Saldoira
El centro social Blanca Muruais, de Saldoira (A Pontenova), acogerá este sábado, día 20 de septiembre, de 9 a 13 horas un curso de manipulador de alimentos e higiene alimentaria. Las personas interesadas en participar pueden inscribirse a través del teléfono 619.67.96.67.
El contenido del curso es el siguiente: “calidad alimentaria; definición de alimentos; clasificación de los alimentos; alteraciones de los alimentos; deterioro de los alimentos de origen animal y de origen vegetal; manipulación higiénica de los alimentos; cadena alimentaria: origen, transformación, tratamiento, trazabilidad de los alimentos; el papel del manipulador de alimentos; locales e instalaciones: maquinaria, herramientas y utensilios, limpieza y desinfección; eliminación de las basuras y residuos; higiene personal: aseo, hábitos higiénicos, estado de salud y...
leer másSaldoira, no concello da Pontenova, celebra as festas na honra a San Pedro da Ribeira esta fin de semana, venres 27 e sábado 28 de xuño.
As actividades comezarán o venres ás 22:00 horas cunha churrascada, na que para participar hai que reservar e o prazo remata este mércores, 25 de xuño. A continuación haberá festa e verbena co grupo Montreal.
E o sábado celebrarase misa solemne ás 14:00 horas, seguida de procesión e sesión vermú co dúo Colimbo. Haberá merendas no campo da festa, que estará acondicionado con merendeiros. E pola noite a festa e verbena estará amenizada polo grupo La Rosa e o dúo Colimbo.
A Asociación de Veciños San Pedro da Ribeira, de Saldoira (A Pontenova), organiza unha excursión a O Grove e a Illa da Toxa para o día 6 de xuño, venres. Esta actividade inclúe percorrido en catamarán e merenda de mexillóns e viño.
O prezo para os socios do colectivo organizador é de 32 euros e os participantes que non formen parte da asociación deberán pagar 40 euros.
O prazo para anotarse remata o luns 26 de maio.
A asociación de veciños San Pedro da Ribeira de Saldoira (A Pontenova) anuncia a celebración del obradoiro de cociña titulado Sabores do pasado, praceres do presente, a cargo de Jacobo Fernández. Será este domingo, día 18 de maio, de 18:00 a 21:00 horas.
Esta actividade desenvolverase no centro social Blanca Muruais, que está na área recreativa de Saldoira, situada xunto á estrada Nacional 640.
Para máis información e inscricións as persoas interesadas poden contactar coa organización a través do teléfono 622.540.968.
Saldoira, no concello da Pontenova, celebrará a súa primeira festa do ovo frito con chourizo este sábado, día 17 de maio, a partir das 22:00 horas.
Para participar na cea hai que reservar antes deste xoves, 15 de maio, a través dos teléfonos 619.67.96.67, 636.25.81.06 ou 610.75.99.19
Este evento está organizado pola comisión de festas San Pedro da Ribeira 2025, que tamén anuncia que haberá baile “ata que o corpo aguante!”.
Saldoira, no concello da Pontenova, acollerá unha charla da Garda Civil sobre estafas a través das novas tecnoloxías (sms, whatsapp, email,…). Será o día 12 de abril, sábado, ás 17:00 horas.
Está organizada pola asociación veciñal San Pedro da Ribeira coa colaboración da Garda Civil.
Saldoira, no concello da Pontenova, acollerá unha charla da Garda Civil sobre seguridade para persoas maiores este sábado, día 15 de marzo. Será ás 17:00 horas no Centro Social Blanca Muruais. A entrada é gratuíta con aforo limitado.
Está organizada pola asociación veciñal San Pedro da Ribeira e a súa presidenta, Alba Fernández Lodeiro, explica que é “unha charla para previr estafas, timos, roubos... á xente maior”.
A Asociación de Veciños San Pedro da Ribeira, de Saldoira (A Pontenova) organiza un cocido de Entroido para o día 15 de febreiro, sábado, ás 14:00 horas.
O prezo para as persoas asociadas o colectivo veciñal é de 25 euros e as que non o son terán que pagar 30 euros. O prazo para anotarse está aberto ata o 10 de febreiro.
A asociación de veciños San Pedro da Ribeira, de Saldoira (A Pontenova), anuncia unha charla sobre o proxecto Voces en red, da Cruz Vermella, para o día 7 de febreiro, venres, ás 16:30 horas no centro social Blanca Muruais.
“O venres 7 de febreiro ás 16:30 horas chega a Saldoira o proxecto Voces en red, da Cruz Vermella, no que se facilita unha Alexa ás persoas maiores de 65 anos”, anuncia o colectivo veciñal.
A asociación de veciños San Pedro da Ribeira, de Saldoira (A Pontenova), organiza un magosto para este sábado, día 30 de novembro, desde as 20:00 horas.
Para participar nesta actividade hai que anotarse previamente e o prazo remata este xoves, 28 de novembro.