Lume Escénico
O grupo Rebuldeira Teatro, de Sarria, presentará na Casa da Cultura da Pontenova a obra titulada @s vell@s non deben namorarse. Será este sábado, día 20 de decembro, ás 17:30 horas.
É unha actividade organizada pola asociación Lume Escénico, coa colaboración da Área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.
Este domingo, día 14 de decembro, a compañía Lume Escénico representará a súa comedia titulada Activ@s en Barreiros. Será ás 19:00 horas no Centro Sociocultural de San Cosme, con entrada de balde. É unha obra apta para público a partir de 12 anos.
O Concello de Barreiros anuncia que é “unha peza con moito humor que nos convida a reflexionar sobre o traballo, o descanso e iso que tantas veces chamamos o retido dourado. A cousa comeza cunhas simples preguntas: Non estaremos a traballar por riba das nosas posibilidades?, Estamos dispostos a perder o noso descanso?, O retiro dourado será unha utopía imposible de acadar? E como resposta, a Administración pon en marcha un plan experimental para manter o estado de benestar. Pero como todo o mundo sabe... os experimentos, con gaseosa”.




