Terras de Lourenzá
A Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá organiza o Día do Socio, xornada que inclúe ruta e comida, para o día 1 de agosto, sábado.
“Un ano máis agosto é o mes escollido para o noso Día do Socio, unha xornada onde compartimos camiñada e xantar de confraternidade. Nesta ocasión a ruta escollida comeza no veciño concello de Trabada (concretamente na Capela do San Marcos), baixando ata o Pazo de Tovar (polo Camiño Real e o Camiño de Santiago), para rematar no recinto feiral de Lourenzá, onde teremos o xantar de confraternidade, e unha tarde de festa”, anuncia Terras de Lourenzá.
A saída para facer a ruta -de 13 quilómetros e con dificultade baixa- será ás 09:00 horas desde o recinto feiral de Vilanova de Lourenzá e as inscricións deben facerse antes das 14:00 horas do mércores 29 de xullo. O prezo é de 15 euros...
leer másA Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá organiza para o día 12 de xullo, domingo, un percorrido pola Ruta de los Molinos, no municipio asturiano de Taramundi, concretamente en la parroquia de Bres. A distancia a percorrer son 10 quilómetros e a dificultade é baixa. Ao rematar a camiñada os participantes xantarán nun restaurante.
A saída será ás 08:00 horas desde o Cantón de Vilanova de Lourenzá e as inscricións deben facerse antes das 14:00 horas do mércores 8 de xullo. O prezo é de 35 euros para os socios do colectivo organizador e de 40 euros para os que non o son.
A asociación Terras de Lourenzá organiza unha fin de semana de sendeirismo na comarca de Babia (León ), desde o venres 12 ata o domingo 14 de xuño.
A saída será o venres ás 17:00 horas desde o Cantón de Vilanova de Lourenzá e as inscricións deben facerse antes das 14:00 horas do luns 8 de xuño a través do teléfono 647.06.70.54 (Javier). O prezo é de 155 euros para os socios do colectivo organizador e de 165 euros para os que non o son. O réxime de aloxamento é de media pensión e inclúese tamén o xantar do domingo. As prazas son limitadas (por orde de inscrición).
A asociación Terras de Lourenzá organiza unha fin de semana de sendeirismo no Parque Natural de Redes, que está en Caleao (Asturias), desde o venres 15 ata o domingo 17 de maio.
A saída será o venres ás 17:00 horas desde o Cantón de Vilanova de Lourenzá e as inscricións deben facerse antes das 14:00 horas do martes 12 de maio a través do teléfono 647.06.70.54 (Javier). O prezo é de 165 euros para os socios do colectivo organizador e de 175 euros para os que non o son. O réxime de aloxamento é de media pensión e inclúese tamén o xantar do domingo. As prazas son limitadas (por orde de inscrición).
A Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá organiza para o día 25 de abril, sábado, un percorrido pola ruta Veiga do Mandeo, no municipio coruñés de Aranga. A distancia a percorrer son 1o quilómetros e a dificultade é media. Ao rematar a camiñada os participantes xantarán nun restaurante.
A saída será ás 08:00 horas desde o Cantón de Vilanova de Lourenzá e as inscricións deben facerse antes das 14:00 horas do mércores 22 de abril. O prezo é de 45 euros para os socios do colectivo organizador e de 50 euros para os que non o son.
A Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá organiza para o día 15 de febreiro, domingo, un percorrido pola Ruta del Estraperlo, no municipio asturiano de Vegadeo. A distancia a percorrer son 13 quilómetros e a dificultade é media. Ao rematar a camiñada os participantes xantarán un cocido de Entroido.
A saída será ás 08:00 horas desde o Cantón de Vilanova de Lourenzá e as inscricións deben facerse antes das 14:00 horas do mércores 11 de febreiro. O prezo é de 50 euros para os socios do colectivo organizador e de 55 euros para os que non o son.
A Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá organiza para o día 18 de xaneiro, domingo, unha ruta no municipio coruñés de Ortigueira, concretamente polo tramo do Camiño Natural do Cantábrico desde o banco de Loiba ata o paseo marítimo de Espasante. A distancia a percorrer son 12 quilómetros e a dificultade é baixa. Ao rematar a camiñada os participantes xantarán nun restaurante.
A saída será ás 08:00 horas desde o Cantón de Vilanova de Lourenzá e as inscricións deben facerse antes das 14:00 horas do xoves 15 de xaneiro. O prezo é de 45 euros para os socios do colectivo organizador e de 50 euros para os que non o son.
A Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá celebra a súa comida de Nadal o sábado 20 de decembro
A Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá celebra a súa comida de Nadal o día 20 de decembro, sábado, na Casa da Penela, en Vilamor (Mondoñedo). Será ás 14:30 horas, despois da asemblea xeral ordinaria de socios, que está fixada para as 11:30 horas en primeira convocatoria e para media hora despois en segunda, no salón de actos do Concello de Lourenzá.
O prezo da comida é de 28 euros e para participar anota Lupe a través do teléfono 619.37.80.29 e o prazo para inscribirse está aberto ata o mércores 17 de decembro.
A Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá organiza un percorrido pola Ruta do Muiñeiro Namorado, no municipio da Pontenova para este sábado, día 13 de decembro. A distancia a percorrer son 9 quilómetros e a dificultade é baixa. Ao rematar a camiñada os participantes xantarán no restaurante O Lar de Balbina.
A saída será ás 09:00 horas desde o Cantón de Vilanova de Lourenzá e as inscricións deben facerse antes das 14:00 horas do mércores 10 de decembro. O prezo é de 35 euros para os socios do colectivo organizador e de 40 euros para os que non o son.
A Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá organiza un percorrido pola Ruta con arte, no municipio asturiano de Santa Eulalia de Oscos, para o día 15 de novembro, sábado. A distancia a percorrer son 11 quilómetros e a dificultade é baixa. Ao rematar a camiñada os participantes xantarán nun restaurante.
A saída será ás 08:30 horas desde o Cantón de Vilanova de Lourenzá e as inscricións deben facerse antes das 14:00 horas do martes 11 de novembro. O prezo é de 40 euros para os socios do colectivo organizador e de 45 euros para os que non o son.












