Deportes
O Pavillón Municipal de Xove acollerá o II Preparatorio ao Campionato Provincial de Show de patinaxe artística este domingo, día 25 de maio, desde as 16:30 horas.
Participarán neste evento deportivo os clubs EDM Chantada, Campelas, ACD Xove, CP Maristas e ED Lourenzá.
Este sábado, día 24 de maio, disputarase en Burela o torneo de touchtennis e tenis 5ª proba do 3º Circuíto entre Escolas de Tenis, un evento deportivo dirixido a nenos e nenas de 6 a 16 anos organizado en colaboración co Club de Tenis Pádel A Marosa.
O Concello de Burela explica que “para a cativada (de 6 a 12 anos) a competición será en modalidade touchtennis, con pistas máis pequenas e pelotas máis lixeiras, ideais para unha experiencia máis divertida e adaptada. A mocidade (infantís e cadetes) xogará en pista completa con bolas estándar. O torneo dividirase en cinco categorías, con trofeos para o 1º e 2º posto e agasallo de participación para o resto. Ademais, os/as participantes gozarán dun petisco a media mañá para repoñer forzas
Será nas instalacións do Club de Tenis Pádel A Marosa de 10:00 a 14:00 horas. A inscrición custa 7 euros e a data límite para inscribirse...
leer másO concello de Cervo acollerá a terceira edición do Trail A Fume de Carozo o domingo, 8 de xuño, a partir das 10:00 horas.
A cita deportiva foi presentada pola rexedora, Dolores García Caramés, e por unha representación dos membros do club local A Fume de Carozo, na contorna da Praza dos Campos (San Ciprián), onde será a saída e a meta da competición.
Tal e como explicaron desde a organización, haberá unha andaina de 13 quilómetros, un trail de 16 quilómetros e un trail de 25 quilómetros. Nos trails tan só poderán participar as persoas maiores de 18 anos, pero a andaina si que estará aberta para menores coa correspondente autorización do pai, nai ou titor/a.
Toda a información relativa ao evento e a inscrición está dispoñible a través da ligazón:...
leer másAta o 20 de maio está aberto o prazo de matrícula nas escolas deportivas de verán do Concello de Ribadeo, que oferta as modalidades de pesca deportiva, piragüismo, skate, surf e vela.
O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, explicou que “estas escolas están destinadas a nenas e nenos nados entre os anos 2010 e 2017. O prazo de matrícula estará aberto ata o 20 de maio. E o sorteo das prazas terá lugar o día 21”.
O edil ribadense contou que “son 20 as prazas ofertadas en pesca deportiva. Esta escola desenvolverase no mes de xullo. En surf hai 18 prazas. Esta escola tamén será en xullo e haberá dúas xornadas especiais náuticas. No caso do skate son 18 as prazas coas que contaremos. Esta actividade desenvolverase en xullo e en agosto. Para piragüismo contamos con 35 prazas para as rapazas e rapaces nados en...
leer másO estadio municipal ribadense Pepe Barrera acollerá este sábado, 17 de maio, o 1º Trofeo de Veteranos Illa Pancha de fútbol, que organiza o Rayo de Ribadeo. O conxunto local enfrontarase aos Veteranos das Gándaras (Lugo) a partir das 11:00 horas. A entrada é de balde.
O concelleiro de Deportes ribadense, Francisco José Silvent, manifestou: “o Rayo é o novo equipo de veteranos de Ribadeo, ao que imos apoiar desde o Concello na súa andaina e nos proxectos que vaia levar adiante”. E animou á xente “a coñecer o novo club de fútbol veterano”.
O 1º Trofeo Veteranos Illa Pancha conta coa colaboración do Concello de Ribadeo e da SD Ribadeo.
La Asociación Española Contra el Cáncer organiza rutas saludables en Foz los viernes a las 19:00 horas desde el 16 de mayo hasta el 13 de junio.
Es una actividad gratuita dirigida a toda la población. El recorrido será desde la Avenida da Ribeira, en el muelle, hasta la playa de Llas, ida y vuelta.
Para asistir es necesario inscripción previa, que puede hacerse a través del teléfono 639.262.312 o del correo electrónico lugo@contraelcancer.es.
Este sábado, día 10 de maio, celebraranse en Xove os 28 Xogos Autonómicos de Campo a Través e Petanca para persoas con discapacidade intelectual Special Olympics Galicia. O evento, que foi presentado este xoves, terá lugar no campo de fútbol municipal de Xove desde as 10:45 horas.
A Asociación de Pais de Persoas con Discapacidade Intelectual de Viveiro (Aspanane), que coorganiza esta actividade, anuncia: “este sábado teremos o pracer de recibir no noso concello veciño de Xove (o cal xa é tamén a nosa casa) a un montón de entidades amigas chegadas de tódolos puntos de Galicia para celebrar os 28 Xogos Autonómicos de Campo a Través e Petanca Special Olympics Galicia 2025; os cales son mais especiais se cabe, xa que a nosa pequena familia será coorganizadora e anfitriona dos mesmos. Só podemos dar as grazas a Special Olympics Galicia por...
leer másFoz acollerá un Sparring Day de kickboxing, que se celebrará no Campo da Cabana o día 17 de maio, sábado, en xornada de mañá. Está organizado polo club Foz Contact Ari coa colaboración do Concello focego.
Este evento foi presentado polo alcalde de Foz, Fran Cajoto; o concelleiro de Deportes, Ángel Fernández; e a presidenta do club Foz Contact Ari, Vanesa Ares.
O edil delegado de Deportes anima a “achegarse polo Campo da Cabana para desfrutar dunha xornada de sparring, xa que será un espectáculo por celebrarse ó aire libre e nunha fermosa contorna. Dende o Concello de Foz queremos agradecer a Vanesa Ares a súa implicación por dar a coñecer este deporte, que está tendo boa acollida”.
A sétima edición do Rallye da Mariña celebrarase esta fin de semana, desde o venres 9 ata o domingo 11 de maio. Será a cuarta proba do Campionato Galego de Rallyes de Asfalto 2025.
A organización explica que “o rallye constará de catro treitos diferentes, todos eles a dobre pasada, tendo un total del 88,16 quilómetros cronometrados e un total de 286,26 quilómetros. A súa base estará no concello de Viveiro e transcorrerá tamén polos concellos de O Vicedo, Ourol, Cervo e Xove”.
O Concello de Burela celebrará esta fin de semana unha dobre homenaxe ao deporte local, cun recoñecemento especial ao equipo feminino do Burela FS tras a conquista da súa sétima Copa da Raíña.
Tamén se homenaxeará ao equipo masculino de fútbol da SD Burela, que vén de lograr o seu regreso a Preferente 17 anos despois ao longo dunha excelente tempada.
Por unha banda, o venres 9 de maio, no encontro do equipo feminino de fútbol sala contra o CFS Gran Canaria Teledeportivo no Pavillón Vista Alegre, realizarase a recepción e homenaxe oficial ás xogadoras do Burela FS.
A alcaldesa de Burela, Carmela López, transmitiu o seu orgullo e a súa “máis sincera noraboa” pola nova vitoria do equipo. Co acto de homenaxe búscase "destacar o inmenso logro que supón acadar por sétima vez un dos títulos máis...
leer más