Deportes

06/10/2025

Este luns presentouse a IX edición do Trail Monte Comado, que se celebrará en Barreiros este sábado, día 11 de outubro. Ao acto acudiron a alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida; o concelleiro de Deportes e deputado provincial, Dani García; o xefe provincial de Deportes da Xunta de Galicia, Manolo Cadramón; e membros da entidade organizadora, Asociación Praias de Comado.

Ermida quixo poñer en valor o esforzo das asociacións: nestes anos, nos que vimos traballando en dinamizar Barreiros, desestacionalizar o turismo e promover o deporte, debemos agradecer moito o traballo que fan as asociacións que organizan este tipo de eventos. Neste caso estamos a presentar unha proba que vai pola súa IX edición e que está máis que consolidada no calendario das carreiras de montaña, o que fai que sexa todo un orgullo para Barreiros”.

... leer más
03/10/2025

As saunas da piscina olímpica municipal de Cervo reabrirán o día 7 de outubro, martes.

 O Concello de Cervo anuncia: “a partir do martes 7 de outubro xa poderás gozar novamente das saunas da nosa piscina olímpica municipal. Ven relaxarte e desfrutar dun espazo pensado para o teu benestar!”.

O horario de uso das saunas e os martes e os xoves de 10:00 a 15:00 e de 16:00 a 21:00 horas.

O Concello de Cervo explica que é obrigatorio informar na recepción da instalación cando se vaia facer uso da sauna.

Etiquetas:
01/10/2025

O Concello de Alfoz presenta o II Curso de Pádel para Adultos, que se desenvolverá dende o 18 de outubro ata o mes de xuño. As sesións impartiranse os sábados en horario de tarde, adaptadas aos diferentes niveis de xogo: nivel de iniciación (para persoas que nunca xogaron ou que tiveron un primeiro contacto), sábados de 16:00 a 17:00 horas; nivel intermedio (para quen xa asistiu a cursos previos ou xoga ocasionalmente), sábados de 17:00 a 18:00  e de 18:00 a 19:00 horas; nivel de perfeccionamento (para xogadores/as habituais con experiencia en competición), sábados de 19:00 a 20:00 horas.

O custo da actividade será de 10 euros ao mes e as persoas participantes deberán levar a súa propia pala de xogo.

O prazo de inscrición permanecerá aberto entre o 2 e o 9 de outubro, tramitándose a través do Concello. As prazas...

leer más
Etiquetas:
01/10/2025

Este domingo, día 5 de outubro, disputarase o I Trail de Ribadeo. Co evento, organizado polo Concello, colabora a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia.

A proba contará con tres modalidades: trail longo (24 quilómetros), trail curto (12 quilómetros) e andaina popular (12 quilómetros). As inscricións, que permanecen abertas ata este mércores, 1 de outubro, poden realizarse a través da web oficial www.trailderibadeo.com. Ata o momento son preto de 200 as persoas inscritas.

A organización ofrecerá seguro de accidentes, avituallamentos, asistencia sanitaria, bolsa do corredor, así como...

leer más
Etiquetas:
26/09/2025

O Concello de Burela pon en marcha Escolas Deportivas Municipais para este curso 2025-26. Ofrece patinaxe lúdico, rutas en bicicleta e tenis de mesa. O prazo de inscricións estará aberto do 29 de setembro ao 3 de outubro na Casa da Xuventude e as actividades comezarán o día 6 de outubro. O prezo é de 6 euros por actividade.

Ademais o Concello de Burela anuncia que os clubs e asociacións locais ofertarán fútbol, baloncesto, fútbol sala, ximnasia artística, balonmán, tenis, pádel e patinaxe artística.

“O deporte é saúde, comunidade e diversión. Anímate a participar!”, destaca o Concello de Burela.

Etiquetas:
25/09/2025

Un total de 373 persoas participarán na quinta edición da Heroican Race, que se celebrará este domingo, día 28 de setembro, en Ribadeo.

A recollida de dorsais poderase realizar o sábado durante o horario de apertura das instalacións de BeOne Ribadeo, na rúa Pintor Fierros, e tamén o domingo entre as 8:30 e as 12:00 horas no stand da organización, nas inmediacións da saída do evento, no parque de San Francisco.

O percorrido será duns 9 a 11 quilómetros no que os participantes deberán sortear arredor de 30 obstáculos. Serán 12 as tandas, que irán tomando a saída cada quince minutos entre as 10 e as 12:45 horas.

O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, manifestou: “estamos moi contentos de acoller un ano máis a celebración da Heroican Race. Agradecémoslle a BeOne a súa aposta por...

leer más
24/09/2025

A décimo quinta edición da Carreira Val das Fabas disputarase en Lourenzá este sábado, día 27 de setembro, desde as 17:00 horas, cando sairán as categorías menores. E ás 18:00 horas comezará a proba absoluta, cun percorrido de 6.330 metros.

A XV edición da Carreira Val das Fabas foi presentada cun acto no que participaron a alcaldesa de Lourenzá, Rocío López García; o concelleiro de Deportes, Francisco Javier Súárez;  Pablo Maseda, como presidente, e  Miguel Gavín, como vicepresidente das Escolas Deportivas Lourenzá; Manuel Otero, como responsable de Deportes da Xunta de Galicia na provincia de Lugo; Mari Carmen Fornos, como responsable de Protección Civil; e Francisco León, como adestrador de atletismo do Maderas Barcia.

23/09/2025

A deputada de Economía, Recadación, Facenda e Especial de Contas, Carmela López Moreno, participou este martes na Casa Consistorial do Concello de Barreiros na presentación da décimo terceira edición das Marchas Ciclistas Unificadas que organiza Special Olympics Galicia. Esta cita deportiva terá lugar do 2 ao 5 de outubro e percorrerá os municipios de Barreiros, Pereiro de Aguiar, Santiago de Compostela e Vilagarcía de Arousa.

A tamén presidenta da Fundación Eu Son recordou que a institución provincial “mantén unha estreita colaboración con este colectivo realizando unha achega económica de 8.000 euros, porque impulsan o deporte como unha ferramenta de inclusión, promoven a igualdade de oportunidades e contribúen a mellorar a calidade de vida das persoas con discapacidade”.

Na presentación deste acto, ao que tamén...

leer más
Etiquetas:
20/09/2025

Ata o 1 de outubro está aberto o prazo de inscrición para participar no I Trail de Ribadeo, que se celebrará o día 5 do vindeiro mes. Co evento, organizado polo Concello, colabora a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia. 

A proba contará con tres modalidades: trail longo (24 km), trail curto (12 km) e andaina popular (12 km). As inscricións, que permanecerán abertas ata o 1 de outubro, poden realizarse a través da web oficial www.trailderibadeo.com

O número de prazas está limitado a 150 no trail longo, 250 no trail curto e 200 na andaina. A organización ofrecerá seguro de accidentes, avituallamentos, asistencia sanitaria, bolsa do corredor, así como unha camiseta conmemorativa e un vaso pregable para todas as persoas participantes.

... leer más
18/09/2025

Na presentación do II Torneo de Fútbol 8 Concello do Valadouro participaron Manuel Otero Méndez (xefe de Servizo Deportes da Xunta de Galicia en Lugo); o alcalde, José Manuel Lamela Piñeiro; a concelleira de Deportes, Ana Rubal Balseiro; e a directiva do club local do val ACD Río Ouro. Este torneo desenvólvese esta fin de semana, sábado 20 e domingo 21 de setembro, nas instalacións do Campo do Árbol, de Ferreira do Valadouro.

O Concello do Valadouro anuncia que “esta competición de fútbol base espera seguir sendo un referente na bisbarra e en Galicia contando con 42 equipos de 3 categorías distintas, en total máis de 400 nenos e nenas de equipos de Galicia e Asturias”.