Foz

Etiquetas:
20/10/2016
 
Comezan as actividades na Librería Bahía, en Foz, cos Sábados de Conto. 
 
Sofía Manín e Mariña Balseiro son dúas nenas de nove anos ás que lles gusta moito ler historias, e o bo é que... tamén lles gusta contalas!
 
Este sábado, 22 de outubro, vanse estrear como contadoras na Librería Bahía onde lles escoitaremos a historia de Carabuñas, un ogro moi malo que se topou cunha nena moi lista…
 
Sonia e Mariña estarán na Librería Bahía este sábado ás doce da mañá.
Etiquetas:
13/10/2016
A Delegación Local de Foz da AECC organiza unha concentración para sumarse ao rosa o 19 de outubro. E o 14 deste mes haberá un acto solidario a favor da loita contra o cancro de mama.
 
Desde a organización sinalan que “aínda que te supoñemos coñecedor dos actos previstos con motivo do Día Contra o Cancro de Mama, dende esta Delegación Local de Foz da Asociación Española Contra o Cancro queremos que teñas o cartel do evento do próximo día 14 de outubro as nove da noite, para que podas valorar por ti mesmo a importancia que ten para AECC que os grupos culturais Rondalla Latexos, grupo de teatro “Pico do Castro”, Colexio Martinez Otero, Concello de Foz e a Delegación Local da AECC xunten os seus esforzos para conmemorar ese día tan importante para todos nos”.
 
E engaden que “o seguinte acto será o día 19 ás doce da maña diante do Concello onde faremos unha concentración, sen molestar a ninguén, para manifestar a nosa loita diaria Contra o Cancro de Mama e si pode ser...
leer más
Etiquetas:
11/10/2016
Burela, Foz e San Ciprián acollen o 15 de outubro os 21 Xogos Autonómicos de Fútbol Sala Trofeo Carlos Outeiriño, que organiza Special Olympics. Participarán 250 deportistas acompañados por medio cento de adestradores.
 
Este sábado, 15 de outubro, terán lugar en Burela os 21 Xogos Autonómicos de Fútbol Sala Trofeo Carlos Outeiriño, que organiza Special Olympics e cos que colabora o Concello. 250 deportistas participarán na competición que se celebrará nos pavillón Vista Alegre e no dos institutos en Burela, ademais de en San Ciprián e en Cangas de Foz.
 
O alcalde, Alfredo Llano, anunciou que “o próximo xoves, día 13, ás doce da mañá no salón de plenos do Concello de Burela, imos facer a presentación dos 21 Xogos Autonómicos de Fútbol Sala Trofeo Carlos Outeiriño, que está organizados por Special Olympics e tamén imos colaborar o Concello de Burela e outras asociacións como pode ser Fademga”.
 
O rexedor considera que “é unha boa nova para Burela anunciar...
leer más
Etiquetas:
11/10/2016
Os Sendeiros de Foz organiza unha ruta polo Camiño Ferradal ou da Caleira, en Quiroga, o 23 de outubro.
 
A asociación Sendeiros de Foz organiza unha ruta para o día 23 de outubro polo Camiño Ferradal ou da Caleira en Quiroga.
 
A saída será ás 7:30 horas das inmediacións do Concello e o prezo para os socios federados é de 25 euros, para os socios non federados 29 euros, para os non socios federados 30 euros e para os non socios non federados 34 euros. Vai incluída a comida e o seguro de accidentes. É obrigatorio anotarse e o prazo remata o 19 de outubro. As inscricións poden facerse nos números de teléfono 670 369 017 e 676 561 594.
 
Recoméndase levar equipo de sendeirismo e a dificultade da ruta é media. Colabora con esta iniciativa o Concello de Foz.
 
Etiquetas:
09/10/2016
Sendeiros de Foz organiza unha charla sobre sendeirismo e relevo xeracional. Será o 25 de outubro na Casa da Cultura.
 
A asociación Sendeiros de Foz organiza o 25 de outubro, unha charla baixo o título Sendeirismo e relevo xeracional que ofrecerá o presentador do programa Mochileros da Televisión de Asturias, Camilo Sousa “el Mochilero”.
 
Nesta charla falarase do sendeirismo e o problema da falla de xente nova nos grupos de montaña.
 
É un acto enmarcado no programa de celebración do vinte aniversario dos Sendeiros. A charla terá lugar no salón de actos da Casa da Cultura de Foz ás 19:30 horas.
 
Etiquetas:
29/09/2016
A programación cultural de Foz para outubro inclúe teatro para todos os públicos, cine e maxia. Arrinca o día 1 cun espectáculo para os máis pequenos.
 
A programación cultural de Foz para o vindeiro mes de outubro comeza este sábado, día 1, con teatro infantil na Casa da Cultura.
 
A concelleira de Cultura, Silvia Blach, anunciou que “o sábado, día 1, na Casa da Cultura ás 19:00 horas temos teatro infantil coa compañía Elefante Elegante, que representará a obra O rueiro das liortas. É unha proposta escénica dirixida a todos os públicos e inspirada na comedia da arte italiana, especialmente pensada para o tempo de lecer. O venres 7 ás 18:00 horas, tamén na Casa da Cultura, Trinke Trinke Teatro fará a obra O coelliño branco. Está dirixida a nenos de 3 a 8 anos, dentro do programa Ler conta moito. Tamén na Casa da Cultura, pero ás 20:30 horas, o venres 7 teremos teatro co grupo Fantoches Baj e a obra Os vellos non deben namorarse. Esta obra...
leer más
Etiquetas:
27/09/2016
Cine e teatro na programación cultural do Concello de Foz para os días 29 e 30 de setembro. "A praia dos afogados" e "Bobas & Galegas" son os títulos dos que se poderá gozar.
 
Este xoves na Casa da Cultura de Foz proxectarase a película A praia dos afogados e o venres actuará o dúo cómico Mofa & Befa coa obra titulada Bobas & Galegas.
 
A concelleira de Cultura, Silvia Blach, anunciou hoxe que “este xoves 29 ás 20:30 horas na Casa da Cultura de Foz temos cine. Por soamente 3 euros podemos ver a película A praia dos afogados, con xente como Celso Bugallo e Tamar Novas traballando nunha película onde se fala das peripecias do inspector Leo Caldas. É totalmente recomendable ir este xoves á Casa da Cultura a ver esta proxección de cine galego”.
 
A responsable de Cultura no Concello de Foz engade que “o venres 30, tamén na Casa da Cultura, ás 21:00 horas e soamente por 3´5 euros imos ter a Mofa & Befa con...
leer más
Etiquetas:
22/09/2016
O 24 de setembro celebrarase o X Encontro de Sendeirismo Río Ouro e Praias de Foz. Está organizado polos Sendeiros de Foz e conta coa colaboración do Concello.
 
O X Encontro de Sendeirismo Río Ouro e Praias de Foz terá lugar este sábado, 24 de setembro. O evento foi presentado polo alcalde, Javier Jorge Castiñeira, e por membros da directiva da asociación Os Sendeiros de Foz. 
 
O rexedor dixo que “o próximo sábado a partir das nove e media da mañá e con concentración inicial e punto de saída na praza Conde de Fontao, na zona portuaria de Foz, dará inicio a décima marcha sendeirista organizada polos Sendeiros de Foz, que discorrerá pola ruta Río Ouro e Praias de Foz”.
 
Castiñeira sinalou que “como todos os anos estamos a falar dun clásico do mes de setembro, onde se xuntan arredor de 400 sendeiristas de Galicia e de Asturias nunha xornada estupenda e a través dunha ruta que gusta moito á xente”....
leer más
Etiquetas:
20/09/2016
O 24 de setembro terá lugar en Foz a décimo primeira edición do Día da Bici, que organiza o Concello e que sairá ás catro da tarde do parque infantil de tráfico.
 
Foz celebra a décimo primeira edición do Día da Bici organizado polo Concello este sábado, día 24, cun percorrido desde o parque infantil de tráfico ata a praia da Pampillosa e regreso ao punto de partida.
 
Desde o Concello focense explicaron que será “unha xornada festiva na que maiores e pequenos/as comparten o gusto polo deporte, facendo un percorrido desde o Parque Infantil de Tráfico (PIT) ata a praia da Pampillosa, onde repoñerán forzas con froita e bocadillos, para regresar ao PIT. Este ano poderán pedalear entre a praia da Rapadoira e a de Llas polo carril bici. Para que todo saia ben velarán pola seguridade de todos/as os/as participantes a Policía Local e a agrupación de Protección Civil de Foz. A inscrición é gratuíta....
leer más
Etiquetas:
15/09/2016
A Deputación de Lugo, principal patrocinadora da Travesía de Foz que se celebrará o 17 de setembro. A cita deportiva reunirá a máis de 350 palistas.
 
O Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, presentou este mércores a 54 edición da Travesía de Foz, que se celebrará o vindeiro sábado 17 e que reunirá a máis de 30 clubs e 350 competidores, atraendo a un grande número de afeccionados e espectadores.A Deputación de Lugo é a principal patrocinadora destra proba deportiva, pois achega 7.000 euros, mentres que o Concello de Foz aporta 5.000 euros e a Xunta 1.500.No acto tamén participaron opresidente da Federación Galega de Piragüismo, Alfredo Bea García; o delegado provincial da Federación, Martín Carballo Méndez; e o presidente do Club Kayak Foz, Nacho Romillo, entre outras autoridades.
 
Rivera Capón destacou que a Travesía de Foz “é a terceira proba deste tipo máis lonxeva de...
leer más