Foz

Etiquetas:
28/06/2024

O Concello de Foz promove “lecturas con orgullo” e mostra orgulloso as cores da bandeira LGTBI, que os edificios municipais mostran en balcóns e ventás.

A concelleira de Muller e Igualdade, Elena Martínez Pena, destaca que “o 28 de xuño é un día no que sentirnos orgullosos, no que debemos defender a igualdade para calquera, do xeito que se sinta, sexa ou queira ser.” Anuncia tamén que nos vindeiros meses se programarán diferentes actividades desde a área xa que “non só este día é o do orgullo senón que debemos sentirnos orgullosos sempre. E para iso o máis importante é educar nuns valores nos que prevalezan, por enriba de todo, a igualdade e o respecto”.

Dende a delegación de Cultura, no departamento de biblioteca, programouse unha mostra bibliográfica na que se expoñen libros para infantil e adulto sobre temática...

leer más
Etiquetas:
27/06/2024

No campo da feira da Espiñeira (Foz) celebrarase a 2ª Torresmada Popular este sábado, 29 de xuño, a partir das 20:30 horas.

Degustaranse torresmos de porco celta, panceta, chourizos e patacas fritidas.

Haberá mesas cubertas con carpa e festa amenizada polo dúo Energía e o grupo de gaitas de A Subela de Foz.

Este evento está organizado pola asociación cultural Virxe do Pilar, da Espiñeira.

 

26/06/2024

O Concello de Foz entregará este venres, día 28 de xuño, os premios da terceira edición do certame de teatro afeccionado José Luis López Lorenzo-O Poto ás 20 horas na Casa da Cultura. O evento, que será de acceso gratuíto a todo o público que queira acudir, contará coa presentación e actuación de Ibuprofeno Teatro, neste caso as actrices Marián Bañobre e Isabel Risco cunha adaptación da súa representación da obra O furancho.

“O evento é aberto a todo o público, para acompañar aos premiados desta edición, que contou con gran nivel, por primeira vez con actuacións para nen@s e ademais cun fío condutor histórico nas obras dos grupos adultos”, explica a concelleira de Cultura, Inés López Couto. Os premiados coñeceranse na propia cerimonia e o Concello faraos públicos ao finalizar a mesma.

“Queremos agradecer...

leer más
Etiquetas:
26/06/2024

Desde AciaFozCCA o seu presidente, José Carlos Paleo, anima a achegarse a Foz ao longo desta fin de semana: “aquí a clientela do noso comercio atopará a mellor moda e os mellores artigos, agora de rebaixas, cuns descontos moi interesantes”.

Para Paleo “este é o mellor momento para mercar produtos da tempada de verán xa de rebaixas, rematando o mes de xuño”.

E engadiu que “desde AciaFozCCA con esta campaña e coas outras que organizamos ao longo de todo o ano o que estamos é apostando sempre polo comercio local, polo que temos a carón das nosas casas, que é o que fai pobo”. 

José Carlos Paleo agarda que “esta sexa unha boa campaña para os negocios locais, despois da primavera tan inestable que tivemos, sobre todo en maio e xuño”. 

 

Etiquetas:
24/06/2024

O día 7 de xullo, domingo, terá lugar a quinta edición da Andaina contra o cancro en Foz. A saída será ás 10:00 horas desde a Praza do Concello. É unha iniciativa da asociación Os Sendeiros con colaboración coa Asociación Española Contra el Cáncer.

A organización destaca que a ruta é fácil e accesible. Desde a Praza do Concello os participantes irán cara á costa para percorrer o paseo das praias e rematará no porto.

Para participar hai que inscribirse, a través dos teléfonos 628.43.70.14 ou 670.36.90.17, e o prazo remata o 5 de xullo.

20/06/2024

A vila de Foz celebra a festa do San Xoán na rúa Corporacións este domingo, 23 de xuño, cun evento organizado polo colectivo Peña Pé do Molete.

As actividades empezarán ás 13:00 horas co pregón a cargo de Carlos O Pelolo e despois sesión vermú con DJ´s Moletes e a Louband Streetband. Ás 19:00 horas actuarán “as nenas de O Feitizo” e pola noite haberá churrascada, “baile das meigas”, a cargo de O Feitizo ás 23:45 horas e acenderase a fogueira ás 00:00 horas.

 

13/06/2024

A programación cultural do Concello de Foz para este mes de xuño continúa coa segunda parte do certame de teatro e coa feira da Espiñeira. “A primavera finaliza e chega o verán. O mes de xuño avanza cargado de eventos en Foz cunha nova fin de semana con teatro e tamén coa tradicional Feira da Espiñeira”, anuncia o Concello.

Este venres ás 20 horas o grupo teatral Ollomao presentará na Casa da Cultura a súa obra O traballo de Andrea, sendo o sábado a representación á mesma hora de A Lola, de Avelaiña Teatro. O domingo nunha función familiar ás 18.30 horas, na mesma Casa da Cultura, poderá desfrutarse de Avoa, xogamos?, da compañía Alentía Teatro.

O domingo a partir das 11 da mañá, unha nova edición da Feira da Espiñeira dará comezo. Coma o ano pasado, os animais estarán situados nun prado traseiro do Campo da Feira, habilitado para acoller os...

leer más
Etiquetas:
13/06/2024

Foz acollerá o sábado, 15 de xuño,  a 62ª edición da proba de piragüismo Travesía de Foz, organizada polo club Kayak de Foz. O deputado de Mocidade Daniel García participou esta tarde na presentación da competición, que segue sumando edicións como unha das máis veteranas do calendario estatal. 

A proba, que puntúa para a Liga Galega, contará este ano coa participación de 216 palistas das categorías cadete, xuvenil, senior e veterano, masculina e feminina, de 20 clubs de Galiza, na grande maioría, pero tamén de Asturias e Madrid. O Club Ría de Betanzos, con 32 palistas e 21 embarcacións, e o Club Náutico de Cobres, con 25 palistas e 19 embarcacións son os que contarán con maior representación na competición, na que tamén tomarán parte os anfitrións, o Club Fluvial de Lugo, o Cidade de Lugo, o Altruan de Ribadeo e o Viveiro Urban Hotel....

leer más
Etiquetas:
12/06/2024

A parroquia focense de Vilaronte celebra as súas festas patronais do San Xoán os días 15, 21, 22 e 23 de xuño. Serán no atrio da igrexa, onde se instalará unha carpa.

Este sábado, 15 de xuño, ás 19:00 horas terá lugar o XLVI Festival Folclórico Infantil da Agrupación O Feitizo, no que actuará tamén o grupo de O Arco da Vella, de San Miguel de Reinante. Despois haberá pregón a cargo de Pilar Arias Villajos e a continuación churrascada popular e verbena amenizada polo dúo Os Trasnos.

O venres 21 desde as 22:30 horas haberá verbena a cargo do grupo Montreal.

O sábado 22 ás 13:00 horas celebrarase misa solemne e despois procesión e sesión vermú co grupo Mar da Arousa, que tamén amenizará a verbena xunto coa orquestra Los Satélites.

E o domingo 23 ás 13:00 horas celebrarase misa solemne cantada pola Coral Polifónica de Foz e despois procesión e sesión vermú coa...

leer más
09/06/2024

A décimo quinta edición do Encontro Internacional de Corais Vila de Foz, que é o primeiro memorial Carmen Alonso, celebrarase o sábado 15 de xuño ás 19:30 horas na basílica de San Martiño.

Ademais da Coral Polifónica de Foz, que é a organizadora deste evento musical, actuarán a Coral Polifónica Bembibrense, de Bembibre (Léon) e o Orfeao de Vila Praia de Ancora (Portugal).

Esta actividade está patrocinada polo Concello de Foz.