Deportes
A primeira edición da Carreira Popular San Silvestre, de San Ciprián (Cervo) disputarase o día 31 de decembro, mércores, desde a Praza dos Campos a partir das 12:00 horas. Está organizada polo Club de Trail A Fume de Carozo coa colaboración do Concello de Cervo.
“Anímate a despedir o ano correndo na I Carreira Popular San Silvestre A Fume de Carozo! O vindeiro 31 de decembro San Ciprián encherase de deporte, diversión e ambiente familiar cunha proba pensada para todas as idades”, anuncia o Concello de Cervo.
A inscrición é totalmente gratuíta.
O Concello de Foz reabre este mércores, día 10 de decembro, a piscina municipal despois da substitución do lucernario. Os cursos de natación para nen@s e persoas adultas, así como a actividade de aquagym, tamén se retoman no seu horario habitual.
Anunciouno o alcalde, Fran Cajoto, que ademais explica que “non se cobrarán as cotas dos cursos de natación do mes de decembro, en compensación polos días cobrados en outubro. Ás persoas usuarias que posúan bonos de baño ampliáranselles as datas de caducidade. Aos nenos e nenas abonados/as menores de 16 anos non se lles cobrará a cota de decembro, en compensación polos días cobrados en outubro. Para calquera consulta poden poñerse en contacto co concesionario no teléfono 982.13.28.31”.
As obras de substitución do lucernario, por importe de 85.910 euros, foron financiadas...
leer másO sábado 20 de decembro disputarase ciclocrós Concello de Viveiro, que é puntuable para a Copa Galicia 2025-2026. As competicións celebraranse en horario de mañá para categorías de cadetes, júniors, sub-23, elite e máster.
A presentación da proba tivo lugar este mércores e contou coa presenza de Mariña Gueimunde, alcaldesa de Viveiro; Carlos Muñiz, presidente da Federación Galega de Ciclismo; e Alberto Ballester, responsable da área de ciclocrós.
A proba comezará o sábado 20 de decembro ás 11.00 horas. Os participantes poderán recoller os dorsais desde as 9.30 horas. O prazo de inscrición permanece aberto ata o 18 de decembro e o límite de participantes é de 250. Os interesados poden obter máis información no sitio web da Federación Galega de Ciclismo.
A alcaldesa, Mariña Gueimunde,...
leer másRibadeo acollerá o día 13 de decembro, sábado, o Campionato Provincial Cross Xogade 2025-26, que terá lugar a partir das 10:30 horas no Campamento Xuvenil da Devesa. A cita está organizada por A.D.E. A Mariña coa colaboración do Concello de Ribadeo, Deporte Galego, Gadis, Clun e Club Atletismo Ribadeo.
O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, sinalou: “seguimos albergando competicións deportivas en Ribadeo, que son un aliciente as fins de semana para o noso concello e sobre todo para a nosa hostalería. O pasado 29 de novembro xa tivemos unha proba clasificatoria na Devesa e agora celebrarase o Campionato Provincial Cross Xogade 2025-26 o vindeiro 13 de decembro nas mesmas instalacións”. O edil dixo tamén: “estamos moi contentos de acoller este tipo de eventos en Ribadeo”.
Na presentación participaron o...
leer másO Iberia Club de Fútbol, de San Miguel de Reinante (Barreiros), anuncia que se presentaron os actos de 90 Aniversario do club que “terán o seu epicentro cos partidos desta fin de semana de derbis: o sábado o equipo xuvenil enfrontarase ao CD Foz e o domingo o equipo sénior xogará contra o Ribadeo FC”.
Na presentación participaron, ademais de Marcos Rodríguez, como presidente do Iberia CF; Manolo Cadramón (xefe de Deportes da Xunta en Lugo); e Ana Ermida (alcaldesa de Barreiros).
Ribadeo acollerá o sábado 29 de novembro a proba clasificatoria Cross Xogade A Mariña 2025-26, que se celebrará no Campamento Xuvenil da Devesa a partir das 11 da mañá. A cita está organizada por A.D.E. A Mariña coa colaboración do Concello de Ribadeo, Deporte Galego, Gadis, Clun e Club Atletismo Ribadeo.
O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, sinalou: “estamos moi contentos de seguir acollendo actividades deportivas en Ribadeo. Son un aliciente as fins de semana para o noso concello e sobre todo para a nosa hostalería”. E engadiu: “seguiremos nesta liña, porque contamos cunha instalacións deportivas excepcionais, nas que estamos a realizar investimentos importantes para mantelas nas mellores condicións posibles para a practica do deporte local e para acoller eventos coma este, que hoxe presentamos”.
...
leer másO luns 17 de novembro ábrense as inscricións para participar na XXXV San Silvestre Ribadeo. O prazo estará aberto ata o 25 de decembro en www.championchipnorte.com. A saída da mini San Silvestre para nenas e nenos menores de catro anos será o 31 de decembro ás 16:40 horas; para as nenas e nenos con idades comprendidas entre os 4 e os 7 anos a proba dará comezo ás 16:45 horas; e ás 16:50 horas será a saída da milla para a rapazada de 8 a 11 anos. Para as 17 horas está prevista a saída da San Silvestre.
Para os mellores clasificados haberá premios en metálico e trofeos...
leer másA IX Carreira Popular Burela Bonita terá lugar este domingo, día 16 de novembro, a partir de las 11:00 horas sobre un circuíto de 6 quilómetros para a andaina, 200 metros para pícaros, 700 metros para benxamíns, 1.400 metros para alevíns, 2.000 metros para infantís e cadetes e 5.000 metros para a competición absoluta. A saída e a meta estará xunto á praia de O Portelo.
A proba disputarase sobre un percorrido de 5.000 metros, totalmente urbanos, por las rúas de Burela.
A carreira está organizada polo Concello de Burela en colaboración con HENKO e RUNFOZRUN.
Este sábado, día 15 de novembro, Foz acollerá a VI Velada de Kickboxing Arenka Fight Night, que se celebrará no pavillón Torques, de Marzán, e o VI Cross Os Castros, que terá lugar en Cangas.
Ás 19:30 horas abriranse as portas do pavillón Torques, de Marzán, para unha tarde noite onde o deporte de contacto reinará unha vez máis da man do club Foz Contact Ari. Esta será a sexta edición desta proba, pero “sen dúbida será a máis especial porque se loitará por un título nacional”, anuncia o concelleiro de Deportes en Foz, Ángel Fernández Neira, que engade: “contaremos con participantes galegos e portugueses en categorías de lowkick, un campionato neoprofesional e o prato forte da noite, o Campionato de España Profesional entre Lía Murcia e a focega Vanessa Ares. Agardamos contar cun pavillón entregado alentando á referente desde deporte nas...
leer másEste sábado, día 15 de novembro, celebrarase a Marcha BTT Augas Santas, unha cita que vai xa pola súa cuarta edición e que reunirá a ciclistas afeccionados para facer un percorrido de 34 quilómetros con 1.300 metros de desnivel positivos.
A presentación da proba contou coa presenza de Dani García, concelleiro de Deportes en Barreiros e deputado provincial; Manolo Cadramón, xefe provincial de deportes da Xunta de Galicia; e Diego Carregal, membro da directiva do club organizador.
A marcha, de carácter non competitivo, está organizada pola A.D. Augas Santas de Barreiros e conta coa colaboración do Concello de Barreiros, da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, da Secretaría Xeral para o Deporte, de Protección Civil de Barreiros e diversas empresas colaboradoras.
A saída será ás 9:30 horas...
leer más












