Ribadeo

Etiquetas:
21/04/2021

Presentouse no Pazo de San Marcos “Xela Arias. A poesía do retrato”, un proxecto expositivo que presenta textos poéticos da autora homenaxeada nas Letras Galegas 2021 xunto aos retratos realizados polo fotógrafo Xulio Gil entre 1988 e 2001.

A mostra, que se complementa cun libro catálogo, é o eixo central das actividades organizadas pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo polas Letras Galegas.  Concebida para espazos exteriores e cun formato adaptado á itinerancia, inaugurarase o vindeiro 1 de maio en Sarria e exporase despois en Lugo, Chantada, Monforte, Viveiro e Ribadeo.

A exposición consta de 20 imaxes en branco e negro que dialogan con cadanseu texto poético, dando lugar a unha potente interacción entre a fotografía e poesía. A colección de imaxes, que se amplía ata as 53 no catálogo que acompaña a mostra...

leer más
20/04/2021

A organización do I Half Triatlón Ribadeo precida da colaboración de 150 voluntarios para o desenvolvemento da proba o vindeiro 15 de maio. 

Desde a Área de Deportes do Concello solicitan “a colaboración de todas as entidades deportivas, clubs e asociacións ou voluntariado en xeral...posto que serán necesarios 150 voluntarios para os diversos cruces de carreira, e ao ser tan longa tentaremos incluso facer varias quendas para que non teñan que estar os voluntarios tanto tempo”.

E engaden que “precisamos que os voluntarios estean ás nove da mañá no punto do percorrido que se lles indicará previamente. Algúns poderán estar un pouco máis tarde. E rematarían entre as dúas do mediodía e as cinco da tarde”.

As persoas que estean dispostas a colaborar como voluntarios poden anotarse na Área de...

leer más
Etiquetas:
20/04/2021

A Biblioteca Pública Municipal “El Viejo Pancho”, de Ribadeo, convoca o Certame de Narración e Debuxo Infantil Letras Galegas 2021 na súa fase local. 

Na cita poden participar todas as nenas e nenos con: 
-A) Narracións, en galego, cunha extensión máxima dun folio por unha  soa cara sobre o tema: “O dereito das nenas e nenos a participar na vida cultural. (Art. 37 Convención sobre os Dereitos do Neno).”
 -B) Debuxos, feitos sobre cartolina de tamaño aproximado de  DIN A4 (folio), sobre o tema:  “O dereito das nenas e nenos a participar na vida cultural. (Art. 37 Convención sobre os Dereitos do Neno.”

Cada autor/a pode presentar cantos traballos desexe, mecanografados, escritos a computador ou a man; neste último caso sempre a bolígrafo e nunca a lapis. No reverso de  cada traballo irán escritos os...

leer más
Etiquetas:
19/04/2021

Hoxe ábrese na ova Oficina de Turismo, de Ribadeo, a exposición titulada O traxe festivo da muller aldeá, nas terras de Lugo. Poderase visitar ata o sábado, día 24, en horario de 12:00 a 14:00 e 16:00 a 19:00 horas de martes a sábado. A entrada é gratuíta.

A mostra está organizada por El Progreso coa colaboración do Concello de Ribadeo, Traxandaina, Xacobeo 2021 e Xunta de Galicia.

 

Etiquetas:
16/04/2021

El próximo lunes, 19 de abril, dará comienzo la segunda edición del curso de interpretación de planos en el sector naval que organiza Apaga (Asociación de Profesores de Automoción de Galicia) con la colaboración del astillero asturiano Gondán. 

La primera edición del curso, para la que se presentaron 43 solicitudes, arrancó el pasado 5 de abril en las instalaciones de Apaga, en Ribadeo, y concluye en el día de hoy. Quince fueron los alumnos que recibieron 30 horas de formación a lo largo de las dos últimas semanas de la mano de un técnico del astillero de Castropol.

El presidente de Apaga, Álvaro Doural, señala que “debido al gran número de solicitudes presentadas para asistir a este curso y con el objetivo de atender toda la demanda ponemos en marcha ya la segunda edición que se celebrará de lunes a viernes del...

leer más
Etiquetas:
15/04/2021

A axenda cultura de Ribadeo para esta fin de semana inclúe unha cita coa cultura tradicional. 

O sábado, día 17, ACF O Fiadeiro xunto con ex-alumnado da ESAD de Galicia presentará

A viaxe de José do Campo, unha historia musical dende O Courel ata Nova Orleáns. A representación terá lugar no Auditorio Municipal de Ribadeo, ás 20:00 horas.

O prezo das entradas é de 3 euros e o despacho de billetes será dende as 19:30 horas.

 

Etiquetas:
13/04/2021

O Concello ribadense colabora na organización do I Half Triatlón Ribadeo que se celebrará o día 15 de maio. A proba é puntuable para o Ranking Nacional de Triatlón de Media e Larga Distancia e contará coa participación de máis de 500 atletas. A saída terá lugar ás nove da mañá da praia dos Bloques. As inscricións pódense realizar en www.halftriatlonribadeo.com. 

O concelleiro de Deportes, Jorge Díaz, subliñou que “por primeira vez se vai facer un triatlón aquí organizado pola Federación Española e a Federación Galega. Estamos contentos porque é unha iniciativa que levamos varios anos traballando nela, entre a organización máis o Concello. Supón nestes momentos, tan diferentes e extraordinarios, un traballo enorme. Será o 15 de maio, que é unha data que esperemos que todos poidamos estar...

leer más
Etiquetas:
09/04/2021

A Asociación de Profesores de Automoción de Galicia organiza un curso presencial de redes sociais e venta online, que está destinado ao comercio local, pymes e microempresas que necesiten crear ou mellorar a súa imaxe na rede. Terá lugar en Ribadeo os domingos de catro a oito da tarde desde o 25 de abril ao 23 de maio. As doce prazas ofertadas xa están cubertas. Apaga prepara xa a segunda edición deste curso, que van impartir Andrea Lombardía e Silvia Martínez. 

Andrea Lombardía, deseñadora gráfica e web explicou que “o principal é que está enfocado a pequenos comerciantes para que intenten darlle visibilidade ao seu negocio mediante as redes e internet, é dicir, que si buscas un produto que aparezan os comercios porque moitas veces non aparecen. Se un busca, por exemplo, unha mercería que aparezan as que hai pola zona, que saian os...

leer más
Etiquetas:
09/04/2021

BeOne, a concesionaria da Piscina Municipal de Ribadeo, está decidida a fomentar o deporte entre as familias do concello e recuperar as súas rutinas deportivas anteriores ao comezo da pandemia para que cheguen en forma a este verán. “Nos últimos meses, notamos que as persoas se volven a animar a facer deporte nos centros deportivos ao consideralos espazos seguros. Gustaríanos que esta tendencia se ampliase a toda a familia e facerlles ver a importancia do deporte na súa saúde”, comenta Javier Canel, director da instalación. 

Xa son moitos os estudos científicos que demostran que as persoas que practican actividade física teñen un sistema inmune máis fortalecido que aquelas que non o fan. Ademais, segundo un deses estudos, o realizado recentemente polo Instituto Cardiovascular do Hospital Clínico San Carlos (Madrid), as persoas activas...

leer más
Etiquetas:
08/04/2021

A Concellaría de Cultura de Ribadeo programa para este fin de semana unha sesión de contos para o público infantil. A actuación terá lugar este domingo, 11 de abril, ás 17:30 horas, no Parque de San Francisco ou no Teatro se houbese mal tempo.

Dende as montañas máis profundas do Courel chegan as marabillosas lendas de Antía e André, que contarán como é a vida na montaña e que ilustres os acompañan o seu día a día. Da súa man, o público mergullarase en fermosas historias e cancións para que os nenos e nenas descubran as incribles andanzas.

Velaísca presenta este espectáculo para público familiar dunha hora de duración.