Deportes
O Torneo Provincial Xogade 2025 de xadrez celebrarase este sábado, día 10 de maio, a partir das dez da mañá, no Espazo Xove de Viveiro. Organizado polo Club de Xadrez San Roque, de Viveiro, en colaboración co Concello e co Espazo Xove, contará coa participación de 16 equipos. A competición levarase a cabo en catro roldas, nas que un total de 64 rapaces e rapazas xogarán de xeito simultáneo.
A alcaldesa de Viveiro, Mariña Gueimunde, sinalou que “para o Concello de Viveiro sempre é unha honra recibir a deportistas. Neste campionato provincial achegarémonos a unha modalidade que promove a convivencia e a estratexia, dous valores imprescindibles da nosa mocidade”.
O evento terá lugar no pavillón da Avenida de Luarca a partir das 16:00 horas.
A cita está organizada polo Concellería de Deportes e Mocidade, o club A Mariña Bádminton e a Xunta de Galicia.
As entidades participantes son: Club Monstruíños Lugo, ED Pastoriza, EDM Meira, ACD Xove, Viveiro, CPI de Friol, ED Chantada, ED Taboada, ED Portomarín e ED Paradela.
O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou que “unha fin de semana máis Ribadeo convértese no epicentro deportivo da provincia de Lugo acollendo este Campionato Escolar de Bádminton, que traerá a 120 nenos e nenas e ás súas familias á nosa vila, na que ademais da práctica deportiva poderán gozar dos atractivos turísticos deste concello”.
Na presentación do Campionato Provincial Escolar de...
leer másRiotorto acollerá un torneo de pádel que se disputará desde o día 9 ata o 11 de maio. O campionato, para categorías feminina e masculina, denomínase Pádel in Río.
A organización anuncia que haberá baño, vestiarios, bar e música.
Para participar hai que inscribirse previamente a través do teléfono 659.97.80.52 (Josiño). O prazo finaliza o día 4 de maio.
El pabellón municipal de Viveiro acogerá el sexto memorial M. Kodama de karate este sábado, día 3 de mayo.
Este evento deportivo se desarrollará de 12 a 14 horas y habrá curso de karate y examen de los alumnos de Sala 5 Gim Olymро de Viveiro.
El monitor es J.M. Bellas, 4º Dan Shotokai delegado en Galicia de la A.S.E. (Shotokai España), monitor de la As. Keiko y Escuela Kodama.
A fase previa da XLI Copa Deputación de Lugo de fútbol 8 nas categorías prebenxamín e benxamín disputarase nos campos da Marosa, en Burela, este xoves, día 1 de maio.
Na presentación deste evento deportivo participaron Adrián Marrube e Diego dos Santos, como directivos da SD Burela, e Carmela López e Carlos Méndez en representación do Concello de Burela.
A SD Burela Agradecer á Real Federación Galega de Fútbol e ao Concello de Burela “as facilidades para que A Marosa viva unha gran xornada de fútbol base cos máis pequenos”.
Cervo será escenario este venres dunha nova xornada do programa Xogade. As pistas da Veiga acollerán desde as 17:00 horas esta iniciativa promovida pola Xunta de Galicia, nas categorías Benxamín, Alevín e Infantil.
O Concello de Cervo destaca que este evento deportivo é “toda unha oportunidade e atractivo para seguir contribuíndo ao desenvolvemento socioeconómico do concello. A cuarta e última proba celebrarase xa o 9 de maio. Xogade é un programa nado na tempada 2009/10 para dar resposta ao Plan Galicia Saudable da Xunta de Galicia, en colaboración coas federacións e agrupacións deportivas escolares galegas. Máis do 50% dos/as escolares galegos/as de entre 6 e 16 anos gozan da experiencia Xogade, chegando a preto de 150.000 nas últimas tempadas.
Este programa ten como iniciativa levar a actividade a todos os...
leer másRibadeo acollerá este sábado, día 26 de abril, unha xornada de portas abertas de Kung Fu. Será no pavillón da rúa Alfredo Deaño.
O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, indicou que “a xornada de portas abertas de Kung Fu terá lugar de 10:30 a 13:00 horas e será impartida por Héctor Peña Díaz, que é 3º duan de Kung Fu – Taijiquan RFEK e DA e 3º duan de Kung Fu – Qi Gong RFEK e DA. E de 13 a 13:30 horas haberá unha exhibición de Tai Chi”.
O edil ribadense contou que “o temario que se abordará para quentamento será Chi Kung de acondicionamento xeral; para principiantes, movementos básicos; e para avanzados, forma de pau de cella de Tai Chi estilo Chen”.
Silvent anima “os amantes desta disciplina deportiva a achegarse o vindeiro sábado ao pavillón da rúa Alfredo Deaño”.
... leer másA décimo cuarta edición da carreira Camovi disputarase os días 26 e 27 de abril no Monte San Roque, de Viveiro. Arredor de mil corredores tomarán parte nunha cita que contará con sete probas diferentes. O sábado terán lugar a Andaina Ramón Blanco ás 9.30 horas e a Camovi Kids ás 16.30. O domingo celebraranse a C42K e a Camovi Relevos 42K a partir das oito da mañá e, máis tarde, a C21K e a C18K ás 10.45 horas, e a C10K ás 11.30.
Nas probas Camovi Kids, C21K e C10K xa se acabaron as prazas dispoñibles. Os interesados aínda poden apuntarse ata hoxe ás 23.59 horas na andaina e ata a media noite de mañá nas carreiras C42K, Camovi Relevos 42K e C18K.
Mariña Gueimunde, alcaldesa de Viveiro, afirmou que “a carreira polos montes de Viveiro será un éxito para a organización, para os participantes e, en definitiva, para...
leer másO concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, explicou que “os dous pavillóns, o de Alfredo Deaño e o da Avenida de Luarca, serán escenario o vindeiro domingo das finais provinciais de fútbol sala nas categorías infantil, alevín e benxamín, nas que participarán arredor de 200 futbolistas”.
O edil ribadense comentou que “os partidos darán comezo ás 10 da mañá e a xornada rematará coa cerimonia de entrega de premios prevista para as oito da tarde”.
Silvent subliñou que “será unha grande xornada para o deporte provincial e para Ribadeo xa que, un domingo máis, un evento destas características contribuirá a dinamizar a economía local e servirá para dar a coñecer as nosas potencialidades turísticas”.
Na presentación das finais provinciais de fútbol sala participaron o alcalde, Dani Vega,...
leer másA Fundación Imdecum presenta as XIV Xornadas Formativas que se abrirán nesta edición de 2025 coa campioa de España de powerlifting en menos de 69 Kg, a focense Rosalía Veiga Lestegás. Será o venres 25 de abril ás 19:45 horas en Burela, concretamente na Aula de Usos Múltiples do IES Monte Castelo e no ximnaasio do Pavillón Vista Alegre (Burela).
Esta actividade titúlase Máis aló da forza: o que significa levantar 212,5Kg.