Saíñas
O Concello de Xove anuncia que a Asociación Cultural Saíñas vén de organizar o XV Festival Infantil, que terá lugar este sábado, día 28 de marzo, ás 18:00 horas no salón de actos do Centro Cívico de Xove. “Nesta nova edición, o festival contará, ademais dos grupos infantís de Saíñas, Xoaniña e Candís, coa participación de destacados convidados: a Asociación Folclórica e Cultural Orballo, de Pontedeume, e a Asociación Cultural Osorio Gutiérrez, de Lourenzá, que achegarán o mellor do folclore tradicional galego”.
A organización convida a veciños, visitantes e a todas as persoas afeccionadas á cultura popular a achegarse a Xove “para gozar dunha tarde de baile e música tradicional, nun ambiente festivo e familiar”.
Desde o Concello de Xove anímase á asistencia a este evento, que “contribúe á posta...
leer másA asociación cultural Saíñas organiza o vindeiro sábado 7 de febreiro a XVII Festa do Lacón, “unha cita xa consolidada para o uso e desfrute de todos os socios, veciñanza e visitantes”, anuncia o Concello de Xove, que explica: “o evento terá lugar no Pavillón Municipal de Xove, cuxas portas estarán abertas a partir das 20:30 horas, para degustar un delicioso menú completo composto por sopa, lacón, patacas, chourizo, pan, bebida e, como remate, postres variados e chocolatada. Todo isto poderá desfrutarse por un prezo popular de 12 euros, unha cantidade moi accesible coa que cada participante poderá cear e, ao mesmo tempo, colaborar co labor da asociación. A festa estará amenizada con música e baile en directo, ademais de sorteos e karaoke, garantindo unha noite de diversión e boa compañía”.
Desde a asociación cultural Saíñas convídase “a...
leer másO Concello de Xove anuncia o XIV Festival Infantil que organiza a Asociación Cultural Saíñas e que se vai levar a cabo este sábado, día 12 de abril, ás 18 horas no Salón de Actos do Centro Cívico de Xove. Na presentación do evento estivo Pepe Casariego, secretario da asociación Saíñas, acompañado polo alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro, e a concelleira de Cultura, Dolores Meitín.
Actuarán os grupos infantís da asociación Saíñas -as Xoaniñas e os Candís- acompañados por Cántigas e Frores, de Lugo, e Buxainas, de Cedeira.
O Concello de Xove invita a asistir a este evento, que “en cada edición reúne máis público asistente”.
A asociación cultural Saíñas, de Xove, organiza a décimo cuarta edición do seu festival folclórico infantil. Será este sábado, día 12 de abril, ás 18:00 horas no Salón de actos do Concello de Xove.
Saíñas anuncia: “o sábado 12 de abril temos unha cita especial, o XIV Festival Infantil, ás 18:00 h no salón de actos do Concello de Xove. Os nosos grupos infantís, as Xoaniñas e os Candís, estarán acompañados por Cántigas e Frores (Lugo) e Buxainas (Cedeira). Será unha tarde chea de diversión e alegría para todos”.
A asociación cultural Saíñas, de Xove, organiza a XVI Festa do Lacón este sábado, día 8 de febreiro, a partir das 20:30 horas no Pavillón Municipal de Deportes. Haberá sorteos, música en directo e karaoke.
O evento foi presentado este martes na praza do Concello polo presidente da asociación, Jairo Míguez, xunto á concelleira de Cultura, Dolores Meitín, e o alcalde, Demetrio Salgueiro.
Xove celebrará a décimo sexta edición da Festa do Lacón, organizada pola Asociación Cultural Saiñas, o día 8 de febreiro, sábado. Será a partir das 20:30 horas no Pavillón Municipal de Xove. Haberá sorteos, música en directo e karaoke.
“Preparádevos para unha noite chea de sabor, tradición e bo ambiente. O lacón será o protagonista, pero a compañía será o que faga desta, unha celebración única! Música, boa comida e moitas ganas de pasalo ben”, anuncia a Asociación Cultural Saiñas.
A décimo sexta edición da Foliada da Mariña celebrarase na Praza do Concello de Xove este sábado, día 14 de setembro, ás 20:00 horas. Haberá música en directo, foliada libre e sorteos. Pero xa ao mediodía, a partir das 12:00 horas, terán cantos de taberna nos bares de Xove.
Está organizada pola Asociación Cultural Saíñas, que anima a asistir para “celebrar a música, a danza e a cultura galega. Non perdas este evento cheo de tradición e diversión”.
O salón de actos do Concello de Xove acollerá a décimo terceira edición do festival folclórico infantil que organiza a asociación cultural Saíñas. Será este sábado, día 8 de xuño, ás 18:00 horas.
Neste evento o grupo infantil Xoaniña, da asociación cultural Saíñas, estará acompañado polo grupo Mistura, de Lieiro (Cervo).
Os organizadores anuncian que “será unha tarde chea de diversión e alegría para todos”.










