Deportes
01/10/2015
A Sección de Baloncesto do Club Deportivo San Ciprián e o Concello organizan o primeiro Trofeo Concello de Cervo, que se celebrará o vindeiro sábado, 3 de outubro, no pavillón polideportivo de A Veiga, en San Ciprián. O evento foi presentado polo concelleiro de Deportes, José Ramón Soto; o delegado da sección de Baloncesto do C.D. San Ciprián, Roberto Santos Gutiérrez; e o presidente do club, César Díaz Criado.
O torneo supón o regreso a nivel competitivo do baloncesto de adultos a San Ciprián. “Levaba uns anos sen actividade nos adultos, aínda que o Concello dende o ano 2007 segue potenciando a práctica deste deporte, pero en categorías inferiores, ata os 12 anos. En canto ao torneo deste sábado disputarano 4 equipos, que son o Club Deportivo San Ciprián de Baloncesto; o...
leer más 30/09/2015
A Concellaría de Igualdade comeza o vindeiro 11 de outubro unha nova edición dos Domingos a pé, que desta volta discorrerá polo municipio de Castropol, nunha ruta a pé duns 11 quilómetros, gratuíta, que inclúe a subida ao monte Pousadoiro. Precísase dun mínimo de 12 mulleres participantes para poder levarse a cabo, segundo anuncia Mariluz Álvarez Lastra.
A edil de Igualdade contou que “dende o Centro de Información á Muller do Concello de Ribadeo queremos informar a toda a cidadanía e sobre todo ás mulleres do noso concello dos Domingos a pé, esas actividades que xurdiron hai nove anos para ter un tempo de desconexión, de relax, para compartir con outras compañeiras e, sobre todo, para coñecer o noso patrimonio e o noso entorno con estas rutas a pé que imos facendo os...
leer másTerras de Lourenzá fará a ruta do Desfiladero de los Arrudos, en Asturias, o vindeiro 11 de outubro.
29/09/2015
Rematando setembro, a Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá presenta a ruta do mes de outubro. Nesta ocasión volve desprazarse á veciña comunidade de Asturias, para, en pleno Parque Natural de Redes, realizar a ruta do Desfiladero de los Arrudos (PR.AS-61).
Trátase dun percorrido lineal, de 11 kms e dificultade media-baixa, que os levará de Caleao a La Fontona, con regreso a Caleao. Tendo en conta as características do entorno, recomendan levar botas e bastóns.
Esta andaina será o domingo, 11 de outubro, e a saída de Lourenzá está prevista para as 7 da mañá. No prezo (de 35€ para socios e 40€ para non socios) inclúese o transporte en autobús...
leer más 29/09/2015
Un ano máis, e antes de comezar a XXVII Tirada de Bolos Concello de Xove, o Concello, a través da súa Concellería de Deporte, xunto co IES Illa de Sarón de Xove, organizan unhas xornadas destinadas a promocionar o xogo dos bolos entre os alumnos/as da ESO.
Estas Xornadas véñense celebrando dende hai varios anos, contando coa colaboración do IES Illa de Sarón. Polas mesmas van pasar tódolos alumnos/as do IES, e nelas vánselles explicar os fundamentos deste xogo autóctono, e todos terán, así mesmo, a oportunidade de xogar.
As xornadas teñen, polo tanto, unha dobre vertente, con explicacións teóricas a cargo do técnico de Cultura, Mario Eijo, e unha parte práctica a cargo do xogador Modesto Albo, o máis veterano do Concello, de 86...
leer más 27/09/2015
O vindeiro 5 de outubro darán comezo as Escolas Deportivas Municipais, que organiza o Concello de Burela e que se prolongarán ata o 27 de maio. Serán cinco as disciplinas que se impartan: patinaxe lúdico, tenis de mesa, bádminton, patinaxe artístico e ballet. As fichas de inscrición entregaranse na Casa do Concello do 28 de setembro ao 1 de outubro en horario de 8 a 14 horas. Desde a Delegación de Deportes advirten que “todo aquel rapaz ou rapaza, que non teña formalizada e entregada a ficha de inscrición non poderá asistir a actividade ata realizar dito requisito”. Nas Escolas Deportivas Municipais poderán participar os nenos e nenas nados entre os anos 1999 e 2010.
O concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández, sinala que “as actividades de patinaxe lúdico, bádminton e...
leer más 26/09/2015
A VI carreira popular Val das Fabas terá lugar en Lourenzá o 3 de outubro. Os participantes poderán elixir entre dous percorridos A Verdina (7 quilómetros) ou A Galaica (14 quilómetros).
Haberá varias probas. Ás 16:30 horas sairán os pitufos, que farán 150 metros. Os prebenxamíns sairán ás 16:40 horas e percorrerán tamén 150 metros. Ás 16:50 horas será tempo para os benxamíns, que farán 450 metros. Ás 17:00 saíran os alevíns, que percorrerán 700 metros. Ás 17:10 será a quenda dos infantís, que realizarán un percorrido de 1.400 metros. A Verdina (7.000 metros) sairá ás 17:30 horas ao igual que A Galaica (14.000 metros).
Haberá trofeos para os tres primeiros de cada categoría e medallas para as categorías menores. Así coma regalo de...
leer más 23/09/2015
Este domingo, 27 de setembro, a ACD.Xove xunto ao Concello de Xove organizan o Día da Bici Xove-2015.
O punto de inicio é o centro cívico ás 16:30 horas. As actividades do día inclúen unha ruta cicloturista por Xove, Regosanguento e Ponte do Carro en A Rigueira, ao longo de 13 quilómetros. Haberá actividades infantís, como globoflexia e pintura de caras e unha exhibición dun equipo de BMX. O participante máis veterano e máis novo, así como a bicicleta máis orixinal serán premiados. Haberá tamén o sorteo dunha bicicleta e material deportivo, agasallos e merenda. O uso do casco é obrigatorio. A inscrición está aberta ata 15 minutos antes do inicio da ruta.
Colaboran con esta actividade...
leer más 23/09/2015
O vindeiro sábado, 26 de setembro, Foz celebrará a décima edición do Día da Bicicleta, partindo do Parque Infantil de Tráfico e facendo o percorrido pola ruta das praias, ata chegar á zona de avituallamento que estará sita no parque do río Ouro. Posteriormente realizarase o mesmo percorrido á inversa para chegar ao punto de inicio.
Os interesados en participar poderán anotarse ata o venres 25 na Casa da Xuventude e o sábado poderán facelo desde as 15 ata as 15:45 horas no Parque Infantil de Tráfico. Ás 16 horas será a saída. O percorrido estará controlado pola Policía Local en coche e moto, ademais de Protección Civil.
Haberá premios para o participante máis novo, o máis veterano, o mellor disfrace e a bicicleta mellor engalanada....
leer más 22/09/2015
As Escolas Deportivas Municipais de Foz presentan mañá, mércores, ás 18 horas na Casa da Cultura de Foz, coa presenza do alcalde, Javier Jorge Castiñeira, as súas actividades para a vindeira temporada, que comeza o vindeiro luns, 28 de setembro. As disciplinas, sete en total, van dirixidas a nenos e nenas nados a partir do 2000 ata o 2012. O prazo de inscrición está aberto.
Os nenos nados en 2011 e 2012 tamén teñen unha actividade específica para eles, os Pequexogos, que se desenvolverán na Sala Bahía, de 16:15 a 17:15 horas os mércores e os xoves de 18 horas a 19 horas. Con ela quere facilitarse a relación con outros nenos e a aprendizaxe de valores de xogos, así como a iniciación para a práctica de futuros deportes.
... leer más 22/09/2015
A asociación de sendeirismo Os Sendeiros de Foz ten previsto desprazarse o próximo 4 de outubro á Ribeira Sacra para facer a ruta da Cubela, no municipio de Ribas do Sil. A saída está prevista ás 7:30 horas dende o Concello de Foz e o prazo para inscribirse na actividade pecha o 2 de outubro. Poderase facer nos teléfonos 696 23 60 20 (Luciano) ou 670 36 90 17 (Morís). Tamén é posible a inscrición no correo electrónico ossendeiros@yahoo.es
O prezo é de 15 euros para os socios e de 20 para os non socios. Recoméndase levar equipo de sendeirismo. A ruta ten unha dificultade media. A actividade non inclúe seguro se accidentes, así que cada participante farase cargo dos danos que poda sufrir. A comida será por conta propia no San...
leer más