Deportes

Etiquetas:
31/05/2025

O Concello de Barreiros anuncia que a partir do luns 2 de xuño abre a inscrición para facer uso do ximnasio municipal. Poderán tramitarse do 2 ao 10 de xuño ou a partir do 19 de xuño. A apertura oficial terá lugar o luns 9 de xuño cun horario que vai  de luns a domingo, de 7:00 a 23:00 horas.

“Todas as persoas que formalicen a matrícula para este mes de xuño terán un desconto do 50 por centro sobre a tarifa a aplicar. Os impresos estarán dispoñibles no ximnasio, no Concello, e na web municipal (www.concellodebarreiros.gal), no apartado de deportes. Unha vez validada a inscrición os chaveiros que vos darán acceso as...

leer más
30/05/2025

Esta fin de semana, 31 de maio e 1 de xuño, terá lugar o XX Torneo Alevín e Biberón de Fútbol Base da SD Ribadeo, que reunirá na vila a máis de 900 nenas e nenos e a 150 adestradores de equipos procedentes de Galicia, Asturias, Cantabria e Castela-León. 
Os partidos xogaranse no estadio municipal Pepe Barrera, no Ceip Gregorio Sanz e no Campo da Vía. 

Na presentación participaron o presidente da SD Ribadeo, Óscar Otero; o coordenador de Fútbol 8 da SD Ribadeo, Aitor García;  a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez; o alcalde ribadense, Dani Vega; o xefe do Servizo Provincial de Deportes da Xunta en Lugo, Manuel Otero; o concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent; e o técnico municipal de Deportes, Iván López.

O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, sinalou que “un ano...

leer más
29/05/2025

A trixésima edición do torneo Concello de Xove de ximnasia rítmica celebrarase este domingo, día 1 de xuño.

Será no Pavillón municipal de Xove nestes horarios: de 10:30 a 13:40 e de 16:30 a 18:50 horas.

Etiquetas:
28/05/2025

A terceira edición do campus mixto FutbolinLugo Burela Bonita, para nenos e nenas de 5 a 16 anos, terá lugar do 14 ao 18 de xullo nas instalacións da Marosa, anuncia o Concello de Burela, que engade: “se queres que desfruten do fútbol, aprendan e o pasen en grande, xa podes inscribilos”.

E a Xunta de Galicia, que  colabora con Futbolinlugo nesta actividade, destaca que o campus “estase a consolidar como un referente na oferta deportiva da comarca; o pasado ano participaron arredor de 90 rapaces e rapazas e nesta edición xa superou esa cifra cando aínda continúa aberto o prazo de inscrición”.

Etiquetas:
23/05/2025

Ribadeo acollerá do 23 ao 28 de xuño o Campus Mareo Itinerante do Sporting de Gijón, que foi presentado no Salón dos Alcaldes. No acto participaron o concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, o alcalde, Dani Vega, o responsable de Negocio Deportivo do equipo asturiano, Daniel Acebal e o CEO de The Football Dream, organizador do Campus Mareo Itinerante, Alberto Carmona. 

O edil de Deportes tivo palabras de agradecemento para o club asturiano: “quiero darle las gracias desde el Concello de Ribadeo al Sporting por enseñar los valores y ese gran talento de una de las mejores canteras del fútbol español, como dice su historia, a nuestros jugadores, como hacen con los suyos. Os damos las gracias por hacer tan bien vuestro trabajo, por entender que el deporte es clave y por escoger a Ribadeo como epicentro del deporte y entender que somos...

leer más
Etiquetas:
22/05/2025

A Xunta de Galicia apoia a primeira edición do Campus Internacional de Baloncesto ‘Sublime’ de Ribadeo, que se celebrará do 20 ao 25 de xullo nas instalacións do pavillón municipal ribadense.

O delegado territorial da Xunta, Javier Arias, participou este xoves, 22 de maio, na presentación da actividade xunto ao alcalde ribadense, Daniel Vega, e representantes da organización.

O campus contará cun equipo internacional de primeiro nivel, que enfocará os adestramentos a ensinar as mellores técnicas do baloncesto europeo e americano. Está aberto a deportistas nacidos entre os anos 2007 e 2013. A iniciativa enmárcase nun proxecto impulsado conxuntamente polo exxogador profesional lucense Pablo Ferreiro e o campión da NBA cos Boston Celtics Payton Pritchard. A actividade terá un director europeo e outro estadounidense,...

leer más
Etiquetas:
22/05/2025

Os días 24 e 25 de maio, sábado e domingo, terá lugar o XIX Torneo Internacional de Fútbol de Veteranos Vila de Ribadeo, que organiza a Asociación de Veteranos do Ribadeo FC. O evento foi presentado este xoves. 66 equipos participarán na categoría de +35 e 16 na de +45. Os clubs que se desprazarán ata Ribadeo proceden de México, Arxentina, Portugal, Irlanda, Francia, Bangladesh, Italia, República Checa e España (9 comunidades autónomas).

Os organizadores estiman que entre todos os equipos desprazarán a Ribadeo a máis de 2.500 persoas, das que arredor de 1.650 son xogadores e o resto acompañantes: “a maioría dos equipos estarán en Ribadeo desde mañá ata o vindeiro luns, pero xa contamos con algún equipo na vila desde o martes, que aproveitan para coñecer os campos de fútbol nos que van xogar e para facer turismo pola zona”.

... leer más
22/05/2025

Este sábado, día 24 de maio, desde as 19:00 horas terá lugar no Pavillón Municipal de Lourenzá unha exhibición de patinaxe artística para celebrar a fin de tempada.

Este evento deportivo está organizado polas Escolas Deportivas Lourenzá, que anuncia: “ven a disfrutar dunha tarde cheíña de espectáculo e diversión”.

 

Etiquetas:
22/05/2025

O Concello de Alfoz amplía a súa programación deportiva cunha nova actividade: un curso de pádel que se desenvolverá entre o 7 de xuño e o 5 de xullo, e que está dirixido a nenos e nenas desde os 6 anos, mocidade e persoas adultas. As inscricións están abertas ata o día 30 de maio.

Esta proposta, que se ofrece por primeira vez no municipio, terá lugar os luns e sábados pola tarde, cunha distribución de horarios por tramos de idade: de 6 a 12 anos, sábado de 16:00 a 17:00 horas (gratuíto); de 13 a 17 anos, luns de 19:00 a 20:00 horas e/ou sábado de 17:00 a 18:00 horas (gratuíto); e maiores de 18 anos: luns de 20:00 a 21:00 horas, sábado de 18:00 a 19:00 ou de 19:00 a 20:00 horas, que deberán pagar 10 euros ao mes por unha sesión semanal ou 15 euros ao mes por dúas sesións semanais. As inscricións poderán formalizarse no Rexistro do Concello...

leer más
21/05/2025

Barreiros acollerá un campus de fútbol organizado polo Celta, de Vigo, desde o día 28 de xullo ata o 1 de agosto. É para nenos e nenas de 5 a 16 anos.

“Chega unha nova edición do Campus do Celta en Barreiros. Por quinto ano consecutivo as nenas e nenos poderán disfrutar da diversión e a aprendizaxe co monitorado da Fundación Celta de Vigo”, anuncia o Concello de Barreiros, que engade: “contamos coa colaboración dos clubs locais Celta Barreiros e Iberia, que ceden as súas instalacións para celebrar esta actividade, na que o Concello asume unha parte da matrícula das nenas e nenos empadroados”.