Celeiro
Celeiro, no municipio de Viveiro, celebra as Festas Patronais e do Mar desde este xoves, 23 de xullo, ata o domingo 26. Están organizado pola asociación Xuventudes Chilindrinas.
O Concello de Viveiro anuncia que “a parroquia de Celeiro celebra as súas Festas Patronais e do Mar, cun amplo programa para todas as idades: verbenas, pasarrúas, actos relixiosos, sesións vermú, fútbol, fogos artificiais e moita música. Unha cita imprescindible para veciños, veciñas e visitantes, na que tradición, cultura e diversión van da man”.
A XXVI Festa da Merluza celebrarase este sábado, día 18 de xullo, fronte á Piscina Municipal de Celeiro “nun ambiente festivo pensado para todos os públicos”, anuncia o Concello de Viveiro, que engade: “a partir das 21:00 horas veciños e visitantes poderán degustar distintas preparacións elaboradas con pescada de Celeiro, un produto de referencia da gastronomía galega”.
O Concello de Viveiro explica tamén que “a festa contará ademais cun completo programa de animación e música para acompañar a velada, convertendo o recinto situado fronte á piscina municipal nun punto de encontro para desfrutar do verán na costa de Viveiro. A combinación de gastronomía, ambiente popular e identidade mariñeira converte esta cita nun dos eventos imprescindibles do calendario estival da comarca”.
Este evento, declarado de Interese...
leer másA Xunta de Galicia renova a súa colaboración coa Festa do Veciño de Celeiro de Mariñaos, en Barreiros, que celebra a cuarta edición este domingo, día 19 de abril. A cita está organizada pola asociación veciñal da parroquia.
O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, reuniuse este mércores con membros da comisión organizadora desta “xornada de convivencia que reunirá a residentes e visitantes. O programa comeza ás 12,30 horas cunha actuación musical e a partir das 14,30 horas está previsto o xantar popular baixo unha carpa”, anuncia a Administración autonómica.
Arias lembrou que o Goberno galego “colabora con entidades de toda a provincia para facilitar o desenvolvemento de actividades que fomenten a cohesión social e a participación cidadá”.
A parroquia de Celeiro de Mariñaos, no municipio de Barreiros, celebrará a cuarta edición da Festa do Veciño o día 19 de abril, domingo.
Haberá sesión vermú a partir das 12:30 horas e comida ás 14:30 horas, coa actuación do dúo Son de Festa.
As entradas para participar neste evento están á venda ata o 14 de abril.
Está organizado pola Asociación de Veciños de Celeiro de Mariñaos, que destaca que disporán de carpa.
O día 7 de febreiro, sábado, o porto de Celeiro converterase no escenario da IV Bandeira de Bateis Concello de Viveiro, un evento deportivo que “promete emoción e adrenalina. A competición comezará ás 16:00h e contará coa participación dos mellores clubs da zona norte de Galiza”, anuncia o Club de Remo Celeiro, que ademais explica “esta debería ser a terceira xornada da Liga Galega de Bateis, pero debido as inclemencias meteorolóxicas tivéronse que adiar as dúas anteriores polo que, se o tempo o permite, a organizada polo Club de Remo Celeiro dará o pistoletazo de saída a esta gran liga”.
Tamén indica que se realizou nas instalacións do club a presentación do evento, “onde grandes e pequenos, mostraron o seu entusiasmo, exhibindo os carteis e bandeiras que se entregarán como premio ós clubs gañadores. Na presentación Belén Pérez,...
leer másA Casa do Forno, en Celeiro (Viveiro), acollerá unha charla sobre autismo. Será o día 31 de xaneiro, sábado, ás 17:00 horas.
Anúnciao o Concello de Viveiro, que colabora coa Asociación de Familias Neurodivergentes de A Mariña Lucense y Ortegal (ASFANEMOR) nesta charla “imprescindible para visibilizar e comprender a realidade do autismo desde unha perspectiva de esperanza e superación. A sesión será impartida por Patricia Gómez, nai de Dani Blanco (@elvuelodedani), quen compartirá a súa experiencia baixo o lema O autismo, un camiño diferente, pero xamais imposible”.
A entrada de balde, ata completar aforo. Para inscricións e máis información as persoas interesadas poden contactar a través do teléfono 646.51.46.01 e do correo electrónico asfanemor@gmail.com.
... leer másOs Reis Magos visitarán Celeiro de Mariñaos, no municipio de Barreiros, o día 5 de xaneiro, luns, e haberá o espectáculo infantil Quack Circus.
O evento, que empezará ás 17:00 horas nas Escolas, está organizado pola asociación Irmandade San Caetano, que anuncia: “chegan os Reis Magos e, como xa é tradición, deixaranse ver en Celeiro ás 5 da tarde e, unha vez se despidan para seguir polo longo camiño que teñen que facer, teremos un espectáculo circense para pequenos e grandes acompañado dunha espectacular chocolatada e roscón”.
Las XXIX Jornadas Técnicas de Difusión del Sector Pesquero de Celeiro, en el municipio de Viveiro, reunirán a expertos, entidades y profesionales para compartir conocimiento, debatir y avanzar juntos hacia un futuro más sostenible. Serán los días 27, 28 y 29 de noviembre.
Las Jornadas de Pesca de Celeiro, organizadas por la OPP-77 Celeiro con la cofinanciación de la Xunta de Galicia y el FEMPA de la Comisión Europea, “se caracterizan por su enfoque eminentemente práctico, orientado al análisis y debate de temas de interés puntual para el sector pesquero. Estas jornadas están concebidas como un servicio al sector, ofreciendo un espacio de reflexión y actualización sobre los retos, oportunidades y avances que afectan directamente a la actividad pesquera y a sus profesionales. Las Jornadas de Pesca aparte de ser un simposio o foro...
leer másO concello de Viveiro acollerá este domingo, día 23 de novembro, unha charla sobre altas capacidades. Organizada pola asociación Asfanemor, desenvolverase entre as 10.30 e as 12.00 horas na Casa do Forno, de Celeiro. A iniciativa está dirixida á veciñanza, ás familias, ás ANPAs e a todas as persoas interesadas en coñecer máis sobre este tema.
O Concello de Viveiro anuncia que “durante a sesión, varias familias da asociación compartirán a súa experiencia. Explicarán vivencias reais e falarán de ferramentas útiles tanto para o fogar como para o ámbito educativo. Ademais, abordarán a importancia dunha detección temperá das altas capacidades. A actividade é de carácter gratuíto e a asistencia está aberta ata completar o aforo. Ao remate da charla Asfanemor realizará a inauguración oficial da asociación, que incluirá unha comida dirixida aos...
leer másA parroquia de Celeiro de Mariñaos (Barreiros) prepárase para acoller unha das súas citas máis emblemáticas: a XXVIII Festa da Tortilla, que terá lugar a fin de semana do 16 e 17 de agosto, sábado e domingo.
O sábado 16 arrancará de 11:30 a 13:30 horas coa presentación das tortillas a concurso no campo da festa (todos os participantes recibirán un agasallo ao entregala). Ás 13:30 horas celebrarase a misa na capela e a procesión, seguida dunha gran sesión vermú co Grupo de Gaitas Saíñas de Xove e Toxo Guayaba, que ofrece música cubana con alma galega. Tamén se poderá degustar a ampla variedade de tortillas do concurso.
Pola tarde, ás 19:00 horas, será a quenda de Peter Punk co seu espectáculo Chungo que te cagas. Ás 20:00 horas desenvolveranse xogos tradicionais e a partir das 22:00 horas a verbena correrá a cargo...
leer más












