Sorteo
Este sábado, 22 de novembro, terá lugar en Xove o cuarto sorteo da campaña De compras polo comercio da Mariña Lucense, que organiza a FCAM. En xogo estarán outros 500 euros en vales de compra.
Desde a FCAM a súa presidenta, Carmen Cruzado, explica que “todas as persoas que desde o 17 ao 22 de novembro estean a facer as súas compras nos negocios asociados ao CCH de Viveiro e nos negocios de Xove poderán participar no sorteo. So teñen que achegarse entre as sete e as oito da tarde polo Centro Cívico de Xove, a obter as súas papeletas. Por cada tícket de compra que nos amosen recibirán un boleto para participar no sorteo que realizaremos a partir das 20:00 horas de mañá, sábado. Haberá tres premios en xogo en vales de compra de 250, 150 e 100 euros”.
Cruzado Iglesias lembra que “como sempre dicimos o obxectivo desta...
leer másEste sábado, 15 de novembro, terá lugar na Pontenova o terceiro sorteo da campaña De compras polo comercio da Mariña Lucense, que organiza a FCAM. En xogo estarán outros 500 euros en vales de compra.
Desde a FCAM a súa presidenta, Carmen Cruzado, explica que “todas as persoas que desde o 10 ao 15 de novembro fagan as súas compras nos negocios asociados a Acisa Ribadeo e á Asociación de Comerciantes da Pontenova poderán participar no sorteo. So teñen que achegarse entre as sete e as oito da tarde pola Praza do Concello, na Pontenova, a obter as súas papeletas. Por cada tícket de compra que nos amosen recibirán un boleto para participar no sorteo que realizaremos a partir das 20:00 horas. Haberá tres premios en vales de compra de 250, 150 e 100 euros”.
Cruzado Iglesias lembra que “o obxectivo desta campaña é unha...
leer másEste sábado, 8 de novembro, terá lugar en Mondoñedo o segundo sorteo da campaña De compras polo comercio da Mariña Lucense, que organiza a FCAM. En xogo estarán 500 en vales de compra.
Desde FCAM a súa presidenta, Carmen Cruzado, explica que “todas as persoas que desde o 3 ao 8 de novembro fagan as súas compras nos negocios de Lourenzá e de Mondoñedo poderán participar no sorteo. So teñen que achegarse entre as sete e as oito da tarde pola Praza do Concello, en Mondoñedo, a obter as súas papeletas. Por cada tícket de compra que nos amosen recibirán un boleto para participar no sorteo que realizaremos a partir das 20:00 horas. Haberá tres premios en vales de compra de 250, 150 e 100 euros”.
Cruzado Iglesias lembra que “o obxectivo desta campaña é unha forte aposta polas compras no pequeno comercio, nese que temos...
leer másEste sábado, 25 de outubro, terá lugar en Barreiros o primeiro sorteo da campaña De compras polo comercio da Mariña Lucense, que organiza a FCAM. En xogo estarán 500 en vales de compra.
Desde FCAM a súa presidenta, Carmen Cruzado, explica que “todas as persoas que desde o 20 ao 25 de outubro fagan as súas compras nos negocios asociados a Acia Foz-CCA e nos negocios de Barreiros poderán participar no sorteo. So teñen que achegarse entre as sete e media e as oito e media pola Praza do Souto, de San Miguel, a obter as súas papeletas. Por cada tícket de compra que nos amosen recibirán un boleto para participar no sorteo que realizaremos a partir das 20:30 horas. Haberá tres premios en vales de compra de 250, 150 e 100 euros”.
O tesoureiro e presidente de Acia Foz-CCA, José Carlos Paleo, explica que “o obxectivo...
leer másO vindeiro luns, 20 de outubro, arrincará en Foz e en Barreiros a campaña da FCAM De compras polo comercio da Mariña Lucense.
Desde a FCAM, o seu tesoureiro e presidente de Acia Foz-CCA, José Carlos Paleo, explica que “o obxectivo desta campaña é unha forte aposta polas compras no pequeno comercio, nese que temos a carón das nosas casas. E imos facelo traendo á Mariña a persoas destacadas pola súa profesión no ámbito do xornalismo, a música, a escritura ou o cine. Queremos que elas e eles sexan un reclamo comercial e por iso van vir pasar unha fin de semana entre nós”.
Ata Foz e Barreiros se achegarán o 25 de outubro, a vindeira fin de semana: Carlota Corredera, presentadora, directora e colaboradora de televisión. Na actualidade presenta No somos Nadie en TEN TV e colabora en varios programas de RTVE; David...
leer másIago Edrosa Fernández, de Ribadeo, é o gañador da viaxe a Gran Canaria sorteada por Acisa no marco da campaña de verán O noso comercio é vida, vive Ribadeo, que concluía onte.
Acisa clausuraba así a tempada estival, unha iniciativa que a entidade empresarial cualifica de éxito rotundo e que, en palabras da súa presidenta, Carmen Cruzado, supuxo “probablemente o peche da mellor tempada de verán desde hai 36 anos, os que ten de vida a nosa asociación”.
Cruzado Iglesias declarou: “desde Acisa Ribadeo estamos moi satisfeitos coa actividade comercial, hostaleira, hoteleira e de restauración vivida estes meses. Tivemos un verán de grandes vendas desde xuño, cando arrincaba o período estival, ata onte, que puxemos o broche de ouro co sorteo de 5 días de vacacións en Gran Canaria para dúas persoas, con todo incluído, como...
leer másEste domingo, 31 de agosto, Acisa Ribadeo celebra a súa gran festa do verán con música, obradoiros e o sorteo dunhas vacacións a Gran Canaria, que terá lugar ás 21:00 horas no Cantón dos Moreno.
A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, explicou que “chega o broche de ouro a esta campaña especial de Acisa Ribadeo O noso comercio é vida, vive Ribadeo, que forma parte do proxecto da Xunta de Galicia O teu comercio é extraordinario, que se desenvolveu dende o pasado dia 14 de agosto. E chega con música na rúa, ofertas especiais no comercio, obradoiros para nenos e o gran sorteo dunhas vacacións a Gran Canaria”.
Cruzado Iglesias contou que “a programación comeza ás 12:30 horas, na Praza de Abastos, mais concretamente no Mercado dos Domingos, no que celebraremos un obradoiro de comercio local para os mais pequenos da...
leer másOs establecementos asociados a Acisa repartirán 100.000 rifas entre o 14 e o 31 de agosto, xornada na que terá lugar o sorteo dunhas vacacións a Gran Canaria no marco da campaña O noso comercio é vida, vive Ribadeo. Será ás 21:00 horas no Cantón dos Moreno.
A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, manifestou: “dende Acisa quixemos deseñar unha campaña especial cos máximos recursos posibles a disposición dos nosos socios e socias para contribuír a facer un mes de agosto espectacular e deste xeito dinamizar a economía local para sacarlle o máximo partido a estas datas nas que Ribadeo recibe a visita de milleiros de persoas. E por iso neste 2025 presentamos esta novidade, o sorteo dunhas vacacións a Gran Canaria. Somos conscientes do éxito que teñen estes sorteos e por iso quixemos rematar o verán con outra viaxe coma premio á fidelidade da...
leer másA Federación Galega de Comercio anuncia que a campaña Merca no teu comercio chega a Burela, Xove, O Vicedo, Covas e Cervo. Entre este domingo, día 20 de xullo, e o 4 de agosto de 2025 terá lugar esta iniciativa publicitaria/promocional da Federación de Comercio de Lugo, a Federación Galega de Comercio e a Xunta de Galicia, neste caso coa colaboración das asociacións de comerciantes destes municipios lucenses.
O obxectivo desta actuación, que comprende 40 campañas (10 por provincia) e máis de 90 localidades en toda a Comunidade Autónoma galega, é “estimular as vendas nos municipios rurais galegos, achegar aos clientes aos comercios de proximidade, e dinamizar o sector. Na provincia de Lugo celebraranse 10 actuacións, englobando 22 localidades ata o mes de novembro, e repartindo un total de 10.000 euros en premios.
... leer másXa se coñecen os números gañadores da campaña conxunta organizada por Acisa e o Ribadeo FC. En xogo puxéronse 800 euros en vales de compra para consumir nos establecementos asociados ao colectivo empresarial.
Segundo indicou a presidenta de Acisa, Carmen Cruzado: “o primeiro sorteo, que foi presencial, tivo lugar o pasado domingo no estadio municipal Pepe Barrera. E o segundo, non presencial, celebrouse na mañá deste luns nas oficinas de Acisa Ribadeo. O nº 967 foi o gañador dos 300 euros en vales de compra, que o pasado domingo se sortearon no estadio municipal Pepe Barrera ao remate do partido que disputaron o Ribadeo FC e o Sofán”.
O premio foille entregado ao afortunado pola presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, o xerente do colectivo empresarial, Jesús Pérez, e o secretario do Ribadeo FC, Moncho López.
... leer más












