valle Gómez- Pescados Rubén Burela FS
Ricardo Mayor Gonzalvez - Aljucer-ElPozo Murcia

Alas
Cristian Molina Pardo -...

leer más