Lieiro
O Concello de Cervo anuncia que a parroquia de Santa Isabel de Lieiro “xa está preparada para vivir a fin de semana máis importante do ano, coa celebración das Festas na Honra de Santa Isabel, que se celebrarán esta fin de semana, desde este venres, 4 de xullo, ata o luns 7. A tradicional cita do verán cervense foi presentada pola rexedora, Dolores García Caramés: polo edil de Zona Rural, Adrián Arias; e por unha representación da Asociación Cultural Comisión de Festas de Lieiro, que se encarga da organización, coa colaboración do Concello”.
O programa arrincará este venres ás 23.00 horas, coa celebración da Festa da Xuventude, con Dj Alejandro Martínez e Conxuro discomóvil.
O sábado a xornada comezará ás 13:00 horas coa misa solemne na capela do Gioncho e ás 13.30 horas dará comezo a sesión vermú a cargo da...
leer másEste sábado, día 25 de xaneiro, o Concello de Cervo celebrará un novo Guateque de Arruguiñas. Será ás 21:00 horas no local social de Lieiro, coa colaboración da asociación de veciños Nosa Señora de Lieiro, e contará coa actuación do dúo Dilema.
O Concello de Cervo anuncia que esta actividade é gratuíta está aberta a todo o público.